Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

BECAS COMEDOR 2022/2023

  Estimadas familias, Este mércores 23 de febreiro do 2022, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023, para o alumnado de centros escolares nos que se imparta segundo ciclo de educación infantil, primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e conten cun comedor autorizado pola consellería competente. O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo, ambos incluídos. Deixámovos toda a información nas seguintes ligazóns BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA. : Sede electrónica Web servizos sociais

ENTROIDO NO CEIP EMILIA 2022

 Boas familias, Así será a semana do entroido no noso colexio. Teremos unha semana chea de festa guiada polo noso mariñeiro Fiz, que dende a entrada do cole iranos dicindo o que temos que traer ata o xoves. Teremos unha merenda especial ese día convidados pola ANPA, o xoves choqueiro en Infantil e, o venres, encheremos o centro cun "mar de disfraces" rematando cun desfile na pista de baloncesto, se o tempo nolo permite e sempre coas medidas anti covid axeitadas ao noso protocolo. Que dé comezo a festa co primerio mandadiño!!!!!

COCLO DE CONVERSAS DO 8M

Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, convídannos a participar no ciclo de conversas que se desenvolverán no marco da campaña do 8 de marzo, “Día Internacional das Mulleres”: Luns 7 de marzo con María Montesino: “Construción social da identidade, imaxinarios sobre a vellez e historias de vida”. Mércores 16 de marzo con Tiffany López e Zinthia Álvarez: “Arte e educación: referentes e diversidade étnico-racial para a transformación social”. Luns 28 de marzo con Mara Jiménez(Croquetamente): “Corpos diversos: aceptación dos corpos e estabilidade emocional”. A primeira conversa será con María Montesino (Licenciada en Socioloxía pola Universidade de País Vasco). Terá lugar o luns, 7 de marzo, en horario de 19:00h a 20:30h, no salón de actos do Centro Cívico Os Mallos ( Av. de Arteixo, 147 ). Prazas limitadas. Acceso por orde de chegada ata completar aforo.

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO 2022/2023

Empeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro ano académico 2022-2023. Pódese consultar toda a información no seguinte documento: ADMISIÓN NOVO ALUMNADO Acceso web: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

PORTAS ABERTAS 2022

Este ano as visitas ao centro serán, previa cita, a semana do 21 de febreiro (de luns a xoves) en xornada de tarde. A cita pedirase chamando ao teléfono 981 276 781 de 9:00 a 14:00. Toda a información na  páxina do colexio Emilia Pardo Bazán Pódese visitar tamén dende a  páxina do Concello ¡COÑÉCENOS! Resumen servicios AMPA Milnenos 2022 (PDF) Más información AMPA

ENTROIDO 2022

  Estimadas familias. Achégase o Entroido, e este ano, como todos os anos tiñamos que celebralo co noso alumnado, xa que bastante rutineira está a ser esta pandemia para a nosa infancia. Temos  que poñer algo de cor, un chisco de ilusión e un pouquiño de humor á situación actual, por suposto respetando  as normas impostas polo noso Plan de continxencia.  O venres 25 de febreiro celebrarase o entroido no centro. A temática dos disfraces será o mar con todas as súas posibilidades: flora, fauna, profesións, seres  mitolóxicos, deportes mariños.... Este día os nenos e nenas que queiran poderán vir disfrazados de casa. Durante os días previos ao entroido, do día 21 ao 24, haberá “ mandadiños”  acumulativos.  O Meco mandaranos cada día o que debemos levar. Estade atentos ás instrucións nas nosas redes sociais e avisos de clase.

OS PERIGOS DO PLÁSTICO NO MAR.

Estes días o noso alumnado estivo traballando sobre a importancia de reducir e evitar o uso de plástico sempre que poidamos. Nas nosas aulas están a ver pequenos cambios; cambios a botellas de auga reutilizables, bolsas ou tuppers en lugar de envoltorios de plástico, máis comida caseira e menos mercada envolta en plástico, etc. Para esta actividade investigan sobre os perigos do plástico no mar, posto que o noso centro está no paseo marítimo da Coruña. Para isto fixeron redacións co que máis lles impactou, fixeron debuxos e mesmo fixeron  peixes con botellas de plástico simbolizando a cantidade de lixo que hai no mar. Máis información na  páxina web do cole.