Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

ABERTO PLAZO SOCIOS E SOCIAS 2024/25

Xa está aberta a aplicación para facerse socios e socias para o vindeiro curso!  Lembramos que é requisito para utilizar os servizos que prestamos.  E se non precisas ningún servizo pero *si queres* mellorías no cole...   Xa sabes, faite soci@!!

APARELLOS DE LABRANZA

 Exposición no colexio de aparellos de labranza, feitos a man por Aquilino, un artesán que con as súas mans fixo todas estas marabillas.

LETRAS GALEGAS 2024

Coma cada ano toca vídeo especial polo día das LETRAS GALEGAS. Este ano, quixemos que os participantes foran persoas coñecidas e moi especias para o noso alumnado. Grazas a todas as familias que tan amablemente sacástedes un pedaciño do voso tempo para axudarnos. Grazas a Jana , a nai de Adriana e Alejandro por facelo posible. ¡FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Campamentos SEROCIO VERANO 2024

Fechas: Semanalmente (de luns a venres) do 25 de Xuño ao 31 de Agosto. (opción Setembro) Escolle a semana/as que necesites! Horario: Campamento: de 9:00 a 14:00 Madrugadores: desde las 7:45 Comedor: ata as 16:00 * Nalgunha sede haberá horario ampliado ata as 18:00 Sedes: - Ceip Alborada (a sede de María Pita non está disponible por obras con amianto, e por seguridad cambiamos a unha sede preto con espacios ao aire libre) - Calaparc Rosales (Local na plaza eliptica de Los Rosales) - Calaparc ARTY (en Panaderas) - Albergue de Santa Cruz - Ceip Zalaeta - Ceip Labaca - Centro Social Sagrada Familia - Colegio Santo Domingo FESD (Dominicos) - Ceip Cidade Vella - Ceip Labaca - Ceip Juana de Vega - Ceip Valle Inclán - Máis sedes próximamente según vaian confirmando as ANPAS IMPORTANTE: Se a túa sede non está, busca unha preto e despoja poderás facer o cambio sen problema Precio : Precio Semana: 69€ con opción a 20% de descuento. (ver abajo) Precio Día Suelto: 15€ Comedor: 6€ Madrugadores: 4€

Comunicado ENKI

Despois dos problemas que se produciron estes días coa inscrición no campamento ENKI, o seu equipo envíanos o seguinte comunicado: Comunicado ENKI

Campamento ENKI

Xa están abertas as inscricións para o campamento no CEIP Emilia Pardo Bazán. Deixámosvos unhas instruccións: 1. Acceder á páxina web de Tok App Activities ( https://activities.tokapp.net/login ) ou descarga a aplicación móbil "TokApp School” dende a App Store (iOS) ou Google Play Store (Android). Podes atopar a ligazón de descarga na páxina web oficial do campamento ( https://www.enkiproyecto.com/campamentos-inclusivos/ ) 2. Cando sexa solicitado, introduce o código do centro: ENKI. Asegúrate de poñelo en maiúsculas. 3. Completa o formulario de inscrición coa información precisa. Lembra non compartir o código do centro con outras personas, xa que esta semana é de inscrición preferente para alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán. Isto ralentizaría o proceso de inscrición. O 6 de maio abrirase ao público xeral. Dossier do campamento con información completa e Manual de uso da aplicación de inscricións en https://www.enkiproyecto.com/campamentos-inclusivos/ apartado "Más informa

Proceso de admisión do alumnado en centros docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos. Curso 2024/2025

Proceso de admisión para os centros sostidos con fondos públicos. A solicitude presentarase no centro no que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación "admisionalumnado" do portal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. INSCRICIÓNS : Dende o 01/03/2024 ata o 20/03/2024 PÁXINA WEB: www.edu.xunta.gal CONTACTO : Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Departamento Territorial da Coruña. Edif. Adm. de Monelos, R/ Vicente Ferrer, 2 1º andar. 15008 -A Coruña tel.: 981 184 797 / 981 184 787 / 981 184 778 correo-e: inspeccion.coruna@edu.xunta.gal - Nos propios IES e CEIP

FESTA ENTROIDO 2024

O vindeiro venres 9 de febreiro teremos a festa do entroido no pavillón dos Rosais para todas as familias Milnen@s e veciños. Para as familias socias que fagan a solicitude da invitación a través da aplicación, a entrada será de 1€ por adulto e de 0,50€ para a cativada. Terán que ensinala na entrada do recinto. Se non se ensina e para familias non socias, o prezo será de 2€ por adulto e 1€ por neno ou nena. (É obrigatorio que a cativada estea acompañada dunha persoa adulta. Unha persoa pode estar ao cargo de varios nenos e nenas). As entradas mercaranse directamente alí, no pavillón. Está totalmente prohibido comer e beber dentro do recinto. Serviremos chocolate e biscoito nunhas mesas que habilitaremos fora do pavillón. Non está permitida a entrada ao recinto sen calzado deportivo. Esperámosvos