Os días escollidos polo consello escolar coma non lectivos son o día 7 de decembro e o 16 de maio .
luns, 29 de novembro de 2021
domingo, 28 de novembro de 2021
CAMPAMENTOS NADAL CENTROS CÍVICOS
CAMPAMENTO DE NADAL
DÍAS: 22, 23, 27, 28, 29, 30 de decembro e 3, 4, 5, 7 de xaneiro
PERSOAS DESTINATARIAS: menores nados entre o 1/1/2009 ao 31/12/ 2017
HORARIO:
➢ Xeneral : de luns a venres de 10.00 a 14.00 h
➢ Ampliado: de luns a venres de 9.00 a 14.30 h
PREZO POR PARTICIPANTE:
➢ Horario xeral: 26 €.
➢ Horario ampliado: 32 €
CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR O HORARIO AMPLIADO Ou XERAL: Castrillón, San Diego, Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Rosales, Labañou, Palavea, Ciudad Vella, Eirís, Elviña, Novoboandanza.
CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR SÓ O HORARIO XERAL: A Silva, Santa Margarita, Feáns, Sacra Familia, Santa Lucía, Pescadores, San Pedro de Visma e Artesáns
PREINSCRICIÓN: 29,30 de novembro e 1 de decembro na web http://www.coruna.gal/servizossociais ou no teléfono 010
SORTEO: 2 de decembro ás 10.30 h en cada centro Cívico
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE PREINSCRICIONES: 3 decembro en, os centros cívicos, llamándo ao 010 ou na web municipal
RECLAMACIÓNS: do 4 ao 7 de decembro enviando un e-mail a campamentos@serviplus.org ou chamando á 010
PUBLICACIÓN LISTADOS ADMITIDOS E ESPERA: 13 decembro en centros cívicos, 010 ou na web municipal .
➢ PAGO: 14, 15 e 16 de decembro . Varias opcións:
1. A través de transferencia bancaria ao nº de conta ES76 2080 0036 6230 4002 1977 enviando o xustificante de pago a campamentos@serviplus.org co nome, Centro cívico e modalidade horaria.
2. Na páxina web http://www.coruna.gal/servizossociais achegando no formulario o xustificante de pago conforme realizouse a tranferencia bancaria.
3. Presencial: No Centro cívico de Monelos en horario de 10.00 a 13.30 h e de 17.00 a 20.00 h.
XESTIÓN LISTA DE ESPERA: A partir do 17 de decembro.
Información Xeral e Recomendacións
➢ Terán preferencia os menores empadroados no concello da Coruña
➢ reservarase un 20% de prazas para persoas beneficiarias de programas sociais
➢ Cada grupo estará formado por 15 menores e deberá de haber un mínimo de 9 para formar grupo.
➢ Soamente poderase presentar unha preinscrición por menor, en caso contrario anularanse todas
➢ Se ofertarán 15 prazas pola cota de discapacidade para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. As prazas de diversidade funcional terán un sorteo propio diferenciado do sorteo da cota xeral.
➢ Para unha correcta atención de menores que soliciten praza pola cota de diversidade funcional, deberase de cubrir unha ficha de coñecemento persoal no momento da preinscrición.
➢ O monitorado de apoio para menores con diversidade funcional estará capacitado para acometer tarefas hixiénico-sanitarias básicas.
➢ Non formalizar a inscrición en prazo e horario establecido supoñerá a perda de dereito á praza
➢ Unha vez realizado o pago do campamento non se terá dereito á devolución excepto por causas imputables ao prestador do servizo.
➢ Os horarios do campamento ampliado e xeral son de obrigado cumprimento tanto á entrada como á saída.
➢ Na modalidade de horario ampliado, requiriranse mínimo 6 participantes para realizar grupo.
➢ Será obrigatorio o uso de máscara para os maiores de 6 anos e recomendable para os de 4 a 6 anos.
➢ Se una/un menor resulta admitida/ou e ten irmás ou irmáns co número correlativo de preinscrición, ben sexa posterior ou anterior, todas/vos obterán praza a condición de que pertenzan ao mesma cota
➢ Levar roupa e calzado cómodo
➢ Non levar aparellos electrónicos, videoconsolas, móbiles , cuartos ou obxectos de valor. A organización non se fará responsable da perdas que poidan producirse durante o campamento
➢ É aconsellable que non asistan aos campamentos os e as menores que teñan enfermidades contaxiosas ou que presenten algún dos seguintes síntomas: febre, vómitos, diarrea, aftas na boca, chagas, dificultade respiratoria, conjuntivitis, erupcións, alteracións atípicas na pel ou no caso de ter piollos ou liendres, ou calquera síntoma relacionado coa COVID-19
CAMPAMENTOS NADAL FEDAPAS
SEDES: -CEIP Curros Enríquez
-CEIP Juan Fernández de La Torre
DESTINATARIOS: Alumnado de educación infantil e primaria dos CEIPs públicos do Concello da Coruña.
DATAS: 22,23,27,28,29 e 30 de decembro e 3,4 e 5 de xaneiro.
INSCRICIÓNS: Do 29 de novembro ao 2 de decembro O formulario de inscrición abrirase ou luns 29 de novembro ás 9:30 h Inscricións
mércores, 17 de novembro de 2021
CAMPAÑA CASA DOS XOGUETES
O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), pon un ano máis en marcha a campaña da Casa dos Xoguetes.
Ata o vindeiro 5 de xaneiro os interesados poderán entregar xoguetes en bo estado de conservación no local situado no número 9 da praza Mestre Mateo.
As persoas interesadas en darlle un novo uso a eses obxectos poderán pasar polo mesmo local a retirar aqueles que consideren, ate un máximo tamén de 10 por persoa
Toda a información na seguinte ligazón: Campaña casa dos xoguetes
sábado, 6 de novembro de 2021
MAGOSTO 2021
Castañas asadas con moito agarimo por nais e pais voluntarios e chocolate para todas as nenas e nenos do Emilia.
mércores, 3 de novembro de 2021
CAMPAÑA DE NATACIÓN ESCOLAR 2021/22
Dende a Concelleria de Deportes da Coruña comunican que está aberto o prazo para as inscricións de natación escolar na piscina de Riazor para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Son 24 prazas e se asignan por orde de inscrición, polo que rogamos apuredes nas solicitudes.
Tedes que levar:
- A folla de inscrición cuberta (descarga aquí Folla inscricion )
- Fotocopia do DNI da crianza ou no seu defecto, do libro de familia
- Fotocopia dos DNI dos titores, nais ou pais.
- A cota íntegra de 47,52€ pódese pagar alí mesmo tanto en efectivo coma con tarxeta, e para poder acudir ao palacio de deportes de Riazor hai que pedir cita previa a través do 010, chamando ao concello ou solicitándoa a través de internet (CITA PREVIA).
O PRAZO MÁXIMO DE ENTREGA É O 08-11-2021, comezarían as clases o 15-11-2021.
Máis información: Información do Concello, Información para as familias, Protocolo Covid Riazor
martes, 2 de novembro de 2021
PATINAXE
Estimadas familias:
Tras uns días de busca e negociación con varias entidades, comprácenos comunicarvos que mañá mércores retomaranse as clases de patinaxe con normalidade. A nova entidade que se vai encargar da formación é ADC Alquimia Inline e podedes ver todas as actividades que fan na súa páxina web (web Alquimia). Contan con grande experiencia formadora tanto en colexios como en clubes e un amplo equipo técnico.
luns, 1 de novembro de 2021
COLARES DE ZONCHOS
Coa chegada do outono agardamos que vos animedes a seguir a tradición galega é tan arraigada no noso centro: a elaboración de zonchos.
O prazo de presentación e dende o martes 2 de novembro ata o xoves 4 de novembro.
Entregaranse a cada unha das titorías co nome do neno ou nena.
Instrucións para facer os zonchos:
1-Cocer as castañas coa súa casca.
2- Unha vez cocidas e frías ensartámolas con fío e agulla a xeito de colar e adornámolo coma queiramos.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
MAGOSTO 2021
Nais e pais colaboraremos para que o pasemos moi ben!
Precisamos que cada neno e cada nena traia, polo menos unha ducia de castañas picadas.
Deberán de traelas ao colexio o mércores 3 e o xoves 4 de novembro.
PRAZAS JUDO
Estimadas familias,
Tras o aumento de prazas na actividade extraescolar de Judo quedan prazas vacantes tanto en infantil como en primaria. Podedes consultalo na seguinte ligazón:
Prescricións e listaxes de agarda