Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2016

FIN DE PRAZO POE, DNC, NATACIÓN

Mañá luns 19 remata o prazo para inscribirse nas actividades do Concello (POE, Deporte no Centro e natación)  +INFO  Na actualidade non se teñen cuberto o número mínimo de prazas e POE e Deporte no centro (15 para cada modalidade) e aínda hai vacantes en natación. Mañá abrimos o local de 4 a 5, polo que vos recomendamos que pasedes a inscribirvos ou algunhas das ditas actividades poden non comezar

Programa ANCAS

Para comezar o curso lembramos que continúa vixente o programa ANCAS de Stop accidentes para os traslados seguros dende casa ao colexio Tedes máis información na web:  http://stopaccidentes.org/asociacion-de-victimas-de-accidentes-de-trafico-en/galicia/ancas/gmx-niv192.htm

IMPRESOS POE, DNC, NATACIÓN (ACTUALIZADO)

Para facilitar a entrega aos interesados/as en participar en actividades do concello, mañá mércores abriremos de 9:00 a 9:30 excepcionalmente pero só para entregar os impresos de POE (que deberán cubrirse e entregarse o  xoves 15 de 9 a 10 ou o luns 19 de 4 a 5 no local, pagando o primeiro trimestre das actividades escollidas: 10, 15 ou 20 euros en función do nº de actividades) Recibimos só 100 impresos de POE polo que non podemos entregalos nas clases como se fixo outros anos porque non chegarían para todos Os impresos de piscina  (53,47 euros) así como os de Xogos-DNC que este ano será os luns e xoves de 4 a 5, deben cubrirse e pagarse no local,  contido das actividades:  http://anpamilnenos.blogspot.com.es/2016/09/poe-deporte-no-centro-piscina.html

TORNEO 3x3 Club deportivo Os Rosales (AMPLIADO PRAZO AO 14/09/16)

O clube deportivo informa: Comezamos unha nova tempada e facémolo ao grande. O fin de semana do 17 e 18 de setembro, celebraremos os 3x3 de Baloncesto (7ª edicición) e Fútbol sala (4ª edición), respectivamente.  Este ano é a primeira vez que o facemos nestas datas e esperamos a vosa participación para que siga sendo un torneo de referencia no barrio e nos dous deportes. Mandámosvos as bases e ficha de inscrición en pdf.  As inscricións recibiranse exclusivamente no correo electrónico roseiras3x3@gmail.com e aceptaranse por rigorosa orde de chegada https://drive.google.com/file/ d/0B- 5SSa9NgbKjeVA3ektXcWludUk/view https://drive.google.com/file/ d/0B- 5SSa9NgbKjaFBONGFYc0lYaVE/view

URXENTE: Actividade de fútbol

O clube deportivo informa: Os nenos e nenas interesados en participar federados na actividade aínda que non comecen ata outubro deberían inscribirse ou comunicalo antes do 15 de setembro , porque esta é a data límite para federar equipos Se non o comunican antes o clube federará os equipos segundo os datos actuais, e os que se apunten con posterioridade poderán adestrar pero non participar en competicións federadas

URXENTE. información de actividades. Comezo do curso (ACTUALIZADO)

Ao non conseguir o número mínimo de inscritos/as en primaria os grupos de sonorama, baile moderno e teatro unifícanse no horario correspondente ao grupo de infantil. Se con posterioridade e ata outubro houbese máis inscritos/as de primaria exporiamos a división dos grupos. Aqueles inscritos/as en primaria que non desexen continuar na actividade, poderán cambiar a outra actividade ou manter a matrícula para posteriores inscricións ou compensacións. BAILE GALEGO (1º A 6 DE PRIMARIA) comezará os mércores de 4 a 5 ---------------------------------------------------- As seguintes actividades non empezarán ata alcanzar un número mínimo de inscritos: - Ioga, baile galego infantil , desenvolvemento de capacidades, creación e talento, coro, predeporte, volei, robótica (infantil), pandeireta (infantil), Xadrez (os dous grupos de primaria) ----------------------------------------------------- O resto de actividades empezarán con normalidade

POE. Deporte no centro.Piscina

Xa recibimos a información destas 3 modalidades de actividades organizadas polo Concello e Fedapas.  A partir do luns deberíamos recibir no local os impresos pero todas están incluidas xa na aplicación.  Aceptamos a preinscripción online pero Fedapas e o concello esixen tamén o tríptico polo que cando se teña pechado a inscrición solicitaremos que os admitidos pasedes a asinar as solicitudes cos datos xa cubertos polo que será cousa dun minuto. Natación:   Xa está incluida na aplicación para facer a preinscrición online.  Vai dirixida aos escolares do  3º E 4º de Educ. Primaria  de Centros Públicos.  O número de prazas ofertadas é de 30.  A Campaña levarase a cabo na Piscina de Riazor os lunes de 17:00 a 17:45h.  Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. O custo por alumno é de 53,47 €. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.  O prazo máximo de inscrición para os escolares