Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

Alta extraordinaria para familias beneficiarias de beca comedor Concello A Coruña

Hoxe martes 27 de outubro o  Concello da Coruña anunciou a publicación da listaxe  predefinitivo das bolsas comedor. É unha boa noticia para todos os afectados. Pensando naquelas familias que estaban a esperar á resolución para apuntarse ao comedor, dado que o prazo para incorporarse o 1 de novembro xa expirou (o pasado 26 de outubro),  Jardanay decidiu abrir durante uns días un período de alta extraordinaria para que estas familias poidan apuntarse se queren. Achegámosvos unha circular con información sobre o proceso. Como resumo, dicirvos que o prazo para apuntarse será de mañá 28 de outubro (ao redor das 10 h) ata a noite do día 1 de novembro, a data de incorporación é o 9 de novembro (necesitamos eses días para tramitar as solicitudes e organizar a incorporación) e, no caso de que non houbese sitio físico no comedor, infórmase as familias da opción de menú para levar de  Jardanay en casa. Circular coa información de Jardanay

Cambios na Asemblea do xoves

DÍA: Xoves 29 de outubro do 2020 HORA: 19:00 en primeira convocatoria. 19:15 en segunda convocatoria A Asemblea será en formato exclusivamente telemático . ASISTENCIA TELEMÁTICA: A través da ferramenta Google Meet. As admisións de solicitudes de conexión á videoconferencia serán entre as 18:50 e as 19:15. Ligazón á videoconferencia: https://meet.google.com/nsg-etsm-ard ORDE DO DÍA: 1.- Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas, proxectos e adaptación ao  COVID 2.- Comedor, madrugadores, campamentos e actividades extraescolares. 3.- Información sobre subvencións solicitadas e recibidas. 4.- Estado das contas do ANPA. 5.- Aprobación da convocatoria de eleccións para a renovación da directiva da ANPA Milnenos . 6.- Rogos e preguntas

Melloras na contorna do CEIP Emilia Pardo Bazán

Estivemos traballando con A.N.C.A.S. e o CEIP para tratar o tema de seguridade das familias nas entregas e recollidas debido ao tráfico nas horas críticas. Por iso, achegámosvos unha breve enquisa para ter a opinión de todos e todas. Só vos levará un minuto cubrila. Grazas! Ligazón á enquisa

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 29/10/2020

DÍA: Xoves 29 de outubro do 2020 HORA: 19:00 en primeira convocatoria. 19:15 en segunda convocatoria A Asemblea será en formato mixto presencial e telemático. ASISTENCIA PRESENCIAL: No Salón de Usos Múltiples do CEIP Emilia Pardo Bazán. Necesaria solicitude previa por correo a milnenos@gmail.com por motivo de aforos. ASISTENCIA TELEMÁTICA: A través da ferramenta Google Meet. As admisións de solicitudes de conexión á videoconferencia serán entre as 18:50 e as 19:15. Ligazón á videoconferencia: https://meet.google.com/nsg-etsm-ard ORDE DO DÍA: 1.- Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas, proxectos e adaptación ao  COVID 2.- Comedor, madrugadores, campamentos e actividades extraescolares. 3.- Información sobre subvencións solicitadas e recibidas. 4.- Estado das contas do ANPA. 5.- Aprobación da convocatoria de eleccións para a renovación da directiva da ANPA Milnenos . 6.- Rogos e preguntas