Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2023

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

AVISO A NOVAS FAMILIAS

   Xa está aberto o prazo para darse de alta como familias socias da ANPA. Entrando no blog de milnen@s no apartado de trámites  Trámites blog milne@s  Lembrade que é requisito indispensable para poder participar dos servizos de mañanceiros, comedor, extraescolares... E se non precisades destes servizos, é moi importante a vosa colaboración para poder seguir traballando nas melloras do cole.  Facédevos socias!!!!