luns, 30 de setembro de 2013

xoves, 26 de setembro de 2013

Talleres dirixidos a persoas con síndrome de Asperger

Remitímosvos a información acerca dos talleres de ASPERGA (Asociaciòn Galega de Familias de Persoas Afectadas polo Síndrome de Asperger) que comezarán en outubro na Coruña:

- Taller de técnicas de estudio
- Taller de habilidades sociolaborais
- Taller de habilidades sociais para nenos
- Taller de habilidades sociais para adolescentes
- Taller de teatro para adolescentes
- Sábados lúdicos ASPERGA.

Para ampliar a información, contactade co mail psicologa.asperga@gmail.com ou co teléfono 633 283 164.

Consulta cidadá pola educación

A Plataforma en Defensa do Ensino Público, da que forma parte CONFAPA-GALICIA, promove unha Consulta Cidadá pola Educación, no marco da que se está desenvolvendo en todo o Estado.

Podedes participar no sitio web da consulta: http://www.consultaciudadanaporlaeducacion.org/participa.html






mércores, 25 de setembro de 2013

Actividades en inglés

A partir do 1 de Outubro, ofrecemos "Playing Xogos", unha actividade realizada por monitores de Axiña, para practicar o inglés de forma divertida, por medio de xogos, cancións e teatro. Vai dirixida a nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria. Terá lugar os lunes e os mércores de 17 a 18 h.
Se queredes inscribir @s vos@s fill@s enviade un correo ou pasade polo local da ANPA no noso horario: xoves de 9 a 10 ou luns de 16 a 17. 


Ademais o colexio participa dende o curso pasado na actividade municipal "Listen & Speak" para estudantes de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. A inscrición faise on-line. Lembrámosvos que o prazo remata o día 27 de setembro. 

Máis información en : 



sábado, 21 de setembro de 2013

Taller de manualidades

Unha vez máis o Taller de Xiz organiza unha serie de obradoiros nos Rosales. Podedes velo na súa páxina: www.academiaxiz.es


venres, 20 de setembro de 2013

Chándal

Xa chegaron os chándales que se reservaron en xuño. Podedes pasar polo local para recollelos no horario do local da ANPA, luns de 16 a 17 h. e xoves de 9 a 10 h. Lembrade traer o resgardo da reserva.


Actividades extraescolares

Queda pechado o prazo para solicitar actividades extraescolares para o mes de setembro; a partir de agora só aceptamos solicitudes para nenos e nenas que comecen as actividades en outubro. 

Nas actividades de Teatro1 e Ximnasia rítmica xa non quedan prazas disponibles; imos abrir unha lista de espera; se estades interesados, enviade un mail a milnenos@gmail.com.

As altas e baixas de actividades deben facerse antes do día 26 do mes anterior ao do comezo da actividade.


xoves, 19 de setembro de 2013

Cursos a distancia gratuítos para pais e nais

A CEAPA (Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos) organiza cursos sobre temas relacionados coa educación dos nosos fillos e fillas. 




Máis información nesta ligazón.

venres, 13 de setembro de 2013

Obradoiro no centro Nenoos

Estes obradoiros terán lugar os próximos días sábado 14 e venres 20 de setembro no Centro Nenoos, R/ Manuel Azaña, 41, Baixo.



mércores, 11 de setembro de 2013

Comedor e madrugadores

A coordinadora de comedor e madrugadores chámase Adriana. Para calquera consulta ou aviso, ou para o horario de recollida das 15.25, podedes contactar con ela no teléfono 637764388, por medio de chamadas ou mensaxes.

@s nen@s que acodan a comedor deben traer un neceser con cepillo e pasta de dentes co seu nome.


Menú do mes de setembro


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

O Concello da Coruña oferta a actividade de Natación para nen@s de segundo ciclo de primaria. Durante o curso 2013-2014 será os luns de 17;00 a 17:45. O prezo por alumno é de 53,47€. A cota inclúe o traslado desde o centro e cobertura sanitaria. A data de comezo prevista é a semana do 8 ao 11 de outubro. A inscrición debe realizarse na ANPA antes do 20 de setembro. 

Xa está disponible o programa "Listen & Speak", dirixido a estudantes de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. 
Información e inscricións: 
http://www.edu.coruna.es/libro_dixital_2013_2014/fichas_de_solicitude


Normas de entrada e saída de actividades extraescolares:
Actividades realizadas no edificio de Primaria: JUDO, TEATRO, COCIÑA, XOGOS DE MESA, ARTES PLÁSTICAS, INFORMÁTICA
- Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade.
- Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida e a entrega no patio cuberto.

Actividades realizadas no Pavillón: XIMNASIA RÍTMICA, AERO-ZUMBA, HOCKEY, FÚTBOL E BALONCESTO
- Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade.
- Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida  a entrega no pavillón.

NOTA: Os pais non poden acceder ao polideportivo e ao colexio durante as actividades.

A actividade de aero-zumba (martes e xoves de 17 a 18h.), é gratuíta durante o mes de setembro, só hai que pagar un seguro de 5 € por participante. Se se acode a outras actividades non é necesario pagar o seguro.

martes, 10 de setembro de 2013

Lembrámosvos que a partir de mañá, 11 de setembro, comezan tanto as actividades extraescolares como comedor e madrugadores.

ACTIVIDADES
Todas as actividades extraescolares comezan a partir do primeiro día de cole, o 11 de setembro, agás a actividade de informática, que en principio comezará en outubro, xa que están reformando a aula e instalando novos ordenadores. @s alumn@s que estean inscritos en informática poden acudir á actividade de cociña (o mesmo día, á mesma hora; venres de 16 a 17) ata que se poida utilizar a aula de informática. Se estades interesados, avisade na ANPA.

Polo momento hai prazas en todas as actividades agás na de ximnasia rítmica.

Este curso vaise incorporar unha actividade nova: Aero-zumba, para todas as idades (infantil e primaria). Para dala a coñecer, durante o mes de setembro a actividade será gratuíta. Podedes probar, e se vos gusta, inscribirvos a partir de outubro. Para poder asistir en setembro hai que anotarse no ANPA.

O primeiro día de cada actividade haberá unha presentación para as familias na que podedes consultar todas as dúbidas que teñades.


As altas, baixas e modificacións hai que facelas antes do día 26 do mes anterior á actividade.

Estamos pendentes da oferta municipal de actividades para solicitar outra vez a actividade de natación.

MADRUGADORES
O horario de atención a@s nen@s é de 7.30 a 9.00 da mañá. O horario de entrada no centro é de 7.30 a 8.30.

COMEDOR
Hai dúas quendas de saída: ás 15.25 ou de 15.45 a 16.00. Podedes indicarlle ao persoal en que horario preferides recoller @s nen@s.



Para calquera asunto relacionado con Comedor ou Madrugadores podedes poñervos en contacto coa Anpa, presencialmente ou por correo electrónico, ou coas oficinas de Jardanay: Menéndez Pelayo 12, 1ºIzda. A Coruña / Teléfono: 981 12 66 27 / fax: 981 120 805 (9:00 a 15:00 / 16:00 a 19:00);

Para facer uso do servizo de forma esporádica, hai que avisar ao teléfono da coordinadora (que vos faremos chegar nos próximos días) ou á oficina (981.126.627), antes das 13:00 do día no que se vaia facer uso do comedor/madrugadores. Os pagamentos en principio son por domiciliación bancaria, a non ser que acordedes outro sistema coa empresa.



No apartado "Comedor e madrugadores" do blog tedes máis información. Recordade que para calquera modificación, altas ou baixas hai que facelo antes do día 26 do mes anterior ao de uso do comedor.

Feliz inicio de curso!

martes, 3 de setembro de 2013

Este curso vaise incorporar unha actividade nova: Aero-zumba, para todas as idades. Para presentala, durante o mes de setembro a actividade será gratuíta. Apúntate!!

Todas as actividades extraescolares comezan a partir do inicio do cole, o 11 de setembro, agás a actividade de informática, xa que están a reformar a aula e instalando novos ordenadores. @s alumn@s que estean apuntados para informática poden acudir á actividade de cociña (o mesmo día, á mesma hora; venres de 16 a 17) ata que se poida utilizar a aula de informática.

Estamos pendentes da oferta municipal de actividades que sairá ao longo deste mes, para poder ofrecer algunhas máis a partir do mes de outubro.

Seguir por correo electrónico