Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2013

Festas do Barrio

Anuncio de licitación das obras do Colexio

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación da obra de ampliación en edificio independente do CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente ED 20/13-O). O enlace é:  http://www.xunta.es/dog/ Publicados/2013/20130531/ AnuncioG0164-280513-0005_gl. html . Ligazón para acceder ao proxecto:  http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/file/2013/05/13/ceipemiliapardobazan_coruna.zip

Menú do mes de xuño

Vixencia dos libros de texto

No DOG do 30 de maio de 2013 publícase a ORDE do 29 de maio de 2013 pola que se determina o período de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares. Podedes vela  nesta ligazón .

Listaxes definitivas proceso de admisión 2013-2014

Na web do colexio  publícanse as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido no proceso aberto para o curso 2013-2014. Os  admitidos deberán formalizar a matrícula na secretaría do Colexio entre o 20 e o 28 de xuño.  O xoves día 13 de xuño de 2013, ás 17:00 horas no salón de Usos Múltiples  do colexio hai unha reunión coas familias d@s nen@s de 4º de Educación Infantil   para abordar temas de especial interese relacionados coa escolarización deste alumnado no mes de setembro: período de adaptación, horarios, orientacións, materiais, etc...). A esta reunión prégase as familias que acudan sen os seus fillos e fillas para un mellor desenvolvemento da sesión.

Charlas para pais e nais

O próximo mércores, día 29, coinciden na cidade unha serie de charlas moi interesantes para pais e nais: S.O.S. ADOLESCENCIA A Asociación Comunitaria Distrito Quinto (ASCODI) vai realizar no noso Colexio  un obradoiro para familias con alumn@s en 6º. Ten unha duración de dúas horas e vai ter lugar o  mércores 29 de maio  ás  18:00 h . Podedes ver   aquí  o  díptico informativo. EDUCAR EN DEREITOS E DEBERES Co título:  Educar en Derechos y deberes: cómo ser padres en la sociedad actual , o xuíz de menores de Granada Emilio Calatayud Pérez, dá unha charla o próximo mércores  día 29 de maio ás 20:00 horas  na Fundación Barrié de A Coruña (Cantón Grande, 9). O acto é aberto ó público. Aforo limitado. OBRADOIRO PARA PAIS E NAIS SOBRE OS RISCOS DE INTERNET Organizado por o Concello da Coruña e a Asociación ADAFAD - mércores, 29 de maio:  obradoiro  específicamente  dirixido a pais e nais  no que profesionais de Adafad traballarán os contidos necesarios para disminuir os

Actividades do club deportivo Os Rosales

O "Club deportivo Os Rosales" vai realizar actividades deportivas en colaboración coa Asociación de Veciños Los Rosales e o Concello da Coruña. Trátase dun 3x3 tanto en baloncesto como en futbol sala, sendo nesta  modalidade unha novidade. Celebraranse os días 8 de xuño a de baloncesto e o 9 de xuño a de fútbol sala. Máis información nos seguintes enlaces:  https://docs.google.com/file/ d/ 0B4B6zQM79bQSOGJyeFlUTV9KTU0/ edit http://clubdeportivoaroseira. blogspot.com.es/ O día 8 de xuño celébrase en Santiago de Compostela o Día Autonómico do Minibasquet, que consiste nunha xornada lúdico-deportiva en torno o deporte da canastra nas súas etapas de iniciación. O Club fixo a inscrición de tres equipos; un alevín feminino e outro másculino e un benxamín mixto.

S.O.S. Adolescencia

A Asociación Comunitaria Distrito Quinto (ASCODI) vai realizar no Colexio un obradoiro para familias con alumn@s en 6º. Ten unha duración de dúas horas e vai ter lugar o mércores 29 de maio  ás  18:00 h . Podedes ver   aquí  o  díptico informativo.

Servizo de comedor e asemblea informativa

Ante as diferentes informacións que se están dando aos pais e nais do colexio, queremos informarvos da situación da empresa que presta o servizo de Madrugadores e Comedor no CEIP Emilia Pardo Bazán.  O contrato con Scolarest, a empresa que presta estes servizos no colexio, finaliza este curso escolar, 2012-2013. A Xunta Directiva da ANPA decidiu non renovar automaticamente o contrato para o próximo curso, co fin de valorar e comparar diferentes ofertas. Para isto informámonos sobre outras empresas do sector que están dando servizo  a outros comedores escolares xestionados por ANPAS. Como condición indispensable para asinar o contrato, acordamos que a empresa que sexa elixida debe ofrecer a subrogación dos seus contratos a todo o persoal que traballa actualmente no comedor, e así se lles informou tanto aos traballadores como ás empresas. Estudamos polo miúdo as ofertas, visitamos as instalacións, pedimos referencias a outros colexios que están traballando con distintas empresas, e t

Marea verde

No nome da ANPA Milnen@s queremos agradecer a vosa participación na pasada Folga Xeral de toda a comunidade educativa na que se alcanzou unha porcentaxe do 80% do alumnado do Centro. Desde a Anpa estamos convencid@s de que non vai ser a única mobilización necesaria para defender o Ensino Público e de Calidade como un valor de toda a sociedade, e cremos que sería bó facer visible o noso compromiso uníndonos á Marea Verde. É por eso que queremos darvos  a oportunidade de ter a vosa camiseta co lema "Escola Pública de Tod@s e para Tod@s" "ANPA MILNEN@S CEIP EMILIA PARDO BAZÁN". O modelo sería similar a este: O prezo da camiseta será de 2,80€, as tallas  son:3/4 anos, 5/6, 7/8, 9/10, S, M, L, XL, XXL, XXXL. Unha vez encargadas tardaremos unha semana en telas disponibles. Podedes facer o voso encargo por correo electrónico indicando o voso nome, número de socio e cantidade de camisetas de cada tipo. O prazo de reserva remata o día 24 de maio.

Feira Matemática

A Feira inaugurarase ás  11 horas , no  Hall de Proa de Palexco , este  sábado, 11 de maio .  Está adicada á Educación Matemática, e en particular ás Matemáticas e á Auga. Entre outras cousas teremos unha charla de Ánxela Bugallo co título  "A pegada hídrica ou calculando auga" . Podedes ver máis información na web:  feira.agapema.org Programa

Vado e aparcamento

Dende o Colexio infórmannos de que o vindeiro luns, día 13 de maio , realizarase unha limpeza a fondo das dúas calzadas diante do colexio de educación primaria, motivo polo cal non deberán estacionar veículos, entre as 6:00 e as 16: horas . Ademáis lémbrannos a importancia de respectar as zonas da vado e de aparcamento diante dos colexios. 

Xornadas sobre menores e internet

O Concello da Coruña e a Asociación ADAFAD propoñen as seguintes actividades: Á luz dos datos estadísticos e clínicos sobre a utilización que os menores fan de Internet é necesario plantearse en qué medida somos parte da solución á hora de protexer aos nosos menores dos riscos das redes sociais en particular e de internet en xeral. Ante esta realidade social, familiar e escolar dende o Concello da Coruña e a Asociación ADAFAD, e no marco das actividades que conxuntamente vimos desenvolvendo, les convocamos a participar nas seguintes actividades: ·           xoves, 23 de maio:  xornada de sensibilización  na que destacados expertos presentarán o estado da cuestión. ·           mércores, 29 de maio:  obradoiro  específicamente  dirixido a pais e nais  no que profesionais de Adafad traballarán os contidos necesarios para disminuir os riscos asociados o mal uso de internet. As inscripcións poderánse realizar a través da web  ADAFAD  ou no teléfono 981.22.69.26. (adxúnta

Cheques de comedor - día 13 de maio

O día 13 de maio non poderán estar no local as persoas que teñen que asinar os cheques de comedor, por  unha cuestión laboral imprevista. Por favor, intentade non ir ese día a recoller os cheques. Se algunha persoa só pode ir ese día, enviádenos un mail a milnenos@gmail.com co nome d@ nen@, o nome da persoa que vai cobrar o cheque e a cantidade, e intentaremos deixalo preparado.  Desculpade as molestias.

Convocatoria manifestación

Actividades extraescolares, comedor e madrugadores - día 9

Debido á folga xeral do ensino do día 9 de maio, as actividades extraescolares non se desenvolverán da forma habitual.  De todos os xeitos, os monitores das actividades permanecerán no colexio, polo que, se algunha familia necesita deixar os nenos no colexio, estes quedarán atendidos. Os servizos de Madrugadores e Comedor funcionarán con normalidade para os nenos que acudan.

Documentos sobre a folga do 9 de maio

Convócase unha folga para toda España o 9 de maio, para toda a comunidade educativa. Nos seguintes enlaces tedes a información que nos remitiron da Federación Provincial de Apas de Coruña. Contra a LOMCE Contra os recortes CONFAPAS Sobre o dictame do Consello de Estado Propuestas de CEAPA a la LOMCE Qué está pasando

Campamentos de verán no Ágora e no Fórum Metropolitano

Está aberto o prazo para solicitar prazas nos campamentos de verán dos centros Ágora e Fórum Metropolitano. Poden participar nenos e nenas nacidos entre 2001 e 2009. Inscrición previa:  do 6 ao 9 de maio. Sorteo público:  10 de maio ás 10.00 h, en cada unha das sedes. Inscrición:   do 13 ao 16 de maio (ambos incluídos). Inscrición nas conserxerías do Centro Ágora e do Fórum Metropolitano, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Máis información

Horario para recoller os cheques de comedor

Os horarios para recoller os cheques de comedor son os seguintes: Xoves 2 de maio: de 9 a 10 h. Venres 3 de maio: de 16 a 17 h. Luns 6 de maio: de 16 a 17 h. Venres 10 de maio: de 16 a 17 h. Luns 13 de maio: de 16 a 17 h. Xoves 16 de maio: de 9 a 10 h. Xoves 23 de maio: de 9 a 10 h. Venres 24 de maio: de 16 a 17 h.

Menú do mes de maio