Reanúdanse as actividades supendidas
Informámosvos de que, despois de moito traballo loxístico, e falando con todos os implicados, renóvanse a semana que vén as actividades suspendidas, con algúns cambios. Aínda recibimos hoxe venres confirmación do Concello das restricións adicionais que nos impoñen polo uso do pavillón, de aí a demora en avisarvos.
É moi importante que teñades en conta os cambios nas zonas de entrega e recollida que vos indicamos a continuación e que así o comuniquedes aos autorizados e a peques para que non se despisten.
Con respecto ás cotas, descontarásevos a parte proporcional polo día perdido nas actividades afectadas o xoves e venres.
Baloncesto
Seguirase facendo no pavillón, en grupos illados estables de 4 alumnos e con máis monitores para poder cumprir os requisitos de deportes. O único horario afectado será o do venres, no que, debido a que hai 30 alumnos simultáneos, hai que reducir as prazas dispoñibles a 24.
Recibiredes comunicación específica os afectados destes grupos.
Fútbol
Seguirase realizando no pavillón en grupos illados estables de 4 alumnos.
Ximnasia rítmica
Farase no patio cuberto do colexio azul, por iso será necesario que as entregas e recollidas se realicen de forma temporal polos portalóns do colexio azul en lugar do pavillón.
Esgrima
Cámbiase a súa localización tamén ao colexio azul, polo que as recollidas serán no colexio azul en lugar do pavillón.