En reunión da directiva do día 29/08/2020, decidimos por unanimidade atrasar o inicio das actividades extraescolares a outubro. Os servizos de comedor e de madrugadores, se non hai novidades, comezarán o primeiro día de clase.
Toda a información sobre esta complicada decisión tédela no informe adxunto.
Comunicado de atraso do inicio das actividades extraescolares
Dado que as inscricións non terán efectos económicos en setembro, agradeceriámosvos realizar as inscricións nas actividades extraescolares para outubro canto antes.
Moitas actividades ofertadas aínda non conseguiron mínimos, polo que necesitamos pechar os grupos antes do 15 de setembro para formalizar cos provedores o seu inicio e poder confirmarvos as inscricións.
Como sempre, iremos mantendo informados no blogue. Pedímosvos que leades o apartado COVID, onde atoparedes a información detallada de todo.
Apertas e moito ánimo!
O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr