Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Actividades

Robótica educativa para todas as idades

Sesión en streaming sobre robótica aducativa, principalmente para pais e familiares de rapazada inqueda que non teñan forma de canalizar esas ganas de aprender. Tamén vale para aquelas persoas que lles chame a atención ou precisen de coñecementos de base tecnolóxica. O programa e as inscricións na seguinte ligazón: https://cdtic.xunta.gal/arkitasrobotica

Reanúdanse as actividades supendidas

Informámosvos de que, despois de moito traballo loxístico, e falando con todos os implicados, renóvanse a semana que vén as actividades suspendidas, con algúns cambios. Aínda recibimos hoxe venres confirmación do Concello das restricións adicionais que nos impoñen polo uso do pavillón, de aí a demora en avisarvos. É moi importante que teñades en conta os cambios nas zonas de entrega e recollida que vos indicamos a continuación e que así o comuniquedes aos autorizados e a peques para que non se despisten. Con respecto ás cotas, descontarásevos a parte proporcional polo día perdido nas actividades afectadas o xoves e venres. Baloncesto Seguirase facendo no pavillón, en grupos illados estables de 4 alumnos e con máis monitores para poder cumprir os requisitos de deportes. O único horario afectado será o do venres, no que, debido a que hai 30 alumnos simultáneos, hai que reducir as prazas dispoñibles a 24. Recibiredes comunicación específica os afectados destes grupos. Fútbol Seguirase rea...

Suspensión temporal de actividades no pavillón (fútbol, baloncesto e ximnasia rítmica) polas novas restricións

Sentimos comunicarvos que debido ás novas restricións non podemos celebrar as actividades desenvolvidas no pavillón, dado que o Concello non nolo permite.  As actividades afectadas son fútbol, baloncesto e ximnasia rítmica.   Esgrima desenvolverase ao aire libre no cuberto, polo que non se suspende.  Por iso, mañá xoves día 21 esas tres actividades xa non se desenvolverán ata novo aviso. Iremos informando aquí de todas as novidades.  O resto de actividades non se verán afectadas.

Cambios nas entregas e recollidas de Ximnasia rítmica a semana do 23 de novembro

Dende o Servizo Municipal de Deportes do Concello nos avisan de que a semana que ven vanse realizar obras no ximnasio do pavillón onde se desenvolve a actividade de Ximnasia rítmica. Por isto, imos facer un cambio de ubicación para que a actividade poida continuar. Vaise impartir no Salón de Usos Múltiples (SUM) do colexio de primaria pero tanto as entregas como as recollidas dos alumnos serán no colexio azul .

O xoves 1 de outubro comezan as actividades extraescolares

O xoves 1 de outubro comezan as actividades extraescolares. Toda a información leva semanas publicada no blogue, pero a modo de resumo e para resaltar os puntos máis importantes. Información das actividades (materiais específicos, horarios de entrada e saída, zonas, etc.) https://drive.google.com/file/d/1PSMG6_jeuSIzE3JucT7_6o00qP-g7gHr/view?usp=sharing Resumen de zonas e horarios de cada actividade https://drive.google.com/file/d/1iMyY5K19f6364wFdVzlGDi9u0K3PIknZ/view?usp=sharing Protocolos e información COVID https://milnenosgalego.blogspot.com/p/covid.html Os adultos non poderán entrar nos patios nin as instalacións . Salvo as entradas de infantil do colexio azul, onde un único adulto poderá acompañar ao alumno ata a porta do patio cuberto. Este ano esíxese PUNTUALIDADE EXTREMA . A falta de puntualidade reiterada poderá ser motivo de expulsión das actividades. Obrigatorio o uso de máscara en todas as actividades . Ademais deberán levar unha segunda máscara de reposto. Prest...

Cambios na actividade de fútbol

Debido ao baixo número de rexistrados en fútbol, e despois de máis dunha semana tentando unha solución por parte do Club Deportivo, informámosvos que finalmente a actividade sae adiante coas seguintes consideracións: Os tres grupos de fútbol (prebenxamín,  benxamín e alevín) unifícanse nun único con horario luns e xoves de 16:00 a 17:00. É o horario correspondente a  prebenxamín, dado que é o grupo que ten máis preinscricións. O prezo da actividade sobe a 20 euros ao mes As familias afectadas teñen correo informativo máis detallado.

Cancelación de baile urbano primaria

Cancélase baile urbano por varias baixas que afectan á viabilidade da actividade, que xa arrincaba moi xusta con 8 rexistrados.

Confirmacións das actividades inscritas

O día 16 de setembro xa foron confirmadas todas as actividades que arrincan, así como notificadas todas as familias das actividades canceladas. A única actividade pendente de confirmación de inscrición é fútbol. Estamos á espera de solución final por parte do  Club Deportivo Os Rosales (unificar, aumentar o prezo ou cancelar a actividade) debido ao baixo número de rexistrados. Esperamos ter confirmación canto antes. Toda a información no apartado de actividades.

Información do ritmo de preinscricións por actividade

Recordamos que no curso 2020/2021 as actividades comezarán o 1 de outubro . Na seguinte ligazón poderedes consultar o ritmo de preinscricións que iremos actualizando diariamente (esperemos) Información do ritmo de preinscricións por actividade

Comunicado de atraso do inicio das actividades extraescolares

En reunión da directiva do día 29/08/2020, decidimos por unanimidade atrasar o inicio das actividades extraescolares a outubro . Os servizos de comedor e de madrugadores, se non hai novidades, comezarán o primeiro día de clase. Toda a información sobre esta complicada decisión tédela no informe adxunto. Comunicado de atraso do inicio das actividades extraescolares Dado que as inscricións non terán efectos económicos en setembro, agradeceriámosvos realizar as inscricións nas actividades extraescolares para outubro canto antes . Moitas actividades ofertadas aínda non conseguiron mínimos, polo que necesitamos pechar os grupos antes do 15 de setembro para formalizar cos provedores o seu inicio e poder confirmarvos as inscricións. Como sempre, iremos mantendo informados no blogue. Pedímosvos que leades o apartado COVID, onde atoparedes a información detallada de todo. Apertas e moito ánimo!

Primeira versión do protocolo COVID da ANPA Milnenos

Grazas á axuda das 26 familias voluntarias, ademais do traballo da directiva, hoxe publicamos a primeira versión do borrador do Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/2021 da ANPA  Milnenos . Este protocolo irase actualizando periodicamente con nova información ou cos cambios que sexan necesarios para adaptarse a calquera nova normativa autonómica que chegará (esperamos) en breve. Ademais está dispoñible a Declaración responsable , que todos os socios/as deben ler e coñecer, para tentar entre todos minimizar os riscos neste curso tan complicado. Lembrámosvos que é obrigatorio inscribirse á actividade "DECLARACIÓN RESPONSABLE" a través da aplicación da ANPA como requisito para participar en comedor e actividades extraescolares. Por favor, dedicádelle uns minutos para ler o plan, é imprescindible para o bo desenvolvemento das actividades. Toda a información no apartado do blogue adicado ao COVID https://milnenosgalego.blogspot.com/p/covid.html

Abertas as inscricións en AAEE

Informámosvos que xa están abertas as inscricións para as AAEE do próximo curso. Comedor estará dispoñible en canto Jardanay abra a súa aplicación, pero nestes momentos aínda non se pode. Temas importantes a ter en conta este ano: Case todo está no aire pola alerta por COVID. Esperamos ter todo claro por parte das consellerías competentes e poder arrincar todos os nosos servizos con garantías. Este ano será obrigatorio “asinar” unha declaración responsable antes de asistir ás actividades. A forma de asinala será lela no blogue e aceptala a través da preinscrición nunha actividade “DECLARACIÓN RESPONSABLE”. Aos que xa vos apuntastes a esta actividade… mellor esperade a tela dispoñible para poder lela e ter claro todo o que implica. Non se trata de que neste punto deleguedes ou confiedes plenamente nos nosos criterios. Este ano será fundamental que todos coñezades os protocolos e responsabilidades compartidas de obrigado cumprimento. O protocolo e a declaración, xunto con toda a info...

Datas de apertura de inscricións de novos socios, actividades e comedor

Como xa sabedes, este será un novo curso complicado. Por iso, dado que os protocolos de funcionamento aínda non están pechados, atrasamos as datas habituais de inscricións ás que vos indicamos a continuación. Estamos a traballar xa no protocolo do ANPA para adaptarnos aos protocolos do CEIP e das Consellerías. Iremos informando no propio blogue. Datas estimadas. Altas de novos socios: 3 de agosto Inscricións no servizo de comedor: 17 de agosto Inscricións en actividades extraescolares: 17 de agosto Lembrámosvos que este ano a renovación dos actuais socios é automática. Se non queredes que vos renovemos debedes enviar un correo a milnenos@gmail.com avisando antes do 1 de agosto.

Protocolos COVID-19 para o curso 2020/2021

Achegamos a resolución das consellerías de Educación e Sanidade pola que se aproba o protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o curso 2020/2021. Protocolo Consellerías (versión 22/07/2020) Protocolo Consellerías (versión 14/07/2020) Achegamos asimesmo a comunicación de CONFAPA-Galicia na que se expoñen as críticas ao mesmo. Comunicado CONFAPA Por parte do ANPA Milnenos, estamos a traballar, xunto coas empresas que xestionan cada servizo, no noso propio protocolo de cara ás actividades extraescolares, comedor e madrugadores, do cal seredes informados puntualmente. Aproveitamos para pedir voluntarios que nos axuden tanto na revisión do protocolo coma nos intercambios de actividades para garantir o seu cumprimento. Se estades interesados en colaborar enviade un correo a milnenos@gmail.com e vos engadiremos ao grupo de traballo. Moito ánimo a tod@s!

Información sobre renovación e inscricións

Este ano pola situación actual decidimos atrasar a data como mínimo ata o 10 de agosto. Ao longo do mes de xullo enviarase correo coa data de inicio de inscricións, o cadro de actividades e toda a información relacionada. As inscricións e trámites, como o ano pasado, serán online. Simplificación de cotas e trámites de inscrición Tal e como se acordou na Asemblea Xeral Ordinaria do 27 de novembro de 2019, acórdase simplificar as cotas e os trámites nas inscricións. Por iso, - A renovación de socios será automática. As familias que abandonan o colexio porque os seus fillos cursaron 6º este ano non teñen que facer nada, xa os eliminamos da asociación de forma automática tamén. Os únicos que ten que facer algún trámite son aqueles socios que o curso que vén non desexen seguir séndoo. Para iso débennolo comunicar por correo electrónico entre o 1 e o 20 de xullo. A cota de socio é igual que outros anos, 15 euros por todo o curso. - Unifícanse as diferentes modalidade de matrícula...

Ampliación da actividade de pandeireta

Dado que a actividade de baile  galego cancelouse por falta de interese entre as familias, procedemos a unificar baile  galego con  pandeireta. O horario quedaría o de pandeireta actual, pero ampliando os seus contidos para abarcar tamén baile  galego.

Preinscripción Listen and Speak Primaria (segunda rolda)

Xa está aberta a segunda rolda do prazo de preinscrición do programa Listen and Speak, que como sabedes faise a través da páxina web do Concello. A inscrición, al igual que outros anos, débese facer de forma online. O prazo da inscripción é do 1 ao 11 de outubro. As prazas adxudicaranse por orde de inscricion. A páxina web para a inscrición neste programa é a seguinte: https://www.coruna.gal/educacion/gl/actualidade/novas/detalle-noticia/inscricion-listen-and-speak-primaria-segunda-rolda/suceso/1453704151339?argIdioma=gl Coa primeira rolda non acadamos o mínimo para comezar a actividade, polo que quedamos á espera da segunda para saber si sae adiante ou non.

Actualizacións de estado nas actividades (24/09/2019)

Actualizamos o estado das inscricións nas actividades extraescolares no que respecta a setembro. Actividades CANCELADAS de forma definitiva por falta de inscritos Fun English 1 e 2 primaria Percusión Robótica infantil Bádminton 6 infantil e primaria Baile galego Baile moderno 2 a 6 primaria Ioga Musica 1 e 2 primaria Clube de idiomas luns Clube de idiomas mércores Clube de idiomas xoves Actividades DUDOSAS Fútbol alevín 5 e 6 primaria (3 preinscritos) Actividades con listas de espera Outras actividades xa teñen lista de espera, polo que se algunha familia ten claro que vai cancelar algunha inscrición debedes comunicalo canto antes para dar aviso ao seguinte na lista de espera. Podedes consultar o documento coas listas de espera en actividades coas iniciais de cada alumno, para coñecer o posto que ocupades na mesma: Listas de espera en actividades

Inscricións na actividade de Natación escolar (Concello)

Información para as inscricións e os impresos de Natación escolar para 3º e 4º de primaria, actividade xestionada polo Concello e FEDAPAS. Aquí detallámosvos todo o que tedes que facer se estades interesados. Horario da actividade Luns de 17:00-17:45 Desde o 01/10/2019 ata o 29/05/2020 Cotas A cota será un pago único anual de 53.47 € por participante, que inclúe transporte gratuíto para os participantes desde o centro educativo. A cobranza pasarase por cargo na conta dada de alta na aplicación o día 20 de setembro aproximadamente. Preinscrición online (obrigatoria) Prazo de preinscrición: desde o día 13 ás 22:00 ata o 18 de setembro ás 22:00. As preinscricións débense realizar como sempre online na aplicación do ANPA . A orde de confirmación de prazas será a rigorosa orde de preinscrición. Formalización de inscricións (presencial)  Aos que vos vaiamos confirmando as inscricións debedes imprimir, encher e asinar os impresos que vos facilitaremos por correo elect...

Preinscripción Listen and Speak Primaria

Xa está aberta a primeira ronda do prazo de preinscrición do programa Listen and Speak, que como sabedes faise a través da páxina web do Concello. A inscrición, al igual que outros anos, débese facer de forma online. O prazo da inscripción é do 3 ao 18 de setembro. As prazas adxudicaranse por orde de inscricion. A páxina web para a inscrición neste programa é a seguinte: https://www.coruna.gal/educacion/es/actualidad/noticias/detalle-noticia/inscripcion-listen-and-speak-primaria-primera-ronda/suceso/1453704150753 A lista de persoas admitidas para a primeira ronda publicaranse na web educativa do Concello o 23 de setembro.