Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS NOS CENTROS CÍVICOS

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS Os días 27, 28 e 29 de decembro abrirase o prazo para a preiscrición de Actividades socioculturais nos centros cívicos da Convocatoria de xaneiro-maio 2022. A preiscrición realizarase preferentemente en liña na siguente ligazón:  Formulario de preiscrición

RADIO BIBLIO

Xa podemos escoitar  o primeiro episodio do programa de radio do colexio Onda Ti  comezando xa a terceira temporada. Tedes toda a información no  blogue da biblioteca .

RECOMENDACIÓNS LECTURA DA BIBLIOTECA EPB

  A biblioteca do colexio déixanos  no seu blogue recomendacións de lectura. Os libros estarán  á nosa disposición en xaneiro á volta das vacacións, pero  podémolos atopar nas bibliotecas municipais, outras bibliotecas e librerías. FELIZ LECTURA!

CHOCOLATADA DO NADAL

 Hoxe a AMPA fixo que as as nenas e nenos do Emilia e os seus mestres gozasen dunha chocolatada con churros para rematar o trimestre e dar benvida ás vacacións de Nadal. Bo nadal familias!

V Festival Internacional de Cortometrajes de Animación de A Coruña.

O festival que levouse a cabo do 13 o 18 de decembro, e na sección infantil de "CONCURSO DE DISEÑO DE CARTEIS" , tivemos o inmenso orgullo de que dous deses premios de carteis foran para dous dos nosos compañeiros/as de 6º: -3º premio para David -1º premio para Carolina.       NORABOA ARTISTAS!!

PASEANDO CON EMILIA

O  Proxecto Documental Integrado "Paseando con Emilia"  que se desenvolveu durante o curso pasado no noso centro, no que o noso alumnado investigou e procuró información para coñecer á escritora que dá nome ao noso colexio, recibiu un dos  premios  do  VII Concurso de Traballo por Proxectos coordinados oco apoio da biblioteca escolar . Parabéns a toda a comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán!  

COMPETENCIAS DIXITAIS.

O noso alumnado de 5º de primaria participa este curso no programa DigiCraft da Fundación Vodafone no que participa a Xunta de Galicia que fomenta o traballo das competencias dixitais. Poderedes  ver a información sobre as actividades realizadas na web do colexio.

CALENDARIO ESCOLAR DEFINITIVO 2021/2022

 Os días escollidos  polo consello  escolar coma non lectivos son o día 7 de decembro e o 16 de maio . Calendario escolar 

CAMPAMENTOS NADAL CENTROS CÍVICOS

CAMPAMENTO DE NADAL   DÍAS : 22, 23, 27, 28, 29, 30 de decembro e 3, 4, 5, 7 de xaneiro PERSOAS DESTINATARIAS : menores nados entre o 1/1/2009 ao 31/12/ 2017 HORARIO : ➢ Xeneral : de luns a venres de 10.00 a 14.00 h ➢ Ampliado: de luns a venres  de 9.00 a 14.30 h PREZO POR PARTICIPANTE: ➢ Horario xeral: 26 €. ➢ Horario ampliado: 32 € CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR O HORARIO AMPLIADO Ou XERAL : Castrillón, San Diego, Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Rosales, Labañou, Palavea, Ciudad Vella, Eirís, Elviña,  Novoboandanza. CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR SÓ O HORARIO XERAL: A Silva, Santa Margarita, Feáns, Sacra Familia, Santa Lucía, Pescadores, San Pedro de Visma e Artesáns PREINSCRICIÓN : 29,30 de novembro e 1 de decembro na web  http://www.coruna.gal/servizossociais ou no teléfono 010 SORTEO : 2 de decembro ás 10.30 h en cada centro Cívico PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE  PREINSCRICIONES : 3  decembro en, os centros cívicos,  llamándo ao 010 ou na web municipal RECLAMACIÓNS : do 4 ao 7 d

CAMPAMENTOS NADAL FEDAPAS

Aquí deixámosvos toda a información do Campamento de Nadal. SEDES : -CEIP Curros Enríquez               -CEIP Juan Fernández de La Torre               -CEIP San Pedro de Visma. DESTINATARIOS : Alumnado de educación infantil e primaria dos CEIPs públicos do Concello da Coruña. DATAS : 22,23,27,28,29 e 30 de decembro e 3,4 e 5 de xaneiro. INSCRICIÓNS : Do 29 de novembro ao 2 de decembro O formulario de inscrición abrirase ou luns 29 de novembro ás 9:30 h    Inscricións PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS : O 10 de decembro na web de  FEDAPAS

CAMPAÑA CASA DOS XOGUETES

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), pon un ano máis en marcha a campaña da Casa dos Xoguetes. Ata o vindeiro 5 de xaneiro os interesados poderán entregar xoguetes en bo estado de conservación no local situado no número 9 da praza Mestre Mateo. As persoas interesadas en darlle un novo uso a eses obxectos poderán pasar polo mesmo local a retirar aqueles que consideren, ate un máximo tamén de 10 por persoa Toda a información na seguinte ligazón: Campaña casa dos xoguetes

MAGOSTO 2021

Despois dos preparativos..... Un ano máis celebramos ao grande e con moita ilusión o noso magosto. Castañas asadas con moito agarimo por nais e pais voluntarios e chocolate para todas as nenas e nenos do Emilia. A Señora María desde Coristanco levoulles persoalmente as castañas a educación infantil. Un día estupendo.

CAMPAÑA DE NATACIÓN ESCOLAR 2021/22

Dende a Concelleria de Deportes da Coruña comunican que está aberto o prazo para as inscricións de natación escolar na piscina de Riazor para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Son 24 prazas e se asignan por orde de inscrición, polo que rogamos apuredes nas solicitudes. Tedes que levar: A folla de inscrición cuberta (descarga aquí Folla inscricion ) Fotocopia do DNI da crianza ou no seu defecto, do libro de familia Fotocopia dos DNI dos titores, nais ou pais. A cota íntegra de 47,52€ pódese pagar alí mesmo tanto en efectivo coma con tarxeta, e para poder acudir ao palacio de deportes de Riazor hai que pedir cita previa a través do 010, chamando ao concello ou solicitándoa a través de internet ( CITA PREVIA ). O PRAZO MÁXIMO DE ENTREGA É O 08-11-2021, comezarían as clases o 15-11-2021 . Máis información: Información do Concello , Información para as familias , Protocolo Covid Riazor

PATINAXE

Estimadas familias: Tras uns días de busca e negociación con varias entidades, comprácenos comunicarvos que mañá mércores retomaranse as clases de patinaxe con normalidade. A nova entidade que se vai encargar da formación é ADC Alquimia Inline e podedes ver todas as actividades que fan na súa páxina web ( web Alquimia ). Contan con grande experiencia formadora tanto en colexios como en clubes e un amplo equipo técnico.  

COLARES DE ZONCHOS

Coa chegada do outono agardamos que vos animedes a seguir a tradición galega é tan arraigada no noso centro: a elaboración de zonchos. O prazo de presentación e dende o martes 2 de novembro ata o xoves 4 de novembro. Entregaranse a cada unha das titorías co nome do neno ou nena. Instrucións para facer os zonchos: 1-Cocer as castañas coa súa casca. 2- Unha vez cocidas e frías ensartámolas con fío e agulla a xeito de colar e adornámolo coma queiramos. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

MAGOSTO 2021

Como  vai facendo, dende hai moitos anos, o noso colexio celebrará o tradicional magosto o próximo venres 5 de agosto. Nais e pais colaboraremos para que o pasemos moi ben! Precisamos que cada neno e cada nena traia, polo menos unha ducia de castañas picadas. Deberán de traelas ao colexio o mércores 3 e o xoves 4 de novembro.

PRAZAS JUDO

 Estimadas familias, Tras o aumento de prazas na actividade extraescolar de Judo quedan prazas vacantes tanto en infantil como en primaria. Podedes consultalo na seguinte ligazón: Prescricións e listaxes de agarda

SAMAÍN

  Na páxina web do colexio podedes facer un xogo para aprender sobre a festa de Samaín. Feliz ponte!

INCIDENCIA PATINAXE

Coma sabedes, o mestre de patinaxe, comunicou a súa intención de rescindir a colaboración profesional coa nosa cativada. Ao ser con tan pouco marxe de tempo, non puidemos avisar ás familias, pero garantimos que estiveron pasándoo moi ben con Lucía, a coordinadora de AAEE e estiveron sempre atendidos e vixiados por voluntarias da ANPA como reforzo. Tanto hoxe coma venres desta semana, na quenda de patinaxe, podemos ofrecer o mesmo. Quen precise conciliar e pasalo moi ben con Lucía, ahí estaremos. Para a vindeira semana, esperamos poder retomar con normalidade as clases de patinaxe, eso sí, cun novo mestre do que xa vos iremos informando. Aquí vos dedicamos algunas das obras de arte que fixeron. Son uns artistas!!

DOAZÓN

Estimadas familias, O alumnado da actividade de baloncesto 🏀.... Está de sorte! Grazas á xenerosa doazón dun particular a nosa ANPA, recibirán esta semana un balón de agasallo para que poidan practicar e gozar do baloncesto.

DEREITOS NON PARCHES

 Baixo a lema a piques de estoupar e con pancartas e globos, reunímonos este luns na Coruña ante o edificio administrativo da Xunta en Monelos. Reclamamos as carencias de persoal que sufrimos e que afectaban especialmente á atención á diversidade.

ENKI-EQUIPO EMILIA SUBMARIÑA

EQUIPO EMILIA SUBMARIÑA! Xa queda pouco para a carreira máis divertida e solidaria de Galicia. A cita será o sábado 23 de outubro en horario de 16:00 a 19:30. O noso equipo “ EMILIA SUBMARIÑA ” levará como distintivo unha pañoleta laranxa, pero como somos un grupo moi animado disfrazarémonos de calquera cousa que teña que ver coa fauna mariña. O punto de encontro será a Praza de María Pita e faremos un percorrido de 2,46 Km. Poderedes recoller os vosos dorsais o xoves e o venres no Corte Inglés de  Ramon e Cajal nas franxas horarias que elixades nas instrucións que vos mandaron ao adquirir os dorsais. Selecciona mediante esta ligazón o horario que máis te conveña:   https://forms.gle/ hjNqtTczHzZWJKph8 Lembrarvos que o uso da máscara que cubra nariz e boca será obrigatorio durante todo o evento. Os menores de 6 anos están exentos así como as persoas que teñan un xustificante que lles exima da súa utilización. É de obrigado cumprimento a presentación do certificado de vacinación /

CONCENTRACIÓN 26 DE OUTUBRO

DEREITOS, NON PARCHES O 29 de setembro, familias de varios centros da Coruña e comarca inzamos as nosas escolas para denunciar a situación na que nos puxo un ano máis a Consellería de Educación ao non dotar do persoal que precisamos para que todo o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo estean atendidas como precisan:. - No CEIP Valle Inclán de Oleiros cómpre unha persoa de Pedagoxía Terapéutica e mais media xornada de Audición e Linguaxe. - No CEIP Vila de Rutis e no CEIP Labaca están sen a especialista de Pedagoxía Terapéutica que lles corresponde por catálogo. - No CEIP Ría do Burgo precisan que a especialista de Audición e Linguaxe volva estar a xornada completa e que se incorpore unha Pedagoga Terapéutica para cubrir as novas necesidades. - No CEIP A Rabadeira reduciuse unha especialista de Pedagoxía Terapéutica. Este curso, ademais, varios centros comezaron o curso sen poder ofrecer especialistas de materia e mesmo profesorado titor para todo o seu alumnado,

MERENDAS SAUDABLES

Comprometidos coa saúde! Aquí vos deixamos  o plan de merendas que se marca para educación infantil, para que se afagan a comer de todo e sempre é máis fácil se ven aos seus compañeiros. En primaria é libre pero sempre pode servir de referencia

DÍA MUNDIAL DA SAUDE MENTAL

Para dar visibilidade ao tema da saúde mental, a Fundación Salma, organizou na chaira que hai detrás do aparcamento da Torre de Hércules unha exhibición de voo de cometas. As familias que queiran, poderán participar coas súas propias cometas. A Fundación Salma tamén distribuirá algunhas e terá unha mesa-taller onde os máis pequenos poderán elaborar as súas propias. O acto terá lugar de 12:30 a 14:00 h, e estará amenizado polo gaiteiro Santiago Lage. Convídannos a compartir unha xornada agradable en compañía, e a manifestar, coa súa presenza, a necesidade de mellorar o estado en que se atopa a saúde mental na nosa Comunidade, especialmente no sector de infanto-xuvenil.   

MERGÚLLATE

O Proxecto Documental Integrado (PDI) deste ano  do noso cole, se chama "Mergúllate!". Estará adicado á investigación sobre diversos aspectos sobre os mares e océanos. Terán especial importancia os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable 2030 (ODS2030). O número 14 fai mención directa á vida submarina e á conservación dos mares e océanos e os recursos mariños.Ao longo do curso as nosas crianzas irán coñecendo moitos deles a través de diferentes actividades. Qué sabemos dos océanos?? Están a buscar unha imaxe ao proxecto para identificar todas as actividades que poidamos facer na colexio. Necesitan das vosas ideas, escollerase o que mellor identifique o tema e os valores de coidado do medio ambiente e respecto pola natureza. Todas as vosas achegas publicaranse no  Blog da biblioteca EPB Mergulládevos!!

APERTURA BIBLIOTECA EPB

A biblioteca volverá abrir para o alumnado o vindeiro luns 4 de outubro . Hoxe apareceron nas aulas unhas mochilas vermellas, un misterio da nosa biblioteca ....preguntade a vosas crianzas!!! Todas as novidades, e como reservar libros  no  blogue biblioteca EPB  e nas  redes sociais

UN GRAN DIRECTOR

Queridas familias, Perdemos un dos grandes.  Deixa un gran legado e unha lembranza imborrable. GRAZAS XOSÉ MANUEL, NOSO ETERNO DIRECTOR. D.E.P. O despedimos con esta carta que escribiron os seus  compañeiros: Este curso despedimos como director a alguén que nos regalou compartindo con todos nós, o seu cariño, a súa paciencia e a súa alegría....Este curso 2018/2019, o noso director Xosé Manuel, renuncia ao cargo. Egoístamente sentímolo moito porque a persoa que dirixiu este trasatlántico que é o CEIP Emilia Pardo Bazán deixa a dirección e quedamos un pouco orfos. Gustaríanos que seguira sendo esa luz que con mestría guiounos estés últimos anos. Pero ao mesmo tempo alegrámonos porque agora lonxe das responsabilidades e desgustos da dirección, poderá facer realidade proxectos que seguramente tivo que deixar aparcados no seu momento, é sobre todo, a súa familia poderá gozar da súa presenza sen ter que compartilo con esa moza, sempre existente, que é a dirección dun colexio de máis de 600 a

XOVES NEGRO

Dende a AMPA, queremos dar apoio ao movemento do XOVES NEGRO que está facendo a comunidade educativa do noso colexio, polos recortes na ensinanza pública. Pedimos que levedes ás vosas crianzas vestidas de negro este xoves. Son xestos moi pequenos, pero xuntos podemos conseguir algo moi grande.