Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ENP

ENP: Xogos de mesa en familia o sábado 29 de febreiro

Datos das sesións 29/02/2020 11:00-13:00 na aula de cociña do CC Los Rosales Inscrición: só para socios/as. A través da  aplicación do ANPA .  Poñentes Ana Rodríguez Crecer Creando Contidos Xogos de mesa en familia para practicar retos de lóxica, pensamento abstracto, cálculo mental e xeometría, á vez que nos divertimos. As matemáticas non son unha materia, son a forma de comprender o mundo. Aprenderemos a ensinar Matemáticas da forma na que mellor se entende e aprende, xogando, coa marca coruñesa de xogos matemáticos Crecer Creando. O taller será impartido pola creadora dos xogos. Para que cada día aprender sexa o xogo máis divertido.

ENP: Batch Cooking saudable o 8 de febreiro

Imaxe
Datos das sesións 08/02/2020 11:00-12:30 na aula de cociña do CC Los Rosales Inscrición: só para socios/as. A través da  aplicación do ANPA . Poñentes Emma Enríquez Nutriciona Contidos Obradoiro teórico-práctico de  batchcooking: aprenderemos a planificar o menú semanal familiar e prepararemos en 1.5 horas as comidas e as ceas de luns a venres e despois probaremos todo o que fagamos

ENP: Disciplina Positiva en decembro

Xa está aberta a inscrición nos obradoiros de Disciplina Positiva. Datos das sesións Primeira edición: 13/12/2019 16:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio 14/12/2019 10:00-14:00 na aula de cociña do CC Los Rosales (a carón da oficina de Correos) Inscrición: só para socios/as. A través da  aplicación do ANPA .  Servizo de canguros (só venres) para os nenos: alta a través da  aplicación do ANPA .

Sesión Escola de Nais e Pais: Merendas responsables e sostibles

Imaxe
Invitámosvos á primeira sesión da ENP deste ano. Datos das sesións 25/10/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio Poñentes Emma Enríquez. Nutriciona Contidos Veremos a forma de mellorar a alimentación dos nosos fillos dende as merendas, diminuindo á súa vez os residuos para coidar o noso entorno. Inscricións Todas as sesións son gratuítas para socios/as do ANPA Milnenos e doutras ANPAs da cidade. Tamén serán gratuítas para a EIM Los Rosales. Temos servizo de canguros gratuito para nenos/as de 4º de EI en adiante. Socios ANPA Milnenos Preinscrición a través da aplicación do ANPA segundo se indica no apartado de Trámites do blogue. Débese facer tamén a preinscripción no servizo de canguros si se desexa Socios doutras ANPAs da cidade e EIM Los Rosales Presincrición por correo electrónico a milnenos@gmail.com indicando número de asistentes e si se fará uso do servizo de canguros

Sesión ENP o 30 de abril: Trastorno do Espectro do Autismo (TEA)

Sesión : 30/04/2018, 16:00-18:00 Ubicación : SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio de primaria Inscrición : dispoñible a través da aplicación do ANPA Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA . Poñente Marina Pérez – Lafuente Moyá (profesora de CEE Bata – Os Mecos) Contidos Concienciar e formar ás familias socias coa mellora da Calidade de Vida das persoas con discapacidade intelectual.

Sesión de Escola de Nais e Pais o martes 26: Prevención do acoso escolar (bullying, ciberbullying)

Datos das sesións 26/03/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio Inscrición: só para socios/as. A través da aplicación do ANPA . Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA . Poñente Patricia Gómez Salgado Contidos  Trataremos de coñecer cal é o estado da cuestión actualmente e cal é a prevalencia deste fenómeno entre os nosos menores. Falaremos da que nos referimos cando falamos de acoso e ciberacoso , de cales son as súas semellanzas e particularidades, así como dos sinais de alerta ás que habemos de estar atentos e atentas para poder detectar se o noso fillo ou filla está a ser acosado e/ou está a acosar. Tamén se abordarán diferentes variables asociadas a estas condutas e estratexias de prevención que poñer en marcha.

Sesión de Escola de Nais e Pais o próximo luns: Odontopediatría

Datos das sesións 11/03/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio Inscrición: só para socios/as. A través da aplicación do ANPA . Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA . Poñentes Ana del Llano, odontopediatra, especialista en bebés e nenos. Contidos Falaremos de todo lo relacionado coa saúde bucodental dos nosos nenos e case adolescentes: hixiene, prevención, maloclusións, ortodoncia, caries... Nas dúas horas que dura a charla, teremos tempo, despois da exposición inicial, de consultar as posibles dúbidas que teñamos en relación aos temas tratados.

Obradoiro de almorzos e merendas saudables

Boas tardes! Unha nova sesión da escola de nais e pais nos espera o sábado 16 de febreiro. Seguimos coa temática de alimentación para pasar directamente á práctica elaborando deliciosos e saudables pratos para os mais pequenos. Aprendamos a mellorar a súa alimentación nas comidas nas que mais faiamos: almorzos e merendas. O sábado 16, de 10:00 a 14:00 na aula de cociña do CC Los Rosales vos esperamos previa inscrición. As prazas son limitadas dado o carácter práctico da sesión. En caso de chegar a lista de espera, terán preferencia os que asistiron ás anteriores xornadas da Escola. Inscricións: aplicación do ANPA. 

Obradoiro de etiquetado nutricional o mércores 30 de xaneiro

Imaxe
OBRADOIRO DE ETIQUETADO NUTRICIONAL Datos das sesións 30/01/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio Inscrición: só para socios/as. A través da  aplicación do ANPA .  Servizo de canguros para os nenos: alta a través da  aplicación do ANPA . Poñentes Emma Enríquez Susana Rodríguez Nutriciona Contidos ¿Sabes intepretar etiquetas? Aprende a ler o etiquetado nutricional sen que te enganen.

Anulación da charla do día 9 sobre acoso escolar

Lamentamos comunicarvos que, por problemas médicos da relatora da charla do día 9 sobre acoso escolar posponse a unha nova data por determinar en febreiro. Aos xa inscritos, gárdaselles a inscrición e xa vos avisaremos oportunamente a todos das novas datas. Aproveitamos tamén para avisarvos que a finais de xaneiro teremos unha charla sobre nutrición, cuxos detalles de datas e contidos teredes dispoñibles en breve.

Nova sesión da Escola de Nais e Pais sobre acoso escolar

O mércores 9 de xaneiro comezamos o novo ano con unha charla sobre acoso escolar. Apuntádevos coma sempre a través da aplicación. PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR (BULLYING, CIBERBULLYING, ...) Datos das sesións 09/01/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio Inscrición: só para socios/as. A través da  aplicación do ANPA .  Servizo de canguros para os nenos: alta a través da  aplicación do ANPA . Poñente Patricia Gómez Salgado

Escola de Nais e Pais: menores e internet (22 de novembro)

O vindeiro xoves, 22 de novembro, de 18:00 a 20:00 faremos no colexio unha nova sesión da Escola de Nais e Pais. A temática será " Menores e internet ". Nesta sesión Santiago Reboyras, Inspector do Corpo Nacional de Policía e Xefe do Grupo de Delincuencia Económica e Tecnolóxica, presentará de forma amena as ameazas ás que os nosos fillos están expostos na rede e no uso das novas tecnoloxías. O uso do móbil, internet, as redes sociais, os videoxogos, o ciberacoso, o sexting ou as novas formas de pederastia na rede, supoñen un escenario verdadeiramente incerto e complicado que fai que ás veces non sexamos conscientes de determinados riscos ou, simplemente, que non saibamos ben como responder ante determinadas situacións. A nosa obriga como pais é coñecer as ameazas existentes e as recomendacións para evitar que se materialicen nos nosos menores. A xornada, coma sempre, é gratuita para socios, e teredes á vosa disposición servicio de canguros (tamén gratuíto). Datas: 22/11/20

Escola de Nais e Pais: obradoiro de disciplina positiva

Co comezo do novo curso, a Escola de Nais e Pais arranca de novo . Este ano imos tentar facer obradoiros de temáticas diferentes as do ano pasado, pero como non pode ser doutra maneira, xa que foi moi solicitado, o primeiro obradoiro que ofertaremos será de Disciplina Positiva. Recordámosvos un pouco de que trata a DISCIPLINA POSITIVA. Ofrece respostas e ferramentas prácticas para dirixir os retos diarios dos nosos nenos cara momentos de aprendizaxe para a vida. Baseada na amabilidade e a constancia, céntrase na procura de solucións e o manexo respectuoso das emocións por que ensina e motiva ós nenos a que descubran as súas propias capacidades. Aporta un clima de cooperación nos fogares e nas aulas e guía ós nenos no desenvolvemento de habilidades como o autocontrol, a resolución de conflitos, a empatía e a tolerancia, o respecto por si mesmos e os demais, etc. A poñente será María Soto, facilitadora certificada pola Positive Discipline Association, membro de Disciplina Positiva E

Primeiro obradoiro da ENP

Imaxe
Este pasado venres e a mañá do sábado tivo lugar a primeira edición do taller de disciplina positiva con María Soto ( https://es-es.facebook.com/educabonito.dp/ ) e coa asistencia de 25 pais e nais do Anpa que tiveron 8 horas de formación en disciplina positiva nas instalacións do SUM do colexio e na aula de cociña que nos cedeu o Centro Comercial Os Rosales Foi unha experiencia estupenda que nos reafirma no proxecto de ENP, e que continuará cos talleres deste próximo xoves 16 e venres 17, e coa formación que seguirá ata mediados de xaneiro.  Para abril-maio quedarán as posibles novas edicións (condicionadas pola dispoñibilidade de María Soto)

Primeira charla da ENP

Imaxe
Onte tivo lugar a primeira charla da ENP con éxito de participación e contido.  Máis de 80 nais e pais (o 100% dos inscritos/as) asistiron ao comezo da escola do Anpa Milnenos en colaboración co CEIP e a ONG Axuda en Acción. Durante hora e media María Soto expuxo de forma distendida ás familias presentes os principios da disciplina positiva e preparou o camiño para os obradoiros que terán lugar nas próximas semanas, como podedes comprobar no apartado do blogue dedicado á ENP Asímesmo máis de 30 nenos e nenas desfrutaron do servizos de "canguros" que o Anpa puxo a disposición das familias.