Preinscricións en actividades
Ao longo dos próximos días iranse confirmando as preinscricións de actividades e renovacións. Lembrarvos que aínda hai moitas familias que non seguiron correctamente as instrucións de inscrición. Revisade en especial os seguintes puntos: Todo alumno nalgunha actividade debe estar inscrito no SEGURO de forma obrigatoria Todo alumno débese inscribir nunha das opcións de MATRÍCULA en función do número de actividades inscritas Toda familia que asista a algunha actividade ou comedor debe estar inscrita en RENOVA, pola contra aplicaránselle os prezos de non socios en todos os servizos Lembrarvos que os cargos se farán a partir de outubro, nunca antes. As preinscricións confirmadas con estado “Inscrito” garanten a praza na actividade, a condición de que a actividade non se cancele por falta de alumnos. As que estean en estado “Lista de espera“ poderán chegar a confirmarse na medida na que outros alumnos inscritos déanse de baixa. Nestes momentos temos as seguintes actividades