Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

Campaña de Inverno-Esquí da Diputación de A Coruña

Os participantes neste programa poderán disfrutar de 4 días con aloxamento e manutención, ademais de cursos de esquí na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense). Idades: Nacidos en 2003, 2004, 2005, 2006, 2007 Lugar: Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) Datas: Do 16 ao 19 de febreiro de 2018. A entrada na estación será o venres pola mañá, (para chegar a comer na estación), e a saída o luns despois da comida na estación. Prazas: Serán as outorgadas e publicadas pola Deputación da Coruña. (Están pendentes de confirmar, pero non afecta dado que se sorteasen, de todos os xeitos prevese que nuns días comuníqueo e subirase á web a información) Prezo: 85€ no número de conta que indique a Deputación da Coruña, só se fará efectivo unha vez confirmada a praza. Lugar: Estación de Cabeza de Manzaneda (Ourense) FORMULARIO DE SOLICITUDE DE PRAZA- Preinscrición - Non é necesario presentar ningunha ficha de inscrición, só cubrir os datos do formulario - Ata o 16 de xa

A Hora do Código. Facultade de Informática. Sábado 16 de decembro

O vindeiro sábado 16 de Decembro ás 12:00, a Universidade da Coruña (UDC) organiza A Hora do Código UDC 2017, un evento destinado a nenas e nenos de 8 a 14 anos co obxectivo de que se inicien na programación de ordenadores dunha forma amena, divertida e directa. De feito, este evento denomínase A Hora do Código porque ten unha duración exacta dunha hora. A Hora do Código ( https://hourofcode.com/es ) é unha iniciativa de code.org, unha organización pública sen ánimo de lucro dedicada a promover as Ciencias da Computación en escolas e institutos, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar. A Hora do Código UDC 2017 ten o mesmo obxectivo didáctico que o evento global: ensinar aos nenos e nenas conceptos fundamentais de programación mediante ferramentas gráficas baseadas en bloques que poden realizar unha acción concreta como mover un personaxe nunha escena ou debuxar unha forma. Pero ademais, o noso event

I Festival Solidario de Nadal Club Rítmica Millenium o 17 de decembro

O domingo 17 de decembro, ás 18:00, no pavillón municipal dos Rosales. As ximnastas das escolas e colexios realizarán unha breve exhibición de temática do Nadal cos contidos aprendidos durante estes meses de inicio do curso. Durante o evento realizarase unha recollida de xoguetes, libros, contos, comida, etc. que serán doados á ONG Equus Zebra.

Campamento de Nadal

Como xa sabedes comezou o prazo ordinario na aplicación para a inscrición en liña no campamento de Nadal de Fedapas co Anpa/CEIP Emilia Pardo Bazán. Os inscritos en liña deberedes pasar polo local do ANPA para formalizar a inscrición atendendo ao seguinte: Horario: 4 e 5 de decembro (9:00-9:30 e 16:00-17:00). 11,12,13 de decembro (9:00-9:30 y 16:00-16:30) Documentación a entregar: formulario dispoñible no local Facer o pagamento do servizo ou indicar que se pagará por transferencia Período de campamento: Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro Prezos para TODO o período (separamos en 2 semanas a inscrición en liña por se fose de interese para permitir máis participantes pero cobrarase o mesmo asistindo unha semana ou as dúas): 25 euros por actividades (10:00-14:00) 20 euros por madrugadores con almorzo (8:00-10:00) 10 euros por madrugadores sen almorzo (8:00-10:00) 40 euros por comedor (14:00-15:30) Formulario de FEDAPAS e información adicional

A educación a debate: deberes escolares

O vindeiro día 4 de decembro, de 19 a 21 horas, dará comezo unha actividade programada desde o CFR: “A educación a debate”. O lugar será o salón de Actos do Edificio da UNED ( Rúa Educación nº 3 A Coruña) A actividade consiste en 6 sesións ao longo do curso na que se tratarán diversos aspectos xerais e de actualidade sobre a educación e o mundo educativo. A primeira delas tratará sobre a cuestión dos deberes escolares. A asistencia, para este colectivo, é libre ata o límite do aforo (unhas 150 prazas).

27 de novembro: Asemblea Xeral Ordinaria

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ANPA MILNENOS DÍA: Luns 27 de novembro do 2017 LUGAR: Salón de Usos Múltiples do CEIP Emilia Pardo Bazán HORAS: 19:00 en Primeira convocatoria 19:15 en Segunda convocatoria ORDE DO DÍA: Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas e proxectos Comedor, madrugadores e actividades extraescolares. Información sobre subvencións solicitadas e recibidas. Estado das contas do ANPA. Reclamación contratista obras pista inferior de deportes Rogos e preguntas

Primeiro obradoiro da ENP

Este pasado venres e a mañá do sábado tivo lugar a primeira edición do taller de disciplina positiva con María Soto ( https://es-es.facebook.com/educabonito.dp/ ) e coa asistencia de 25 pais e nais do Anpa que tiveron 8 horas de formación en disciplina positiva nas instalacións do SUM do colexio e na aula de cociña que nos cedeu o Centro Comercial Os Rosales Foi unha experiencia estupenda que nos reafirma no proxecto de ENP, e que continuará cos talleres deste próximo xoves 16 e venres 17, e coa formación que seguirá ata mediados de xaneiro.  Para abril-maio quedarán as posibles novas edicións (condicionadas pola dispoñibilidade de María Soto)

Capoeira: III Taller Brasil en Cambre os días 17,18 e 19

O Grupo Iande Capoeira nos comunica que os vindeiros días 17, 18 e 19 de novembro terá lugar en Cambre o III Taller Brasil, coa formación como contramestre do profesor Tico e cambios de nivel dalgúns alumnos/as. Máis información no cartel e na folla informativa.

Cambio de menú no comedor para o xoves e venres

Para os días 2 de Novembro e 3 de Novembro, o menú viuse modificado. O cambio só afecta ao segundo prato intercambiándose entre si, polo que os nenos e nenas poderán gozar do seguinte menú: Xoves 2 de Novembro: 2º Prato: Pito asado (a guarnición non sofre cambios). Venres 3 de Novembro: 2º Prato: Hamburguesa de porco (a guarnición non sofre cambios).

Primeira charla da ENP

Onte tivo lugar a primeira charla da ENP con éxito de participación e contido.  Máis de 80 nais e pais (o 100% dos inscritos/as) asistiron ao comezo da escola do Anpa Milnenos en colaboración co CEIP e a ONG Axuda en Acción. Durante hora e media María Soto expuxo de forma distendida ás familias presentes os principios da disciplina positiva e preparou o camiño para os obradoiros que terán lugar nas próximas semanas, como podedes comprobar no apartado do blogue dedicado á ENP Asímesmo máis de 30 nenos e nenas desfrutaron do servizos de "canguros" que o Anpa puxo a disposición das familias.

Volta ao Cole (CON GALERIA DE FOTOS PRENSA)

Hoxe venres os nosos nenos/as están de andaina solidaria. Ánimo a todos e grazas á Fundación Unaentrecienmil por organizalo. Información do CEIP Emilia Pardo Bazán sobre o evento na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/652 Conscientes da importancia da investigación, o Anpa Milnenos realizou unha contribución adicional á de cada participante, transferindo á entidade organizadora 1 euro por cada socio/a do Anpa NOTICIA LA VOZ DE GALICIA: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2017/10/20/vuelta-cole-dia/00031508519350552372206.htm# GALERIA DE FOTOS DE "OPINIÓN DE A CORUÑA": http://www.laopinioncoruna.es/multimedia/fotos/a-coruna-metro/2017-10-20-106119-tres-colegios-corua-corren-contra-leucemia.html

Cambio menú Jardanay venres 13 de outubro

Jardanay informa: Para o vindeiro venres 13 o menú viuse modificado afectando só á guarnición do segundo prato, polo que os nenos e nenas poderán gozar de: -          2º Prato: Bacallao á romana con ensalada de tomate

ACTUALIZADO LISTEN & SPEAK información CURSO 2017/2018

INFORMACIÓN LISTEN & SPEAK: LISTADO ADMITIDOS LISTEN & SPEAK: Na ligazón (pág 3 do pdf) podedes comprobar os admitidos do grupo de 3º e 4º de Primaria que COMEZA o xoves día 5 de outubro ás 16:00 horas (en principio na aula de xadrez do cole azul)   http://www.edu.coruna.es/es/portada/noticias_del_servicio_municipal_de_educacion/a_coruna_linguas_listen_and_speak_en_primaria Esta actividade coordínaa o concello (e hai que inscribirse na súa web) e o Anpa só reserva aulas para levala a cabo se alcanza o mínimo de alumnos/as: https://www.edu.coruna.es/coruna_educa_familias/listen_and_speak/ O vindeiro luns 11 empeza o curso e abriremos novamente o local. Nesta entrada publicaremos algunha información relevante: NORMAS DE ACCESO ÁS ACTIVIDADES: (PENDENTES DE ACTUALIZAR aínda que os espazos de realización das actividades e lugares de entrega e recollida de alumnos/as coincidirán case totalmente cos do ano pasado) ACTIVIDADE DE PISCINA (3º E 4º DE PRIMARIA) A inscri

ACTUALIZADA LISTA DEFINITIVA axudas comedor Concello Coruña

LISTA DEFINITIVA AXUDAS CONCEDIDAS E DENEGADAS: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0eklrYkQ1dDVQOUFlVENoLUxfQW9uX3pvbWs4/view?usp=sharing Na seguinte ligazón publícanse as listas de concesión provisional de bolsas comedor do Concello de Coruña: https://www.coruna.gal/descarga/1453628738737/Lista-provisional.pdf De acordo coa información que traslada o concello: " As persoas que aparezan nesta listaxe, deberán pasar polos centros cívicos a recoller o ANEXO 2. Este ANEXO, chegará ao longo da mañá a todos os centros cívicos.  O prazo para recollelo no centro cívico e levalo ao comedor será de 10 días hábiles ( do 11 ao 22 de setembro incluídos). Estas persoas poderán empezar a comer o luns día 11. As familias que non estean nesta listaxe, están pendentes de valoración e non saberán se teñen a bolsa concedida ou denegada ata  dentro de 2 semanas ( aprox o 20 de setembro) que esperamos ter a LISTA DEFINITIVA TOTAL, e ata esta data non teremos ningunha in

torneo 3*3 CD Os Rosales

El fin de semana del 23 y 24 de septiembre, celebraremos los torneos del 3x3 de Los Rosales. En Basket será la Octava (8ª) edición y en Fútbol Sala, la Quinta (5ª). Esta edición esperamos ser un "Torneo Inclusivo" ya que la inscripción está abierta para personas con discapacidades.                                Ya está abierto el plazo para apuntaros.  Tenéis hasta el 18 de septiembre a las 23:59 horas para inscribiros.                    Bases del VIII 3x3 Basket Los Rosales 2017 Bases del V 3x3 Fútbol Sala Los Rosales 2017             Las inscripciones se harán a través del correo electrónico  rosales3x3@gmail.com   por riguroso orden de llegada. R ecordaros que los menores de edad tendrán que firmar también su padres/madres/tutores, tal y como recogen las bases de los dos torneos.

CURSO 2017/2018: Altas e renovacións

ALTAS: No horario do local (LUNS E XOVES) dende o luns 12 de xuño poderá realizarse a alta de novos socios/as ata o 23 de xuño (tamén en setembro no horario que se informará no BLOG do Anpa). Tamén se pode facer “on line” remitindo a milnenos@gmail.com o seguinte impreso cuberto (CON TODOS OS DATOS CUBERTOS AGÁS A LETRA E TITOR/A DA CLASE SE NON SE COÑECE):       https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0YmxRcnd3ZXlQVXc/edit Lembrade que o vindeiro curso os socios/as do Anpa pagarán un prezo inferior en comedor. COMEDOR Os trámites de comedor previsiblemente tamén se poderán facer on line para o curso 2017/2018 a través de un formulario web que está desenvolvendo Jardanay dentro do novo contrato e que previsiblemente estará dispoñible a finais de xuño. Os presos publicaranse nas vindeiras semanas pero como referencia tede en conta os seguintes para comedor na modalidade de fixo: FAMILIAS SOCIAS DO ANPA: 74,25 euros/mes FAMILIAS NON SOCIAS: 82,50 euros/mes

Cambio no menú do día 23

Jardanay informa sobre un cambio no menú para o venres 23: 1º PLATO: ENSALADA VARIADA 2º PLATO: PIZZA ARTESANA DE XAMÓN E QUEIXO POSTRE: CHOCOLATINA

Semana de exhibicións

VENRES 23 DE XUÑO: Baloncesto: P artidos de pais/nais contra fillos/as: INICIACIÓN E BENXAMÍN, venres 23 de xuño de 16 a 18 hs Balonmán: Partidos de pais/nais contra fillos/as, venres 23 de xuño de 16 a 17 hs Patinaxe: venres 23 de xuño ás 16:00 (grupo 4 a 5) venres 23 de xuño as 17:00 (grupo de 5 a 6) Capoeira: venres 23 de xuño ás 16:00 (grupo 4) venres 23 de xuño as 17:00 (grupo de 5 a 6)

Campamento MILNENOS: 17-31 de xullo/1-8 de setembro

Finalizado o prazo de inscrición exclusiva para socios/as do Anpa onte venres 16, ábrese o prazo agora tamén para non socios/as e alumnos doutros centros. PROGRAMA CAMPAMENTO:  https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0dGZJWUhDekZjWE4zTnowWjJvX2wzZ2xHQjhv/view?usp=sharing Na seguinte ligazón podedes descargar o boletín que debedes enviar cuberto a milnenos@gmail.com ingresando previamente o importe que corresponda na conta do Anpa que se indica no boletín: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0OVFmUDVJa280S2M/view?usp=sharing O envío do boletín non se considera inscrición ata que se formalice o ingreso, tendo como data de inscrición a de ingreso. As datas límite de inscrición son: - Para as semanas do 17 ao 31 de xullo: o venres 14 de xullo - Para a semana do 1 ao 8 de setembro: o mércores 30 de agosto No blogue publicaremos tamén cando se esgotan as prazas, non aceptando a partir dese momento ningunha inscrición adicional

Calendario e Información das exhibicións de fin de curso (cambios e novas datas - graduación 6º)

FESTAS DE FIN DE CURSO (en horario de mañá e só para alumnos/as): Día 19: INFANTIL Día 20: PRIMARIA VENRES Día 23!!!!!!: FESTA DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA Datas das EXHIBICIÓNS (posibilidade de asistir as nais e/ou pais) A.- As actividades do Concello rematarán o venres 16 de xuño. B.- As actividades do Anpa continuarán ata o VENRES 23 de xuño (incluído). C.- As Exhibicións de CLAUSURA (e partidos de pais/nais contra fillos/as en fútbol e baloncesto) serán nas seguintes datas, no horario habitual da clase: 1.- Fútbol Iniciación: luns 19 de 16 a 18 hs 2.- Fútbol Benxamín: mércores 21 de xuño, de 16 a 17h 3.- Fútbol Alevín: mércores 21 de xuño, de 17 a 18h 4.- Baloncesto: Partidos de pais/nais contra fillos/as:  ALEVÍN, martes 20 de xuño de 17 a 18 hs Partidos de pais/nais contra fillos/as: INICIACIÓN E BENXAMÍN, venres 23 de xuño de 16 a 18 hs 5.- Balonmán: Partidos de pais/nais contra fillos/as, venres 23 de xuño de 16 a 17 hs 6.- Ximnasia:

9 de xuño: Xornada de comprensión lectora

FEDAPAS INFORMA Dende a Biblioteca Municipal Ágora, poñémonos en contacto con vostedes, para informarlles, por si fora do seu interese,  da realización das xornadas de Comprensión Lectora que se celebrarán o vindeiro día 9 de Xuño de 2017, coincidindo coa presentación do novo centro de interese "LEOBEN": unha colección de documentos localizada na sala infantil da Biblioteca Municipal Ágora que recolle documentos relacionados coa comprensión lectora e coas dificultades máis comúns detectadas na aprendizaxe da lectura. Está indicado para nenos e nenas con dificultades á hora de ler, para as familias e para aquelas organizacións, asociacións e entidades relacionadas con este tema. O centro de interese procura dar visibilidade e aportar normalidade ante problemas de comprensión lectora, tanto os motivados por diversos factores emocionais e madurativos como os  intrínsecos á persoa.   A biblioteca traballa en  colaboración coas persoas, familias, entidades e centros educativos

12 de xuño: xornada de portas abertas da actividade de piscina

Infórmasevos que a semana do 12 ao 15 de xuño terminará a Campaña de Natación Escolar. Como é habitual, o último día, farase a xornada de portas abertas para que poidan asistir os pais e nais que o desexen. De todos os xeitos infórmase que os pais e nais non poderán utilizar o bus. Lémbrasevos que o horario é de 17.00 a 17.45

Festa Voz Natura en Acea de Ama o sábado 3 de xuño

O sábado 3 de xuño é a data elixida para celebrar o 20 aniversario do programa ambiental Voz Natura no parque de Acea de Ama, en Culleredo. A festa será especial, xa que ademais de celebrar o fin de curso, conmemorarase o nacemento en 1997-1998 do programa de educación ambiental de La Voz de Galicia desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Máis información na seguinte ligazón:  http://www.voznatura.com/fiesta/index_con_video.php?idseccion=11

Torneo de xadrez no Centro Comercial Los Rosales

INFORMACIÓN AGAX: Achegamos información do torneo de xadrez que vai ter lugar o vindeiro venres e sábado no Centro Comercial Los Rosales. O ano pasado participou algún dos alumnos do Colexio e mesmo un profesor que quedou nos primeiros postos. A proba é das poucas que quedan totalmente gratuítas e pola división por idades e proximidade ao centro parece moi recomendable para os alumnos. A información para anotarse está en  www.palaestra.net CARTEL:  https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0Yldab3cwd0VVWndicFl4aS1kS2NfaDZtdUhJ/view?usp=sharing CATEGORÍAS E HORARIOS:  https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0T294QldGd3NZc3hLOFBVM0duUlphVllvVl9r/view?usp=sharing

Instituto Español de Oceanografía: 27 de maio Xornada de portas abertas

A Xornada de Puertas Abertas que realizan no Centro Oceanográfico da Coruña será este sábado 27 Pode ser unha visita interesante para as familias, con exposicións, un pequeno acuario con especies da nosa ría e área infantil. Entre as actividades haberá un concurso de debuxo, e outro de reciclaxe de lixo mariño (animámosvos a que estes días recollades lixo das nosas praias e fabriquedes calquera xoguete ou elemento decorativo que se vos ocorra). En ambos os concursos haberá premios para os mellores!!!! 

Información sobre o fondo solidario de libros para o curso 2017/18

ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170522/AnuncioG0164-120517-0005_gl.html

Información Fedapas: Avaliación de 3º PRIM

RESOLUCIÓN do __ de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria e da avaliación: https://www.edu.xunta.gal/ portal/sites/web/files/6ep_ resolucion_8_maio_2017_ avaliacion_ep.pdf Comunicado sobre a proba de avaliación: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0OWRubDc0VEdlaGZET2hwcjRiUy1UWF9feWxR/view?usp=sharing Documento para xustificación de ausencia: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0S1BtVkJBSXhVZnpiVnFFYUx1T25ZUmk3dmpv/view?usp=sharing Comunicado 19 de maio da Plataforma en defensa do ensino público: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0ZXNQUEJEZzRvY0gxY3BVeEJHSlpjTHJwTU1z/view?usp=sharing

Festas Barrio Rosales. Mercadillo

A fin de semana do 26 ao 28 de maio son as festas do barrio e haberá a III edición do Mercadiño Deixamos os enlaces que nos envía AVDC Os Rosales: BASES RASTRILLO: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0V2VHalM1WnpkeVJTN3BLRXY5N2lIRTN6SEFz/view?usp=sharing SOLICITUDE RASTRILLO:  https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0Tk95UXFnZE54REJmdzJGMjdfdnhNa0ZROThr/view?usp=sharing

Imaxes e vídeos da XXI Mostra de Actividades

Moi bóa representación dos nenos e nenas de Baile galego e pandereta Deixámosvos o enlace ás dúas actuacións (gracias os pais e nais que os acompañaron e autorizaron a posibilidade de publicar as imaxes): Pandereta: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0Wk42SGUyYjNudm8/view?usp=sharing Baile:  https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0WWlXNFhvUmU1a1k/view?usp=sharing

Teléfono do Anpa "parado" uns días

Como consecuencia do cambio de cartón SIM do móbil do Anpa, estaremos sen "servizo" un par de días. Lembrámosvos que podedes chamar ao número dos encargados de AAEE e de comedor para calquera consulta

21 de maio. Día da bici. ANCAS Stop accidentes

INFORMACIÓN DE ANCAS: A.N.C.A.S.  Y  DECATHLON   TE INVITAN A LA GRAN “FIESTA DE LA BICI- DECABIKE 2017” PARA DESPEDIR EL CURSO DE SEGURIDAD VIAL EN BICI El próximo DOMINGO 21 DE MAYO DE 2017, los 11 centros escolares que participan en el programa camino escolar A.N.C.A.S. están invitados a unirse a la nueva edición del Decabike “La Fiesta de la Bicicleta” como clausura del curso escolar de movilidad sostenible y bienvenida al buen tiempo. Una fiesta ciclista para toda la familia (pequeños y mayores), pueden participar los que se inician en la bici y hasta los que compiten. Es un evento de convivencia sobre dos ruedas por las calles de nuestra ciudad. Arropados por los clubes ciclistas de la ciudad,  Decathlon   nos prepara una   ruta de 7km con salida y llegada en la zona del Obelisco a partir de las 10am . Al término del recorrido, podréis disfrutar de avituallamiento, cortesía de  Decathlon , y de numerosas actividades para todos los públicos para completar la fi

Programa Bolsas Comedor Concello Coruña

INFORMACIÓN FEDAPAS  Hoxe 8 de maio de 2017, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2017-2018. O prazo para solicitalas será   do 9 ao 30 de maio , ambos os dous incluídos. Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais ( www.coruna.es/ serviciossociales ), ou na páxina web da sede electrónic a  ( https://sede.coruna.gob.es/ opensiac/action/tramites? method=enter#l242 ). As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais ( www.coruna.es/ serviciossociales ), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

XXI Mostra de Actividades Culturais. Forum metropolitano

Do mércores 11 ao sábado 13 ten lugar a XXI Mostra de actividades culturais nas que este ano novamente participa o Anpa Milnenos  coa colaboración de Asociación Son D'Aquí coas seguintes actividades o venres 12 de maio entre as 17:00 e as 18:00 horas : - Pandereta - Baile Galego Deixamos unha ligazón ao tríptico para os que esteades interesados/as en asistir: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0cXI5RU13X0JUQjAzS3NybUhPUExuUTVCQzhv/view?usp=sharing

27 de maio: Festa da Anpas en Gandarío

O Anpa Milnenos acudirá en dous autobuses a disfrutar da fiesta organizada por Fedapas dende as 10:00 ata as 18:00 en Gandarío (as familias inscritas recibirán a información de horarios dos autobuses contratos polo Anpa nuns días)

Cambio menú 2 e 3 de maio

O menú para os días 2 e 3 de maio será o seguinte: -            Martes : Escalopíns de porco con arroz ao forno. -            Mércores: Polo guisado con ensalada de leituga e tomate.

Menu comedor 3º trimestre

De seguido deixámosvos o menú do 3º trimestre: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0SjhHZWppbENLTXU1dFRJTllnU1ZtU3RObnNz/view?usp=sharing

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA: 19 de abril

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ANPA MILNENOS           DÍA:   MÉRCORES 19 de abril de 2017 LUGAR:  Salón de Usos Múltiples do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán HORA:              18:15 en primeira convocatoria                         18:30 en segunda convocatoria ORDE DO DÍA: 1.- Nomeamento da nova Xunta Directiva. 2.- Rolda de intervencións.

ELECCIÓNS 2017: publicación de lista definitiva de candidatos/as

Toda vez que non se teñen presentado reclamacións, a lista definitiva queda así: Catuxa Oviedo Pérez Juan José Villar Freire Isaac Manuel González Gutiérrez Jacinto Álvarez Somoza Ana María Vázquez Fernández Eva González Souto Pablo Peteira Otero Marcelo Chouza Insúa Sara Cainzos Cuenca Previsiblemente despois das vacacións de Semana Santa (o martes 18 de abril ou mércores 19 de abril) farase a Asemblea onde tomará posesión dos seus cargos a nova xunta directiva resultante das eleccións.

Elecciones 2017: Lista provisional de candidat@s presentados

O venres, día 24 de marzo, acabou o prazo de presentación de candidaturas para a renovación da xunta directiva do Anpa. Finalmente hai 9 candidat@s integrados todos na mesma candidatura (denominada "Directiva 15/17"). A lista provisional queda así: Catuxa Oviedo Pérez Juan José Villar Freire Isaac Manuel González Gutiérrez Jacinto Álvarez Somoza Ana María Vázquez Fernández Eva González Souto Pablo Peteira Otero Marcelo Chouza Insúa Sara Cainzos Cuenca Moitísimas grazas a tod@s por animarvos a presentar as vosas candidaturas. Así a continuidade do Anpa e todos os servizos que ofrece quedan garantidos. Como finalmente hai máis de 7 candidat@s pero todos integrados na mesma candidatura, NON TEMOS que convocar eleccións. O calendario para formar nova directiva é o seguinte: 29-30 de marzo: prazo para presentar reclamacións á lista provisional. 31 de marzo: publicación da lista definitiva.  Previsiblemente despois das vacacións de Semana Santa (o martes 18

Xornada Confapa: Menores e o seu mundo dixital

Confapa informa da temática da xornada que leva por título " Menores e o seu Mundo Dixital " e que está organizada por CONFAPA-GALICIA para o vindeiro  sábado día 1 de abril no Hotel NH da Coruña seguindo o   esquema que adiantamos:  Na primeira parte intervirá da Asociación AtlaTics que falará de pautas e recomendacións no ámbito familiar e despois da pausa o punto de vista legal de  Pintos&Salgado,  despacho de avogados especialistas en dereito informático.O que pretende é que os pais/nais  escoiten de primeira man   que sí e que non poden/deben facer . Está aberta a todos/as, non soamente ás xuntas directivas como en outras ocasións. Cada persoa interesada poderase inscribir na ligazón  goo.gl/gmDmt1    ou chamando ao teléfono 981 20 20 02 . Prazo límite o venres día 31 de marzo e ata completar aforo.                 MENORES E O SEU MUNDO DIXITAL 09:30 - 10:00 Acreditación e Presentación 10:00 - 11:15 Santi Rey - AtlaTICs. “Meu fillo é dixital…,