Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2021

LISTAXE DEFINITIVA BECAS COMEDOR 2021/22

Bolsa comedor 2021/2022 No Taboleiro de anuncios e Edictos do Concello da Coruña publicouse, con data 20 de agosto, a listaxe de persoas propostas definitivamente como beneficiarias e a puntuación outorgada na convocatoria de bolsa comedor para o curso escolar 2021/2022. A listaxe publícase por orde alfabética segundo o código do asento. O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números (consultar o documento "Nota aclaratoria" ao final desta noticia). As persoas propostas como beneficiarias deberán aceptar ou renunciar á bolsa. Entenderase que aceptan a bolsa de comedor se, transcorrido o prazo de dez (10) días hábiles, non renunciasen de maneira expresa. Este prazo é do 23 de agosto ao 3 de setembro, ambos os incluídos. Documentos de interese: Listaxe definitiva e puntuación outorgada. Nota aclaratoria para a consulta de listaxe .

BONO COIDADO XUNTA

Estimadas familias, Ábrese o prazo para solicitar o bono coidado da Xunta, que axudará ás familias no coidado dos seus fillos, ata 12 anos. Unha axuda para as familias que por necesidades puntuais derivadas das obrigacións laborais, persoais ou responsabilidades familiares necesiten conciliar. Pódese solicitar desde o 11 de agosto ata o 30 de setembro do 2021. Máis información

AXUDAS ALUMNADO NECESIDADES ESPECÍFICAS.

Dende o pasado 3 de agosto e ata o 30 de setembro do 2021, pódense solicitar as Axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio. Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.