luns, 29 de xuño de 2015

Actividades extraescolares 2015/2016 e altas de novos socios

Na seguinte ligazón podedes acceder aos formularios de alta e horarios de actividades extraescolares para o curso 2015/2016, recollendo as novidades que haberá, así como os prezos e o procedemento para darse de alta (tamén se enviou un correo electrónico coa mesma información).

(Táboa de prezos e exemplos):

https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0VzFaNXktWUcyX0U/view?usp=sharing

(Ciclo Infantil) https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0MHhhN1JLN0w3S00/view?usp=sharing

(1º, 2º_Primaria) https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0S0F4TUY1aE5DZ2M/view?usp=sharing

(3º, 4º, 5º, 6º_Primaria) https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0azI3c0FVZXN3YVk/view?usp=sharing

Na seguinte entrada do BLOG tedes as instrucións precisas para que aqueles pais/nais que se incorporan ao CEIP Emilia Pardo Bazán este ano poidan darse de alta como soci@s e solicitar tamén as actividades nas que estean interesados.

http://milnenosgalego.blogspot.com.es/p/impresos.html


Adiantámosvos que este próximo curso todas as actividades se realizarán no "colexio azul" (antigo colexio de Educación infantil) sen prexuízo das que se viñan desenvolven no pavillón que continuarán na dita instalación (e algunha excepción máis que temos pendente de confirmar).

xoves, 11 de xuño de 2015

Horario para "renovación/alta de socios" e outra información

Para facilitar a alta de novos socios e a renovación daqueles que xa forman parte do ANPA, a próxima semana teremos un horario especial de atención ao público:

- Horario de mañá: 9:00 á 10:00 horas, de luns 15 a venres 19
- Horario de tarde: 16:00 á 18:00 horas, de luns 15 a mércores 17

Para a alta inicial será necesario cubrir o formulario que consta no blog (http://milnenosgalego.blogspot.com.es/p/impresos.html 
e aboar 15 euros

Para a renovación, se non houbo ningún cambio nos datos, deberán aboarse 15 euros.

É posible e incluso recomendable para evitar ringleiras, facer a renovación de socios/as por transferencia bancaria á conta do ANPA facendo constar no concepto "renovación + Nº de socio" e pasando con posterioridade a actualizar o carnet.

Esperamos que o luns ou martes xa teñamos o cadro coas actividades extraescolares que agora mesmo só está pendente de incluír as do 
Concello (que a data actual aínda non enviou a información). En canto dispoñamos desa información farémosvola saber a través de correo electrónico e blog.

mércores, 10 de xuño de 2015

Exhibicións de actividades extraescolares e xornada de portas abertas

Nos vindeiros días desenvolveranse exhibicións de actividades extraescolares e xornada de portas abertas. En particular, o día 11 na exhibición de balonmán participarán equipos das diferentes categorías do OAR para organizar unha competición, asistindo a mesma xogadores do primeiro equipo. Todo ilo co seguinte calendario:

ACTIVIDADE DATA HORA
JUDO 15/06/15 16:00:00
Fútbol Sala Alevín: Partido pais/nais vs fill@s 15/06/15 17:00:00
ZUMBA 15/06/15 17:00:00
XIMNASIA 16/06/15 16:00:00
TEATRO 17/06/15 16:00:00
Fútbol Sala benxamín: Partido pais/nais vs fill@s 17/06/15 16:00:00
Fútbol Sala prebenxamín 18/06/15 16:00:00
Baloncesto: todas as categorías 19/06/15 16:00:00
BALONMANO 11/06/15 17:00:00
MAGIA 11/06/15 16:00:00
COCINA 12/06/15 16:00:00
TICS 12/06/15 16:00:00

luns, 1 de xuño de 2015

Orde Axudas adquisición de libros 2015

No Diario Oficial de Galicia de hoxe publicouse a ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

Deixámosvos a ligazón ao DOG sen prexuízo de que actualicemos esta información coas novas que recibamos:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150601/AnuncioG0164-220515-0001_gl.pdf

Tamén vos deixamos a ligazón á nova na Voz de Galicia:

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/06/01/primer-banco-libros-xunta-abarcara-3-5-primaria-2-4-secundaria/00031433153580118739213.htm

Seguir por correo electrónico