Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2017

CURSO 2017/2018: Altas e renovacións

ALTAS: No horario do local (LUNS E XOVES) dende o luns 12 de xuño poderá realizarse a alta de novos socios/as ata o 23 de xuño (tamén en setembro no horario que se informará no BLOG do Anpa). Tamén se pode facer “on line” remitindo a milnenos@gmail.com o seguinte impreso cuberto (CON TODOS OS DATOS CUBERTOS AGÁS A LETRA E TITOR/A DA CLASE SE NON SE COÑECE):       https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0YmxRcnd3ZXlQVXc/edit Lembrade que o vindeiro curso os socios/as do Anpa pagarán un prezo inferior en comedor. COMEDOR Os trámites de comedor previsiblemente tamén se poderán facer on line para o curso 2017/2018 a través de un formulario web que está desenvolvendo Jardanay dentro do novo contrato e que previsiblemente estará dispoñible a finais de xuño. Os presos publicaranse nas vindeiras semanas pero como referencia tede en conta os seguintes para comedor na modalidade de fixo: FAMILIAS SOCIAS DO ANPA: 74,25 euros/mes FAMILIAS NON SOCIAS: 82,50 euros/mes

Cambio no menú do día 23

Jardanay informa sobre un cambio no menú para o venres 23: 1º PLATO: ENSALADA VARIADA 2º PLATO: PIZZA ARTESANA DE XAMÓN E QUEIXO POSTRE: CHOCOLATINA

Semana de exhibicións

VENRES 23 DE XUÑO: Baloncesto: P artidos de pais/nais contra fillos/as: INICIACIÓN E BENXAMÍN, venres 23 de xuño de 16 a 18 hs Balonmán: Partidos de pais/nais contra fillos/as, venres 23 de xuño de 16 a 17 hs Patinaxe: venres 23 de xuño ás 16:00 (grupo 4 a 5) venres 23 de xuño as 17:00 (grupo de 5 a 6) Capoeira: venres 23 de xuño ás 16:00 (grupo 4) venres 23 de xuño as 17:00 (grupo de 5 a 6)

Campamento MILNENOS: 17-31 de xullo/1-8 de setembro

Finalizado o prazo de inscrición exclusiva para socios/as do Anpa onte venres 16, ábrese o prazo agora tamén para non socios/as e alumnos doutros centros. PROGRAMA CAMPAMENTO:  https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0dGZJWUhDekZjWE4zTnowWjJvX2wzZ2xHQjhv/view?usp=sharing Na seguinte ligazón podedes descargar o boletín que debedes enviar cuberto a milnenos@gmail.com ingresando previamente o importe que corresponda na conta do Anpa que se indica no boletín: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0OVFmUDVJa280S2M/view?usp=sharing O envío do boletín non se considera inscrición ata que se formalice o ingreso, tendo como data de inscrición a de ingreso. As datas límite de inscrición son: - Para as semanas do 17 ao 31 de xullo: o venres 14 de xullo - Para a semana do 1 ao 8 de setembro: o mércores 30 de agosto No blogue publicaremos tamén cando se esgotan as prazas, non aceptando a partir dese momento ningunha inscrición adicional

Calendario e Información das exhibicións de fin de curso (cambios e novas datas - graduación 6º)

FESTAS DE FIN DE CURSO (en horario de mañá e só para alumnos/as): Día 19: INFANTIL Día 20: PRIMARIA VENRES Día 23!!!!!!: FESTA DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA Datas das EXHIBICIÓNS (posibilidade de asistir as nais e/ou pais) A.- As actividades do Concello rematarán o venres 16 de xuño. B.- As actividades do Anpa continuarán ata o VENRES 23 de xuño (incluído). C.- As Exhibicións de CLAUSURA (e partidos de pais/nais contra fillos/as en fútbol e baloncesto) serán nas seguintes datas, no horario habitual da clase: 1.- Fútbol Iniciación: luns 19 de 16 a 18 hs 2.- Fútbol Benxamín: mércores 21 de xuño, de 16 a 17h 3.- Fútbol Alevín: mércores 21 de xuño, de 17 a 18h 4.- Baloncesto: Partidos de pais/nais contra fillos/as:  ALEVÍN, martes 20 de xuño de 17 a 18 hs Partidos de pais/nais contra fillos/as: INICIACIÓN E BENXAMÍN, venres 23 de xuño de 16 a 18 hs 5.- Balonmán: Partidos de pais/nais contra fillos/as, venres 23 de xuño de 16 a 17 hs 6.- Ximnasia:

9 de xuño: Xornada de comprensión lectora

FEDAPAS INFORMA Dende a Biblioteca Municipal Ágora, poñémonos en contacto con vostedes, para informarlles, por si fora do seu interese,  da realización das xornadas de Comprensión Lectora que se celebrarán o vindeiro día 9 de Xuño de 2017, coincidindo coa presentación do novo centro de interese "LEOBEN": unha colección de documentos localizada na sala infantil da Biblioteca Municipal Ágora que recolle documentos relacionados coa comprensión lectora e coas dificultades máis comúns detectadas na aprendizaxe da lectura. Está indicado para nenos e nenas con dificultades á hora de ler, para as familias e para aquelas organizacións, asociacións e entidades relacionadas con este tema. O centro de interese procura dar visibilidade e aportar normalidade ante problemas de comprensión lectora, tanto os motivados por diversos factores emocionais e madurativos como os  intrínsecos á persoa.   A biblioteca traballa en  colaboración coas persoas, familias, entidades e centros educativos

12 de xuño: xornada de portas abertas da actividade de piscina

Infórmasevos que a semana do 12 ao 15 de xuño terminará a Campaña de Natación Escolar. Como é habitual, o último día, farase a xornada de portas abertas para que poidan asistir os pais e nais que o desexen. De todos os xeitos infórmase que os pais e nais non poderán utilizar o bus. Lémbrasevos que o horario é de 17.00 a 17.45