Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

SERVIZO DE CAMBIADORES

Xa temos para o vindeiro curso 2022/23, como novidade o servizo de cambiadores para todas as crianzas que o precisen. Vaise xestionar a través de Jardanay, terá unha cota fixa mensual de 10€ e unha cota de intervención de 2€, e non se precisa número mínimo de inscricións. O único requisito que se precisa é que a familia que o solicita deberá ser socia da ANPA.

CICLOS PROMOCIÓN A LECTURA

Dende a biblioteca do EPB, presentan un ciclo de actividades de promoción da lectura dirixido ás familias do centro dentro do programa de "Lectura e familia" ano que este centro foi incluído.  Estas actividades desenvolveranse nos espazos da biblioteca e comenzarán o próximo 31 de marzo con  Cristina Novoa . A través de "Sobre lectura e crianzas. Claves e recursos" permitirá "estimular o gusto pola mediación lectora entre adultos responsables de nenas ou nenos, no contexto familiar, con aproveitamento dos recursos que o medio máis próximo facilita, como a propia biblioteca escolar, entre outros.  Actividade dirixida a nais ou pais, avoas ou avós da comunidade educativa, con crianzas de infantil ou primaria, interesados no fenómeno da lectura e no seu papel de formadores dos pequenos lectores e lectoras." A inscrición para esta primeira sesión realizarase a través deste   formulario . O aforo é de 20 persoas, aquelas que desexen anotarse posteriormente

RECOLLIDA MATERIAL SANITARIO UCRANIA

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

Xa empezou o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro ano académico 2022-2023. Pódese consultar toda a información no seguinte documento: Documento de proceso de alumnado 2022-2023 Proceso de admisión