venres, 30 de outubro de 2015

Cambio menú comedor día 3/11/2015

A empresa de comedor comunica que para o día 3 de Novembro de 2015 o menú viuse modificado, polo que os nenos/as comerán:

-          1º Prato: Sopa de espinacas
-          2º Prato: Milanesa de polo con patacas

-          Postre: Iogur

luns, 26 de outubro de 2015

Novas normas traslados (a partires do 3 de novembro)

Normas de entrada e saída de actividades extraescolares (A partir do  3/11/2015)

Aos efectos de atender as peticións dos usuarios de comedor e de actividades extraescolares, establécese un novo sistema de entradas/saídas e traslados de alumnado.

Actividades Extraescolares (Colexio azul)
Apertura/peche das portas
15:50-16:10
Cambio de actividade
16:50-17:10
Fin da actividade
17:50-18:10
Os/As monitores/as deberán estar presentes en cada actividade puntualmente
Os/As pais/nais entrarán/sairán todos pola porta situada na rúa Alfonso Rodríguez Castelao. Fóra dos horarios establecidos as portas permanecerán pechadas e o acceso ás instalacións deberá facerse pola porta principal de educación primaria avisando ao persoal de conserxería


Comedor Escolar (Novo aulario infantil)
Apertura/peche das portas turno (extra)
15:25-15:35
Apertura/peche das portas turno (normal)
15:45-16:15
Zona de saída do alumnado infantil
Porta principal aulario infantil
Zona de saída do alumnado de primaria
Patio cuberto de primaria
Os/As pais/nais entrarán/sairán todos pola porta situada na Travesía de Los Rosales (porta principal colexio).
O alumnado de primaria de comedor sairá pola porta traseira do patio cuberto de primaria que da ao SUM. Antes de comer, deixará alí as súas mochilas ben organizadas para recollelas á saída antes de abandonar o colexio
O alumnado de comedor que faga actividades será acompañado polos monitores de comedor ata o patio cuberto do colexio azul e de forma separada ata o pavillón de deportes para aqueles que asistan a actividades deportivas, onde fará o cambio de custodia aos respectivos monitores de actividades extraescolares e deportivas permenecendo co alumnado no caso de  ausencia/retraso dos monitores e avisando da situación ao ANPA

Por último, no cambio de horario das 17:00 horas, os monitores de actividades deportivas do pavillón (ximnasia, balonmán e clube deportivo) levarán aos nenos que asistan a actividades de 5 a 6 no colexio azul, atravesando as escalerias que dan acceso do pavillón á pista deportiva e directamente ao colexio azul, onde recollerán aos alumnos que dende o colexio azul se dirixan ao pavillón para actividades de 5 a 6


Por último, reiteramos que os nen@s que vaian directamente dende casa a actividades no pavillón ou saian de unha actividade no pavillón para casa non teñen que pasar polo interior das instalacións do CEIP



domingo, 25 de outubro de 2015

Reto Quimions

Unha nai do colexio enviounos información sobre a seguinte iniciativa, da que cremos que ademais de difundir, poderiamos facer algo máis dende o colexio e o Anpa:

http://www.retoquimions.org/

Agradeceriamos que nos aportasedes posible ideas ou iniciativas a milnenos@gmail.com, ou aqueles que a título individual queirades colaborar e dado que non hai punto de entrega no barrio, comprometémonos a recollelos no horario do local e a entregalos nun dos puntos de entrega (http://www.retoquimions.org/puntos-de-entrega.html)

En todo caso debedes ter en conta as medidas e instrucións de confección que se recollen na web




Comedor. Cambio menú 26 de outubro

Para o Luns 26 de Outubro o menú vese modificado polo que os nenos/as comerán, no canto de crema de cabaciño, crema de cabaza.

mércores, 7 de outubro de 2015

Proxecto "Ancas"

O pasado luns celebrouse no SUM a reunión do proxecto ANCAS (Díptico:
https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0UlgwcF9VbkVTVjg/view?usp=sharing )

Nos  meses de verán Stop Accidentes avaliou a información das enquisas de mobilidade aplicadas a final de curso aos alumnos do Centro e  no mes de agosto fixeron as auditorias de seguridade viaria para revisar cada unha das rutas polas que trazaron o camiño do Colexio revisando os puntos conflitivos para buscar solucionar os problemasy que no caso do Centro se concentran na zona da entrada do Colexio

Achegamos o mapa coas rutas definitivas para o Centro ( https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0VG9zYk80Z0xuTG9LenYtUjJWWUZ5ZVVIRmFJ/view?usp=sharing ). Agora toca que se analicen desde o centro e o ANPA e pais e nais do cole dean as súas observacións, criticas e correccións

Feito isto, pasariamos á fase de marcación das rutas. Feito isto comezaríase coa inscrición dos niñ@s as rutas e iniciar con mapas  da súa ruta a cada participante (arrincando en 2 meses máximo).

Para inscribirse no programa existen diversas formas:
- Na Web de stop accidentes
- Solicitando o díptico de inscrición na Dirección do Centro, e unha vez enchido devolvelo e fano chegar a Stop accidentes
- por correo electrónico á seguinte
direcciónancasgalicia@stopaccidentes.org

Unha vez inscrito, Stop accidentes fará chegar o brazalete reflector e a chapa ANCAS que identifica aos niñ@s participantes.

Retraso na apertura da biblioteca

Tal e como comunica a dirección do centro, la biblioteca non abrirá ata o día 20 polas tarefas de colocación e clasificación de libros

sábado, 3 de outubro de 2015

Listen & speak. Información de inicio

Boas tardes,
O próximo martes 6 de outubro ás 16:00 comezará a actividade de Listen & speak para os curso de 3º e 4º de Primaria.

Formaranse dous grupos de acordo coas listaxes que se recollen no pdf adxunto. Cada grupo desenvolverá as súas actividades nunha aula do colexio azul:
- o grupo 1 na planta primeira (que non na planta baixa)
- o grupo 2 na planta segunda

A actividade de Listen & speak é unha actividade do concello co apoio da dirección do centro, pero como se integra no cadro de actividades global, remitiremos os listados correspondentes ao persoal de comedor e ao resto de entidades aos efectos dos traslados precisos.
Pola experiencia destas primeiras semanas estaremos atentos aos posibles incidentes, pero agradeceríamosvos que lles comentedes aos vosos fillos que inician unha actividade nova (sobre todos naqueles supostos nos que viñan asistindo a outra actividade como patinaxe (da que deberedes darvos de baixa se non queredes continuar e para que no vos xiremos novos cobros)

Para os cursos de 5º e 6º de Primaria non se pón en marcha a actividade porque hai só 9 inscritos. Tal e como indica o concello, mantense o prazo aberto para chegar a xuntar o mínimo preciso previa inscrición na web do concello

https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0ckF0TU5oS2RVd2c/view?usp=sharing

Natación. Información de inicio de actividade


Bós días a todos/as,
os lugares e horarios de recollda e entrega dos escolares da campaña de natación escolar son os seguintes:

DÍA SEMANA: Luns
HORA RECOLLIDA: 16:35

LUGAR DE RECOLLIDA: Porta do centro

HORA DE ENTREGA: 18:10

LUGAR DE ENTREGA: Porta do centro

Como xa sabedes a actividade desenvólvese na piscina municipal de Riazor.

Sinálanse nos seguintes enlaces en arquivo adxunto información para as familias dos escolares inscritos nesta actividade. Lembrade que en caso de non usar o autobús habilitado para o traslado debedes cubrir a autorización que se recolle na terceira páxina do arquivo pdf


Seguir por correo electrónico