Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

APERTURA INSCRICIÓNS CAMPAMENTO ENKI E INFO

Xa temos aquí a información do campamento ENKI que se vai celebrar este verán no CEIP Emilia Pardo Bazán.  Achegamos a información nos seguintes documentos, pero o máis relevante é que mañá é a apertura de inscrición para o alumnado do Emilia, que terá unha semana de prioridade fronte as demáis inscricións, e que tamén disporedes dunha porcentaxe de desconto a maiores só por ser alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán. Información campamento  Información técnica 

COLABORACIÓN TRAXES REXIONAIS.

Para este vindeiro 17 de maio, en colaboración co centro e co seu proxecto de patrimonio material e inmaterial de Galicia, gustaríanos facer unha exposición de traxes rexionais e para iso, pedimos a vosa colaboración. Se alguén de vós ten e quere durante esa semana prestar un traxe rexional para que sexa exposto na entrada do colexio, para deleite de todo o alumnado, por favor, contestade o correo   milnenos@gmail.com e xa imos xestionando. 

ASAMBLEA XERAL

  Convocatoria Asemblea Xeral: xoves 20 de abril de 2023 Remitimos a convocatoria de asemblea xeral extraordinaria e a orde do día, lembrando como sempre a relevancia de asistir para implicarse na ANPA. DÍA: Xoves 20 de abril do 2023 HORA: 19:00 en primeira convocatoria. 19:15 en segunda convocatoria A Asemblea será en formato telemático a través da ferramenta Google Meet. As admisións de solicitudes de conexión á videoconferencia serán entre as 18:50 e as 19:15. Ligazón á videoconferencia: https://meet.google.com/rhz-whim-rvu ORDE DO DÍA: 1.- Aprobación da nova directiva para o período 2023-2025

SORTEO ENTRADAS DEPOR

Outra vez imos de partido!  A ANPA @milnenos en colaboración có Real Club Deportivo Da Coruña sortea 25 entradas individuais para o encontro do vindeiro 6 de maio ás 17h ( Depor - Alcorcón) en Riazor.  Para participar debes ter algunha filla ou fillo matriculado no CEIP Emilia Pardo Bazán no curso 2022/2023 e só se entregará unha entrada por persona participante. Segue estes pasos para participar no sorteo: Segue a nosa conta de Instagram @milnenos Segue a conta de Instagram do colexio @epbcole Fai un comentario nesta publicación cunha palabra de ánimo para o equipo @rcdeportivo O prazo para participar rematará o domingo 23 de abril ás 23:59. O sorteo realizaráse a través dunha aplicación que elexirá de forma aleatoria ás 25 familias gañadoras. Non se solicitan datos das persoas premiadas, se vos contactan en nome da nosa conta para solicitarvos  datos, non os facilites e repórtaa para combatir o fraude.  Forza Dépor!!!

MENÚ DESAYUNO TERCER TRIMESTRE

Queremos fomentar a adquisición de hábitos nutricionais saudables nos nosos comedores e isto tamén afecta á hora do almorzo. Menú desayuno tercer trimestre