Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

Pagamento Subvención Comedor 2015/2016

Nos vindeiros días e/ou 1ª semana de xaneiro procederemos a pagar a subvención de comedor do curso pasado 2015/2016 . ACLARACIÓN: En relación ao menor importe das axudas de comedor do curso 2015/2016 en comparación co curso 2014/2015, convén ter en conta que a subvención reduciuse nos dous cursos pasados de acordo coas seguintes cifras: Curso 2013/2014: 11.314,29 euros  Curso 2014/2015:   8.532,60 euros, 2.781,69 euros menos (unha rebaixa do 25%) Curso 2015/2016:   7.836,49 euros,    696,11 euros menos (rebaixa acumulada en dous cursos do 30,74%)

CAMPAMENTO NADAL. Prazo adicional

Rematado o prazo ordinario, o campamento comezará o vindeiro xoves 22 de decembro polo que a partir deste luns e ata rematar o campamento só se permitirán inscritcións ata cubrir os postos vacantes de cada semana: - 6 na primeira, - 9 na segunda e terceira semana

Cambio menú comedor derradeira semana decembro

INFORMACIÓN DE JARDANAY Para la próxima semana el menú se ha visto modificado. Los niños y niñas podrán disfrutar para la última semana de colegio del siguiente menú: -            Lunes 19 Diciembre  o     1ºPlato:  Arroz con verduritas  en lugar de Lentejas con chorizo o     2ºPlato:  Merluza en salsa con patatas  en lugar de Pizza de jamón y queso o     Postre: Fruta (sin cambios) -            Martes 20 Diciembre  (sin cambios) -            Miércoles 21 Diciembre o     1ºPlato:  Ensalada completa  en lugar de Arroz con verduritas o     2ºPlato:  Pizza de jamón y queso  en lugar de Merluza en salsa verde con patatas o     Postre:  Postre navideño  en lugar de Fruta

ACTUALIZACIÓN!!!! Campamento Nadal 2016 (e outros campamentos)

A partir de mañá 24 de novembro e ata o 15 de decembro   estará habilitada na aplicación a inscrición en liña no campamento de Nadal do Anpa/CEIP Emilia Pardo Bazán INFO CAMPAMENTO: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0c0Zzbk5DR2MxQlU/view?usp=sharing A Preinscrición é igual que nas actividades ordinarias (o nome das quendas contén a palabra "Nadal" para facilitar a selección) As opcións de inscrición son: -campamento completo - días 22 e 23 - días 26 a 30 -días 2 a 5 Período   Inicio Prezo socio Prezo non socio NADAL 2016 Completo 22-12-2016 66,00 € 100,00 € NADAL 2016 22 a 23 22-12-2016 15,00 € 30,00 € Nadal 2016 26 a 30 26-12-2016 35,00 € 45,00 € Nadal 2016 2 a 5 02-01-2017 28,00 € 40,00 € Os prezos (aos que sumar o importe do seguro e para quen o decida os servizos de madrugadores e comida non manip.): Do mesmo xeito que no verán haberá servizo de madrugadores e comedor. Tamén como no verán faremos a posteriori un reparto do i

URXENTE: REANUDACIÓN ACTIVIDADE PISCINA

FEDAPAS comunica o comezo da Natación Escolar  a partires da próxima semán: LUNS 12 DE DECEMBRO A actividade desarrollarase na  Piscina do Clube do Mar  ate que finalicen as obras de reparación en Riazor.  Aínda que no horario de recollida dos escolares non haberá alteracións, no retorno   poderían   producirse pequenos retrasos debido á maior distancia existente entre as novas piscinas e os puntos de entrega.

Resultados Consello Escolar

SECTOR PAIS/NAIS: Dona Miriam Rodríguez Garrapucho Dona Ana María Vázquez Fernández Don Isaac Manuel González Gutiérrez REPRESENTACIÓN ANPA MILNEN@S: Dona Eva González Souto SECTOR PROFESORADO: Dona Mª Isabel Rodríguez López Dona Mª Luisa Domínguez Pérez Dona Raquel López Manteiga PERSOAL DE ATENCIÓN COMPLEMENTARIA (PAC): Dona Mery Eliana Aliaga Bonilla REPRESENTANTE MUNICIPAL: Pendente designación

Cambios menú comedor

O menú da próxima semana viuse modificado: -           Mércores 7 Decembro * 1ºPrato: Lentellas vexetais (sen cambios) * 2ºPrato: Pizza de xamón e queixo en lugar de Lasaña de atún * Sobremesa: Froita (sen cambios) -          Venres 9 Decembro * 1ºPrato: Crema mixta de verduras (sen cambios) * 2ºPrato: Pescada á romana con patacas en lugar de Tenreira en porcións con pataquiñas * Sobremesa: Petit suisse (sen cambios)

Asamblea Xeral Ordinaria: Luns 12 de decembro

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ANPA MILNENOS DÍA:  Luns 12 de decembro do 2016 LUGAR:  Salón de Usos Múltiples do CEIP Emilia Pardo Bazán HORA:  18:15 en Primeira convocatoria 18:30 en Segunda convocatoria ORDE DO DÍA: 1.- Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas e proxectos  2.- Valoración da actividade da directiva 2015/2017. Información da convocatoria de eleccións en Asemblea Extraordinaria e data de celebración. 3.- Información de eleccións ao Consello  Escolar  4.- Información sobre subvencións solicitadas e recibidas. 5.- Programa de inmersión en inglés. Recollida de sinaturas. Queixa ao Valedor 6.- Comedor, madrugadores e actividades extraescolares. 7.- Estado das contas do ANPA. 8.- Rogos e preguntas

Programa de inmersión. RECOLLIDA DE SINATURAS

Estimad@s pais/nais, O NOSO CENTRO E OS NOSOS  NEN@S QUEREN O PROGRAMA DE INMERSIÓN EN INGLÉS !!!!! Como moitos xa sabedes, o Anpa este ano puxo en marcha un programa de inmersión lingüística para Educación Primaria  financiado de xeito exclusivo  con fondos que obtivo o Anpa dun convenio cunha entidade sen ánimo de lucro e coas aportacións dos pais e nais do anpa. Este programa compensa a imposibilidade actual do noso centro de participar no programa de auxiliar de conversa da Xunta. A nosa proposta e máis ambiciosa que o dito programa e resulta  GRATIS  para todos os alumnos/as (e para a Xunta).  Logo do permiso inicial da Inspección educativa, recibimos a comunicación da paralización do programa cando só levábamos unha semana de actividade. En tres semanas non tivemos outra comunicación da Consellería en relación a nova solicitude que trasladamos, polo que entendemos que é fundamental demostrar o interese da comunidade educativa do CEIP no dito programa.  Por todo isto

ECO HORTAS. CONCELLO CORUÑA

Onte algúns directivos do Anpa asistiron á reunión no C.C. Mallos que convocaran os encargados de Eco Hortas, dirixida ás ANPAS das zonas onde quérense implantar os novos hortos urbanos do Concello. Propuxéronnos unha visita guiada a Feáns para ver e coñecer como funcionan os hortos que teñen alí montados os membros da asociación "Imos De Hortas", modelo de funcionamento autogestionado que se pretende seguir coas Eco Hortas do Concello. O Anpa considera unha boa oportunidade estas visitas dirixidas nesta ocasión a membros, socios e demais persoas que se apunten a través das ANPAS que estabamos convocadas á reunión, Aqueles que estean interesados nas visitas só teñen que apuntarse enviando un mail a  milnenos@gmail.com    indicando data e hora que queren ir. As visitas programadas son o sábado 19 de novembro ás 16:30 e sábado 03 de decembro ás 11:30 ou ás 16:30. + INFO: Cartel   VISITAS FEANS  

URXENTE. SUSPENSIÓN ACTIVIDADE DE PISCINA

Desde o Servizo Municipal de Deportes esta mañá comunícanos a través de FEDAPAS o responsable da Campaña de Natación escolar, D. Antonio Pedraz Pito que na tarde de onte luns, a cuberta da Piscina Municipal de Riazor sufriu serios danos con motivo da rotura dos tensores que a sustentan, circunstancia que obrigou á suspensión, ata nova orde, de todas as actividades programadas no vaso. Por todo a campaña de natación escolar dos centros educativos que realizan dita actividade en Riazor, non poderán asistir nun prazo de tempo por agora sen determinar. Devandito prazo comunicarásevos no momento en que os técnicos avalíen o estado no que se atopa a cuberta, e se determinen as obras que será preciso levar a cabo antes de reiniciar as actividades.  Desde o Servizo Municipal de Deportes xa se está traballando para que devandito período de tempo sexa o menor posible. Sentimos as molestias que todo iso poida ocasionar ás familias

MAGOSTO 2016. Xoves 10 de novembro

Por mor da previsión de choiva que fixo o centro, o Magosto está previsto celebralo o vindeiro XOVES, día 10 de novembro despois do recreo (11:30 h.). O asado das castañas polo método artesanal farase a continuación da entrada do alumnado no colexio, ao redor das 9:15 h.  Precisariamos a axuda de varias persoas, contando que haberá dúas directivas do Anpa que tamén axudarán e será preciso contar con máis axudantes para o momento do reparto das castañas asadas ao alumnado. Lembrade que non está autorizada a realización de fotografías cos móbiles persoais nen con cámaras, salvo ás que realice o profesorado Para aquelas/aqueles que poidan colaborar lembrade enviar un mail cos vosos datos de contacto a  milnenos@gmail.com  

EcoHorta na Cidade. Proposta do Concello

INFORMACIÓN CONCELLO CORUÑA: Dende o Concello da Coruña, a través da colaboración das Concellerías de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda; de Medio Ambiente; e de Participación e Innovación Democrática, poñémonos en contacto coa vosa entidade para invitarvos a participar no proceso de activación de 3 Hortas Urbanas Autoxestionadas na cidade. Estes novos equipamentos denominaranse  ecoHortas  e inicialmente estarán localizadas nas seguintes zonas: -                 Os Rosais – San Pedro de Visma – Agra do Orzán -                 Mesoiro – Novo Mesoiro -                 Oza – Castrillón – Os Castros Esta semana realizaranse 3  presentacións públicas , unha en cada unha destas tres zonas onde se materializarán as  ecoHortas .  As presentacións son abertas a toda a cidadanía que queira asistir e coñecer máis en detalle este proceso. Por isto, agradecemos a difusión desta información a todas as persoas que consideredes lles poida ser de interese. As datas e lugare

Cambios nos accesos ao CEIP por obras na fachada

Deixámosvos o acceso a información publicada na web do Colexio: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/551

Enquisa inicio do curso Defensor del Pueblo

Animámosvos a participar na enquisa que propón a oficina da "defensora do pueblo" sobre o comezo do curso na seguinte ligazón: https://www.defensordelpueblo. es/encuesta-sobre- satisfaccion-de-inicio-del- curso-escolar

Cambio de menú: 2 e 4 de novembro

Jardanay informa que: "para la próxima semana el menú se ha visto modificado.  Los menús del día 2 y 4 de Noviembre se intercambian entre sí, resultando lo siguiente: -            Miércoles : o     1º Plato: Macarrones con tomate o     2º Plato: Caella al horno con patatas y verduritas o     Postre: Yogur -            Viernes : o     1º Plato: Sopa de espinacas o     2º Plato: Albóndigas caseras con patatas o     Postre: Fruta"

Participación en actividades de alumnos de otros centros

O pasado luns aprobouse en Consello escolar a participación de menores doutros centros en actividades extraescolares do Anpa (agás na actividade de robótica) Trátase dunha posibilidade que xestionaremos de forma prudente e que non se poderá aplicar a actividades cos grupos xa pechados como: - patinaxe infantil e primaria (horario de 4 a 5 e 5 a 6) - ximnasia infantil (horario de 4 a 5) Aproveitamos para avisar de que están a piques de pecharse os dous grupos de judo (coa previsión de abrir un novo grupo se hai demanda os martes e xoves de 5 a 6)

Información Fedapas: convocatoria Folga 26 de outubro e reválidas secundaria

COMUNICADO RESULTADOS FOLGA (27/10) https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0dXJPLVVFbWxtNDNMdFptUi1aV0VaeDI3Wmow/view?usp=sharing Comunicado convocando Folga: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0OXJRZW1FY3ZmTzNCNUoxSkVRZmxWS20tTThR/view?usp=sharing Comunicado 10 razóns para baleirar as aulas: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0SUVEMExlVmZ1SXhVaXBpTWVfbnpIbXJaeGpN/view?usp=sharing Comunicado Plataforma en Defensa do Ensino Público: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0dFF4WEt0bkNFYkVhLXpmZlVLUlVGY3dGenA0/view?usp=sharing Cartaz Charlas informativas reválida secundaria (18 de outubro - IES Rafael Dieste. 19:30): https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0UmpRVGdzdm53RjdzNWJHVGxSS2p3dnRaaEdz/view?usp=sharing Circular Folga día 26: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0eTh4dC1RNDhzczFQZmVRcjM2MUtDZnJBcTBn/view?usp=sharing

ACTIVIDADE DE LISTEN & SPEAK

A actividade empeza mañá martes de 4 a 5 no colexio azul. Haberá dous grupos de 12 alumnos cada un que desenvolverán a actividade en dúas aulas do primeiro piso do colexio azul co que os traslados e entrega e recollida de nenos e nenas non sofre cambios Esta actividade non se xestiona polo Anpa, que o único que fai é colaborar incluíndo a actividade dentro das súas listaxes de traslados

FIN DE PRAZO POE, DNC, NATACIÓN

Mañá luns 19 remata o prazo para inscribirse nas actividades do Concello (POE, Deporte no Centro e natación)  +INFO  Na actualidade non se teñen cuberto o número mínimo de prazas e POE e Deporte no centro (15 para cada modalidade) e aínda hai vacantes en natación. Mañá abrimos o local de 4 a 5, polo que vos recomendamos que pasedes a inscribirvos ou algunhas das ditas actividades poden non comezar

Programa ANCAS

Para comezar o curso lembramos que continúa vixente o programa ANCAS de Stop accidentes para os traslados seguros dende casa ao colexio Tedes máis información na web:  http://stopaccidentes.org/asociacion-de-victimas-de-accidentes-de-trafico-en/galicia/ancas/gmx-niv192.htm

IMPRESOS POE, DNC, NATACIÓN (ACTUALIZADO)

Para facilitar a entrega aos interesados/as en participar en actividades do concello, mañá mércores abriremos de 9:00 a 9:30 excepcionalmente pero só para entregar os impresos de POE (que deberán cubrirse e entregarse o  xoves 15 de 9 a 10 ou o luns 19 de 4 a 5 no local, pagando o primeiro trimestre das actividades escollidas: 10, 15 ou 20 euros en función do nº de actividades) Recibimos só 100 impresos de POE polo que non podemos entregalos nas clases como se fixo outros anos porque non chegarían para todos Os impresos de piscina  (53,47 euros) así como os de Xogos-DNC que este ano será os luns e xoves de 4 a 5, deben cubrirse e pagarse no local,  contido das actividades:  http://anpamilnenos.blogspot.com.es/2016/09/poe-deporte-no-centro-piscina.html

TORNEO 3x3 Club deportivo Os Rosales (AMPLIADO PRAZO AO 14/09/16)

O clube deportivo informa: Comezamos unha nova tempada e facémolo ao grande. O fin de semana do 17 e 18 de setembro, celebraremos os 3x3 de Baloncesto (7ª edicición) e Fútbol sala (4ª edición), respectivamente.  Este ano é a primeira vez que o facemos nestas datas e esperamos a vosa participación para que siga sendo un torneo de referencia no barrio e nos dous deportes. Mandámosvos as bases e ficha de inscrición en pdf.  As inscricións recibiranse exclusivamente no correo electrónico roseiras3x3@gmail.com e aceptaranse por rigorosa orde de chegada https://drive.google.com/file/ d/0B- 5SSa9NgbKjeVA3ektXcWludUk/view https://drive.google.com/file/ d/0B- 5SSa9NgbKjaFBONGFYc0lYaVE/view

URXENTE: Actividade de fútbol

O clube deportivo informa: Os nenos e nenas interesados en participar federados na actividade aínda que non comecen ata outubro deberían inscribirse ou comunicalo antes do 15 de setembro , porque esta é a data límite para federar equipos Se non o comunican antes o clube federará os equipos segundo os datos actuais, e os que se apunten con posterioridade poderán adestrar pero non participar en competicións federadas

URXENTE. información de actividades. Comezo do curso (ACTUALIZADO)

Ao non conseguir o número mínimo de inscritos/as en primaria os grupos de sonorama, baile moderno e teatro unifícanse no horario correspondente ao grupo de infantil. Se con posterioridade e ata outubro houbese máis inscritos/as de primaria exporiamos a división dos grupos. Aqueles inscritos/as en primaria que non desexen continuar na actividade, poderán cambiar a outra actividade ou manter a matrícula para posteriores inscricións ou compensacións. BAILE GALEGO (1º A 6 DE PRIMARIA) comezará os mércores de 4 a 5 ---------------------------------------------------- As seguintes actividades non empezarán ata alcanzar un número mínimo de inscritos: - Ioga, baile galego infantil , desenvolvemento de capacidades, creación e talento, coro, predeporte, volei, robótica (infantil), pandeireta (infantil), Xadrez (os dous grupos de primaria) ----------------------------------------------------- O resto de actividades empezarán con normalidade

POE. Deporte no centro.Piscina

Xa recibimos a información destas 3 modalidades de actividades organizadas polo Concello e Fedapas.  A partir do luns deberíamos recibir no local os impresos pero todas están incluidas xa na aplicación.  Aceptamos a preinscripción online pero Fedapas e o concello esixen tamén o tríptico polo que cando se teña pechado a inscrición solicitaremos que os admitidos pasedes a asinar as solicitudes cos datos xa cubertos polo que será cousa dun minuto. Natación:   Xa está incluida na aplicación para facer a preinscrición online.  Vai dirixida aos escolares do  3º E 4º de Educ. Primaria  de Centros Públicos.  O número de prazas ofertadas é de 30.  A Campaña levarase a cabo na Piscina de Riazor os lunes de 17:00 a 17:45h.  Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. O custo por alumno é de 53,47 €. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.  O prazo máximo de inscrición para os escolares

COMEZO DO CURSO (actualizado!!!)

Reunión 4º Educación infantil (novos alumnos e alumnas): http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/475 O próximo 12 de setembro empezará o curso, e tal e como vos informamos antes das vacacións, o local do Anpa abrirá presencialmente  os días 5 e 6 de setembro  en  horario de 10 a 12  con carácter preferente para informar e realizar os trámites para a inscrición de novos socios/as Para os demais, lembrade que continúa aberta a posibilidade de renovación en liña e inscrición en actividades, e que para aqueles que non renoven e non se inscriban antes do 8 de setembro, o inicio en actividades non se poderá realizar ata o 1 de outubro (todo iso para garantir o adecuado inicio do curso).  A partir do 1 de outubro de novo poderanse facer altas en calquera data. 

Información ata o comezo do curso

Con motivo do inicio das vacacións de verán, publicamos unha serie de datos relevantes (incluída información para o vindeiro curso): a) abriremos os días 5 e 6 de setembro en horario de mañá de 10 a 12 (de tarde o colexio aínda estará pechado). Abriremos "preferentemente ou unicamente para os novos socios" que non teñen acceso á aplicación informática (agás que soliciten darse de alta ao mail  milnenos@gmail.com  ) . b) A aplicación informática e as instrucións no blogue deben facilitar moito a xestión para inscribirse en  actividades http:// milnenosgalego.blogspot.com. es/2016/06/aplicacion- informatica-do-anpa-en.html   Para a renovación de socio sen actividades é tan fácil como facer a transferencia indicando nome do neno/a e/ou número de socio/a (ou inscribirse na aplicación e pasarémosvos unha remesa) c) As actividades do Concello deberían publicarse en breve. Incorporarémolas á aplicación e avisarémosvos d) os socios/as que non se inscriban en activida

Aplicación informática do Anpa en funcionamento

A aplicación informática xa está en marcha:  https://anpamilnenos.ampasoft.net/login Xa enviamos un mail a todos aqueles pais e nais que teñen correo electrónico de contacto (e que non estean os dfillos/as no derradeiro curso). Na seguinte ligazón podedes "ver" o proceso de inscrición: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0ZXRCb05LRHFucjA/view?usp=sharing Para resolver as primeiras dúbidas comentamos: - lembrade seleccionar a actividade AAEE000 como Renovación de cuota de socio xunto coas actividades seleccionadas (para usar a aplicación e obligatorio renovar) - Os cursos concretos ( as letras de cada curso ) nos que figuran os vosos fillos/as son estimados/orientativos porque no cambio de ciclo a letra do curso pode variar pero tivemos que poñela nós para abrir a preinscrición. En setembro actualizaremos as clases que corresponda. - As actividades que implican seleccionar días de asistencia non teñen aínda esa opción indicada: 1) comedor e madrugadore

Datas das reválidas publicadas e MÁIS INFO (actualizado)

Comunicado relacionado coa Orde da Avaliación de primaria (16 de xuño). https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0dlRibHZTbUhGR2NhMDRnWjMwTWpEd2h6OHU4/view?usp=sharing Novo comunicado reválidas 3º primaria (24 de maio) https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0eklLTWpiVG11SmhqY21Vc1FmWHR5elhySWJN/view?usp=sharing Comunicado (16 de maio) https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0QVo5aUk3SFR1dmNEbGhLN0p3VUg1dWd0MEVJ/view?usp=sharing Comunicado de Fedapas (6 de maio) https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0cjYzZVpGV3J4eTZkbmZ5VmVHQ3A3bmhERmtF/view?usp=sharing Modelo de xustificante de ausencia das reválidas (FEDAPAS) https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0VzBGR29sT0hUdmx6cnFUaWVQZ05uYnU4cGR3/view?usp=sharing Datas das reválidas: http://www.edu.xunta.es/portal/node/18728 Comunicado da plataforma na que se integran as Anpas https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0RXRQM3RHeHh5QkJ3OWozY0xIMXdlTDZOMXdr/view?usp=sharing Reunión informativa

ACTUALIZADO: Clausura das actividades extraescolares do Anpa e exhibicións das actividades 2016/2017

A.- As actividades  do Concello  rematarán o venres 17 de xuño. B.- As actividades  do Anpa  continuarán ata o  MARTES 21  de xuño (incluído). C.- As exhibicións de  CLAUSURA  (Partidos de pais/nais contra fillos/as en fútbol, balonmano e baloncesto) serán nas seguintes datas, no horario habitual da clase: 1.- Balonmán: Partidos de pais/nais contra fillos/as, martes 14 de xuño de 16 a 17 hs 2.- Teatro: Representación no Salón de Usos Múltiples, 15 de xuño. A partir das 16.30. 3.- Baile moderno: Exhibición no Salón de Usos Múltiples do colexio, 15 de xuño 4.- Fútbol  benjamín : mércores 15 de xuño, de 16 a 17h 5.- Ximnasia: Exhibición no pavillón deportivo, o xoves 16 de xuño 6.- Patinaxe: Xoves 16 de xuño, de 16 a 17 hs 7.- Fútbol  Iniciación : xoves 16 de xuño, de 16 a 17h 8.- Cociña: Degustación de produtos, venres 17 de xuño ás 16.30 no patio cuberto 0.- Judo: exhibición, luns 20 de xuño no patio cuberto de 16 a 17 hs 10.- Fútbol Alevín: luns 20 de xuño,

Cadro de actividades 2016/2017 e impresos

Xa están actualizados as ligazóns ao cadro de actividades e impresos para o próximo curso 2016/2017 Lembrade que non están incluídas as actividades que dependen do Concello porque non temos a información aínda. Lembrade tamén que este ano os socios poderán facer a renovación de socios e o alta de actividades de dúas formas a partir do día 16 de xuño: - no local - a través da nova aplicación informática

Instituto Español de Oceanografía. Xornada de portas abertas

Remesas/recibos maio e xuño

Hoxe cargouse a remesa de actividades de maio (a mes vencido) para que no esté moi próxima a de xuño que se cargará na derradeira semana do mes de xuño (o importe será só de medio mes tal e como acordamos a principios de curso)

ACTUALIZADO: II CAMPAMENTO DE VERÁN ANPA MILNENOS (CEIP EMILIA PARDO BAZÁN)

HOXE PECHA O PRAZO ORDINARIO DE INSCRICIÓN PERO MANTEREMOS A INSCRICIÓN ABERTA ATA O VENRES. A MATRÍCULA PREVISIBLEMENTE SUPERARÁ A DA PRIMEIRA EDICIÓN DO CAMPAMENTO A PARTIR DO VENRES PODERÁ SOLICITARSE INSCRICIÓN SÓ PARA AS SEMANAS QUE TEÑAN PRAZAS VACANTES (AGÁS OS XA INSCRITOS QUE PODERÁN AMPLIAR AS DATAS INICIALMENTE RESERVADAS) O II campamento de verán xorde novamente coa finalidade principal de garantir as posibilidades de conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais asociados á Anpa Milnenos (así como opción de interese para non socios e alumn@s alleos ao centro).  Desenvolverase ao longo do período non lectivo que vai dende o 23 de xuño ao 29 de xullo, e do 1 ao 8 de  setembro de 2016 (esta data de fin virá condicionada pola data definitiva de comezo do curso 2016/2017) A dinámica diaria será análoga a da primeira edición: 7:30 – 9:00 horas: Madrugadores (este ano garántese con independencia do número de inscritos). 9:00 – 9:15 horas: Entrada e