Primeira versión do protocolo COVID da ANPA Milnenos

Grazas á axuda das 26 familias voluntarias, ademais do traballo da directiva, hoxe publicamos a primeira versión do borrador do Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/2021 da ANPA  Milnenos. Este protocolo irase actualizando periodicamente con nova información ou cos cambios que sexan necesarios para adaptarse a calquera nova normativa autonómica que chegará (esperamos) en breve.

Ademais está dispoñible a Declaración responsable, que todos os socios/as deben ler e coñecer, para tentar entre todos minimizar os riscos neste curso tan complicado. Lembrámosvos que é obrigatorio inscribirse á actividade "DECLARACIÓN RESPONSABLE" a través da aplicación da ANPA como requisito para participar en comedor e actividades extraescolares.

Por favor, dedicádelle uns minutos para ler o plan, é imprescindible para o bo desenvolvemento das actividades.

Toda a información no apartado do blogue adicado ao COVID

https://milnenosgalego.blogspot.com/p/covid.html

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024