Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2022

CAMPAMENTOS URBANOS NADAL 2022

PREINSCRICIÓN : 1, 2 e 3 de decembro  na web municipal  www.coruna.gal/serviciossociais ou no  teléfono 613 37 19 73 (horario de atención telefónica de 9.00 a 20.00 h). LISTADOS PREINSCRICIÓN : 5 decembro RECLAMACIÓNS E LISTADOS DE PREINSCRICIÓN: 6 y 7 de decembro, enviando un e-mail a campamentos@serviplus.org SORTEO : 9 de decembro as 10.00h no centro cívico Monelos LISTADOS DE ADMISIÓNS E AGARDA:  12 decembro. INSCRICIÓN E PAGO : 14,15 e 16 de decembro  Transferencia bancaria á cuenta ES25 0049 6648 9627 1000 3456 e enviando o xustificante de pago campamentos@serviplus.org co nome da persoa admitida no campamento, centro cívico e modalidade  horaria.  Presencial, no Centro cívico de Monelos no horario de 10.00 a 13.30 h e de 17.00 a 20.00h. DÍAS DE REALIZACIÓN : 23, 26, 27, 28, 29, 30 de diciembre y 2, 3, 4, 5 de xaneiro  HORARIO E COSTE : xeral  de 10.00 a 14.00h (26€) ampliado de 9.00 a 14.30h (32€). CENTROS CIVICOS CON HORARIO GENERAL Y AMPLIADO: Castrillón, San Diego, Mallos

LECTURA VIOLETA

Hoxe venres é 25N, Día contra a violencia de xénero, con este motivo o EDLG e EACE convidou ás clases a realizar diversas actividades, desde a biblioteca queren colaborar na abordaxe da violencia de xénero coa exposición de fondos que incorporamos ao mural realizado polo EDLG e EACE. Tamén queren compartir a guía "Lecturas violetas" que está accesible na plataforma Koha da biblioteca. Guia de lectura 

PROXECTO FAMILIAS PLUS.

Estimadas familias, Aquí vos deixamos información sobre ACOUGO , a Asociación Galega de Familias de Acollida, unha asociación que nace da necesidade dun grupo de familias de traballar para mellorar a situación dos menores que se atopan no sistema de protección e dar a coñecer o acollemento familiar como o mellor. medida de protección. para nenos e adolescentes en situación de desamparo. Con esta idea de aportar solucións e difundir, nace a colaboración coa Deputación da Coruña e a realización deste proxecto: Familias+. Por iso póñense en contacto con nós e pídennos colaboración, para difundir e aportar solucións. Hai familias que queren colaborar e ás veces non saben como, polo que queren transmitir ás familias do Concello a realidade do proxecto Familias+, familias axudando ás familias, e a idea é que difundamos esta convocatoria de charla informativa entre a xente. Adxuntamos a información do proxecto, e o cartel das sesións informativas. As datas e lugares son: Centro Cívico de San

CHARLA DE IGUALDADE PARA FAMILIAS

Mañan pola tarde ás 17:00 horas, a empresa Imaxina ofrecerá no salón de usos múltiples do cole, unha charla para familias, ao aveiro da subvención de Igualdade da Xunta de Galicia. Nesta charla trataranse temas importantes e de actualidade para a prevención da violencia de xénero. Contaremos con servizo de canguraxe para as familias interesadas en acudir á charla.

SALVEMOS O COLE AZUL

  Ligazón para votar Chegamos á última fase dos orzamentos participativos para poder cambiar as xanelas do cole azul. Grazas á vosa colaboración, non só fomos a opción máis votada do distrito 5, senón que fomos os máis votados de todos os distritos!! Pero... a loita continúa. Non vai a ser doado. Ata o día 30 de novembro comeza a campaña de votación pola opción máis votada de todos os distritos para levar a cabo a mellora. Esta vez, o voto pode ser telemático ou presencial e dende calquera parte da cidade e pódese votar a calquera distrito. Volvemos dicir, non nolo están a poñer doado. Nos centros cívicos de voto presencial non está o dos Rosais. Pode votar calquera persoa maior de 16 anos empadroada na cidade. Sabemos que podemos ser insistentes co tema, pero é polo ben das actividades extraescolares.  O cole azul está en risco, e non somos coma outros colexios que dispoñen dun pavillón propio onde facer actividades extraescolares. Este é o espazo que temos para conciliar, temos que p

PREMIO TRABALLO POR PROXECTOS

  Estamos de festa porque o noso PDI foi premiado no concurso da Dirección Xeral de centros para o impulso e recoñecemento de traballos por proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, e no queparticipan centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no curso 21/22.  Tratábase así de estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación do equipo de biblioteca escolar ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ou ABP).

ABRACADABRA

 Maxia e teatro xuntos! Abracadabra! Un espectáculo en inglés da man da teacher Rose e coa colaboración da Anpa milne@s. Podedes ver o vídeo no  blog da teacher Rose

CICLO DE CONVERSAS: "COMPROMETIDAS COA IGUALDADE".

Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, convidánnos a participar no programa que se desenvolverá no marco da campaña do 25 de Novembro, “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”. CICLO DE CONVERSAS: "COMPROMETIDAS COA IGUALDADE". Conversas nas que persoas especialistas en violencia de xénero e no traballo coa poboación adolescente, abordarán diferentes aspectos de interese relacionados coa detección, prevención e a intervención nesta materia (conversas abertas a público en xeral ata completar aforo): Conversa con Diana Díaz Álvarez: “Abordaxe da saúde emocional con menores vítimas de violencia de xénero e os abusos sexuais na infancia”. 21 de novembro, ás 18:30h, no C.C. Os Mallos. Conversa con Carmen Ruíz Repullo: “Coeducación e construción de relacións igualitarias”. 28 de novembro, ás 17:30h, no Fórum Metropolitano. Conversa con Lluís Ballester Brage: “As características, o consumo e as consecuencias da nova pornografía online entre

CAFÉ LITERARIO:"COMPROMETIDAS CO BO TRATO"

Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, convidánnos a participar no programa que se desenvolverá no marco da campaña do 25 de Novembro, “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”. CAFÉ LITERARIO: “COMPROMETIDAS CO BO TRATO” Encontros en formato coloquio con autoras comprometidas coa igualdade e a prevención da violencia de xénero. É preciso inscribirse: https://form.jotform.com/223134694975365 Café Literario con Nuria Coronado e Laura Strego, autoras do libro “Lolita contra el lobo”. Presentado e moderado por Bárbara G. Vilariño. 18 de novembro, ás 19:00h, na Biblioteca Monte Alto. Café Literario con María Murnau, autora do libro de poesía “No puedo vivir sin mi”. Presentado e moderado por Priscila Retamozo. 24 de novembro, ás 19:00h, no Centro de Información ás Mulleres. Café Literario con Towanda Rebels (Teresa Lozano e Zua Méndez), coordinadoras do libro "No somos princesas, somos guerreras: cuentos feministas para un nuevo mundo". P

SORTEO ENTRADAS BÁSQUET CORUÑA

 SORTEO! Imos de partido!  A ANPA @milnenos en colaboración có Club Básquet Coruña SAD @basquetcoruna sortea quince entradas dobres para o encontro do vindeiro domingo 11 de decembro ás 17:00h. Para participar debes ter algunha filla ou fillo matriculado no CEIP Emilia Pardo Bazán no curso 2022/2023 e só se entregará unha entrada dobre por unidade familiar. Segue estes pasos para participar no sorteo: Segue a nosa conta de Instagram @milnenos Segue a conta de Instagram do colexio @epbcole Fai un comentario nesta publicación cunha palabra de ánimo para o equipo @basquetcoruna. O prazo para participar rematará o domingo 27 de novembro ás 23:59.  De ser familia gañadora, é requisito imprescindible a asistencia ao partido, senon podes ir, doa a túa entrada O sorteo realizaráse a través dunha aplicación que elexirá de forma aleatoria ás quince familias gañadoras. Non se solicitan datos das persoas premiadas, se vos contactan en nome da nosa conta para solicitarvos  datos, non os facilites e

MAGOSTO 2022

O vindeiro 4 de novembro celebrarase o tradicional magosto organizado polo centro, coa colaboración da Ampa.  Este ano virá o castiñeiro da rúa Real, polo que non será necesario que os nenos/as traian castañas, pero si agradecese a colaboración de 1 euro para o cucurucho. Non faltarán as castañas!  E haberá, como todos os anos, a exposición dos zonchos elaborados polo alumnado.