Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

Festival de Nadal

O día 17 tivemos o Festival de Nadal das actividades creativas e lúdicas: @s nen@s de informática e TICS fixeron a postal de Nadal da Anpa e os carteis para decorar: @s de cociña prepararon unhas deliciosas receitas de Nadal: @s de maxia sorprendéronnos cos seus trucos: @s de teatro representaron unha función moi divertida e de Nadal e @s de Deseño de complementos realizaron parte da decoración e o atrezzo da obra: Para rematar, tod@s puidemos tomar un chocolate quentiño invitados pola empresa Jardanay. Bo Nadal para tod@s!!!

Balonmán no colexio

Clases de balonmán 2º e 3º ciclo de Primaria Xoves de 17 a 18 horas  no Pavillón A partir do  8 de xaneiro (participantes noutras actividades extraescolares)  ou 15 de xaneiro (nov@s inscrit@s) Se estás entre 3º e 6º de Primaria, apúntate para probar as clases de balonmán que empezarán no cole no mes de xaneiro... O primeiro mes é de proba: o único requisito é pasar polo local da Anpa para pagar 5€ de seguro de accidentes. Se xa vas a outra actividade extraescolar, non tes que pagar seguro. Animádevos a probar!! Para inscribirvos podedes enviar un mail a milnenos@gmail.com.

Bases do II Concurso de carteis de Entroido

BASES DO II CONCURSO DE CARTEIS DO ENTROIDO 2015.- ANPA MILNEN@S Cartel gañador do concurso 2014 1.- O OBXECTO desta convocatoria é seleccionar un cartel para promocionar a festa de Entroido que a ANPA Milnen@s organizará este ano. 2.- PARTICIPANTES: Poderán participar todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria escolarizados no centro. Cada un deles poderá presentar un único traballo, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e inéditas, é dicir, que anteriormente non fosen presentadas noutros concursos, non sexan reproduccións totais ou parciais doutras obras nin utilicen plantillas preexistentes. 3.- REQUISITOS DOS CARTEIS: ·         Tema: O Entroido ·         Formato: Folio ou cartulina tamaño DIN-A4 ·         Técnica: libre (pintura, cera, óleo, acuarela…) ·      Será requisito imprescindible para a admisión dos carteis que neles figure a lenda “ENTROIDO EMILIA PARDO BAZÁN 2015”. ·         Cada participante poderá facer constar
Educación cambiará as cubertas dos colexios María Barbeito e Pardo Bazán Ver noticia en La Opinión

Teatro en inglés

A semana pasada os nenos de 6º de  Infantil , 2, 4º e 6º de  Primaria  puideron gozar no  cole  dunhas funcións de teatro en inglés moi divertidas e participativas. A  Anpa  fíxose cargo do pagamento das funcións de  Primaria , grazas á subvención que nos concedeu a Deputación da  Coruña  para actividades culturais e creativas. Podedes ver máis fotos en  http://rosenglish.blogspot.com.es/2014/12/circus-life.html

Campaña de esquí 2015

A Deputación pon en marcha a súa  campaña de esquí 2015 , o prazo está aberto ata o día 19 de decembro.  Tedes toda a información nesta  ligazón .

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA MILNENOS

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA MILNENOS DÍA: Martes 2 de decembro de 2014 LUGAR: Salón de Usos Múltiples  HORA: 18:15 en primeira convocatoria   18:30 en segunda convocatoria ORDE DO DÍA: 1.- Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas e proxectos. 2.- Información sobre os recortes de persoal de AL e PT. 3.- Situación das obras do edificio novo. 4.- Información sobre as eleccións ao Consello escolar e as próximas eleccións para a Directiva da ANPA. 5.- Información sobre subvencións solicitadas e recibidas. 6.- Comedor, madrugadores e actividades extraescolares. 7.- Estado das contas da ANPA.  8.- Rolda de intervencións.

Receitas de Magosto

A modo de agradecemento pola colaboración prestada polas familias do colexio na elaboración de receitas do Magosto, na web do colexio publican unha reportaxe coas receitas dos participantes. SOBREMESAS DE CASTAÑAS

CONCURSOS MUNICIPAIS NADAL ESCOLAR

De cara ao Nadal o Concello organiza varias actividades para escolares: - Concurso de postais de Nadal - Concurso de árbores e belén "Un nadal ecolóxico" - Representación de alumnos do Conservatorio profesional de Danza da Deputación: "Un bosque encantado". INFORMACIÓN

MAGOSTO 2014

O día 19 de novembro  celebramos o  Magosto  no colexio. Queremos dar as grazas de parte da Anpa e do colexio pola vosa axuda para que todo saia ben: a froitaría El Huerto fíxonos un prezo especial para as castañas que comprou a A npa  (para os nenos de infantil) e  Jardanay  encargouse de asalas. Para as que levaron @s nen@s de Primaria, que se asaron no  cole ,  Ángel  prestounos as grellas e a Asociación de Empresarios dos Rosales encargouse do transporte das grellas e de comprar o carbón. E finalmente tamén houbo pais e nais que axudaron no asado e no reparto das castañas.  O equipo de Actividades extraescolares e complementarias organizou unha xornada lúdica. Moitas grazas a tod@s ! Se queredes ver unha pequena mostra da celebración podedes ver o seguinte  documento  e algunhas imaxes da celebración na  Galería de Imaxes  da web do cole.

RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Lembrámosvos que o prazo para presentar candidaturas para o SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS no Consello Escolar remata o día 14 de novembro ás 14.00 horas. Son elixibles os pais, nais ou titores legais que presenten a súa candidatura segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. Neste enlace tedes toda a información e os modelos de candidatura. Animádevos a participar! O Consello Escolar é o instrumento de participación na vida escolar de toda a comunidade educativa.

Grazas

Grazas a tod@s polo voso apoio coas sinaturas e na concentración!! El Ideal Gallego, 31-10-2014 La Voz de Galicia, 31-10-2014

La Opinión, 31-10-2014

Padres del Pardo Bazán reclaman más profesorado 31.10.2014 | 00:45 Padres del Pardo Bazán reclaman más profesorado   carlos pardellas La Asociación de Nais e Pais (ANPA) Milnen@s, del colegio Emilia Pardo Bazán, se manifestaron ayer por la mañana para exigir que la Xunta asigne más profesorado especialista para los alumnos con necesidades específicas de apoyo educativo. La asociación denuncia que hasta 29 alumnos carecen de atención adecuada para sus necesidades. La presidenta de la agrupación, Lucía Rodríguez, asegura que el curso pasado había dos profesores de Audición y Lenguaje y que en este uno trabaja a media jornada. Educación argumenta que la cuidadora a tiempo parcial acude al colegio casi cuatro días a la semana. Esquerda Unida exige que se atiendan las reivindicaciones del profesorado. Podedes ler un artigo sobre este tema en  La Opinión do día 26/10/2014 .

ESQUERDA UNIDA ESIXE QUE SE ATENDAN AS REIVINDICACIÓNS DO PROFESORADO E DAS NAIS E PAIS DO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

Cadena Ser, 30-10-2014

Padres y madres del Emilia Pardo Bazán se concentran para reclamar más especialistas Desde que comenzó el curso, una treintena de alumnos no cuentan con sesiones de logopedia diarias pese a sus necesidades, según la representación de los padres. Isabel Bravo.  30 de Octubre de 2014 (12:44 h.) Padres y madres de alumnos del Colegio Emilia Pardo Bazán se han concentrado a primera hora en la puerta del centro para exigir más profesores especialistas. El ANPA ha entregado hoy 600 firmas en el edificio de la Xunta en Monelos para reclamar una solución a la Consellería de Educación. Desde que comenzó el curso, una treintena de alumnos no cuentan con sesiones de logopedia diarias pese a sus necesidades,según la representación de los padres. Ellos demandan dos especialistas en Audición y Lenguaje a jornada completa y una cuidadora más porque la que hay solo está a tiempo parcial. Lucía Rodríguez , presidenta del ANPA, en la Ser Los alumnos con necesidades severas sí que reciben a

La Opinión, 30-10-2014

Concentrados en la puerta del colegio Padres del Pardo Bazán exigen más profesorado de apoyo Reúnen 500 firmas y denuncian que 29 niños carecen de atención diaria para sus necesidades Gemma Malvido  A Coruña  30.10.2014 | 09:35 Protesta, esta mañana, ante el Emilia Pardo Bazán. / LOC La Asociación de Nais e Pais (ANPA) Milnen@s, del colegio Emilia Pardo Bazán, ha reunido más de medio millar de firmas para exigir a la Xunta que asigne más profesorado especialista para los alumnos con necesidades específicas de apoyo educativo. Los padres se reunirán esta mañana, a partir de las 09.00 horas, a las puertas del colegio para protestar por la situación actual que viven los alumnos. Hasta 29 de ellos carecen de atención especializada, explicó ayer la presidenta de la asociación de padres, Lucía Rodríguez. Educación ha argumentado hasta ahora que la cuidadora a tiempo parcial acude al colegio casi cuatro días a la semana, que la dirección no solicitó un aumento de persona

Concentración

Lembrade que  mañá ás 9:00 da mañá  temos unha concentración diante da  porta do edificio de Infantil  para pedir persoal de apoio suficiente para @s nen@s con Necesidades de Apoio Educativo Especiais. Necesitamos a colaboración de tod@s para facilitar a formación e integración destes nen@s.  Grazas a tod@s polo voso apoio!!

Persoal de apoio

Como xa publicamos hai uns días, no CEIP Emilia Pardo Bazán están actualmente escolarizados máis de 650 alumnos/as de infantil e primaria, dos cales unha alta porcentaxe presenta Necesidades de Apoio Educativo Especiais (NEAEE), con casuísticas moi complexas que afectan ao seu desenvolvemento escolar e persoal. O persoal de apoio que hai actualmente no Centro non é suficiente para as necesidades deste alumnado. O Centro solicitou máis persoal de apoio a tempo completo, pero só concederon unha coidadora a tempo parcial e recortaron o horario dunha especialista de audición e linguaxe. Imos solicitar ao Xefe territorial de Educación que reciba unha comisión formada por membros da Anpa e pais/nais d@s alumn@s afectad@s. Necesitamos o voso apoio: imos  recoller sinaturas  no colexio, intentaremos estar ás horas de entrada e saída e tamén teremos o modelo de sinaturas no local o luns de 16 a 17h.  Ademais imos deixar copias na librería Espacio Cultural e noutros negocios do barrio.

A Anpa reclama profesores de apoio a xornada completa

No CEIP Emilia Pardo Bazán están actualmente escolarizados preto de 650 alumnos/as de infantil e primaria, dos cales unha alta porcentaxe presenta Necesidades de Apoio Educativo Especiais (NEAEE), con casuísticas moi complexas que afectan ao seu desenvolvemento escolar e persoal. A maiores do alumnado escolarizado en cursos anteriores, este curso matriculáronse alomenos 3 novos alumnos/a con NEAEE. Para a atención deste alumnado o Centro precisaba máis recursos, pero lamentablemente o persoal de apoio foi reducido, ao pasar nalgún caso de tempo total a tempo parcial. A Anpa e o Colexio solicitaron á Xunta que se solucionase este problema. Hoxe falan de nós: http://www.radiocoruna.com/articulo/informativos-radio-coruna/anpa-pardo-bazan-reclama-jornada-completa-profesor-audicion-y-lenguaje/20141009124146021233.html http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/10/09/padres-direccion-pardo-bazan-exigen/886740.html

ATHLETIC CORUÑA HOCKEY CLUB - ESCOLAS

Comezo das escolas deportivas na Torre para nenos e nenas en idade escolar ata 12 anos. Celebraranse na CIDADE DEPORTIVA DA TORRE no CAMPO Nº.1. Os horarios e días serán os seguintes: MARTES de 18:00 a 19:00 XOVES de 18:00 a 19:00 Nos meses de Decembro-Xaneiro os  entrenos  celebraranse en pavillón municipal cuberto. Durante este mes poñemos en marcha a campaña 'VEN  Y  PROBA' onde o alumno poderá tomar contacto cos seus adestradores e divertirse sen ningún cargo. Unha vez superado este mes o alumno recibirá o seu primeiro STICK DE  REGALO . Tamén se tomará nota do seu talle para entregarlle camiseta do club e que poidan  asisitir  uniformados aos adestramentos. Ademais o xogador/a dispoñerá de ficha federativa e seguro deportivo. Só será suficiente que vingan con roupa deportiva. Poñeremos á súa disposición un portal web con fotos e información da escola en breve. Para calquera dúbida, chamade ao teléfono 666 406490 ( Javier ).

Listen & Speak

As clases para os grupos de 3º e 4º comezarán o día 7 de outubro. Para os grupos de 5º e 6º non se acadou o número mínimo de inscricións. O prazo de solicitude permanece aberto para formar grupos , e cando se alcance o mínimo de 12 inscritos comunicarase aos interesados o inicio das clases. As persoas interesadas en inscribirse nas prazas vacantes poderán facelo a través da ficha  específica do programa “listen and speak” na web educativa municipal:  http://edu.coruna.es/es/content/view/full/25175

Comunicado da Federación Provincial de Anpas

COMUNICADO E CONVOCATORIA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO.- Federación Provincial de Anpas Como ven sendo o costume nos últimos anos o inicio de curso leva aparellado a aplicación das medidas derivadas dos brutais recortes no ámbito educativo decretados polo goberno da Xunta de Galicia e do MEC, que están a por en perigo o ensino público, atacando a igualdade de oportunidades e retrocedendo nos avances conseguidos no modelo educativo do noso país, pretendendo con elo trasladarnos a épocas que xa críamos esquecidas. - Perda importante de profesorado e incremento da temporalidade do mesmo. - Incremento das taxas de interinidade que pasaron a duplicarse. - Incremento da afinidade que fai que mais de mil docentes teñan que impartir especialidades que non son as súas - Supresión das medidas de atención á diversidade, reforzos, desdobres... - Redución dos profesionais de atención á diversidade - Peche de 74 unidades de infantil e primaria. - Supresións de ciclos Formativos de Forma

O teatro das emocións

O teatro das emocións O teatro das emocións  pretende ser un espazo no que se traballe, a través do teatro, as habilidades sociais, comunicativas e emocionais dos nenos e nenas con Trastorno del Espectro Autista (TEA) nun contexto inclusivo. O obradoiro realízase coa colaboración de ASPANAES (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da Coruña). PERSOAS DESTINATARIAS Dirixido a escolares de primaria e especialmente aqueles con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Prazas limitadas. PERÍODO DE REALIZACIÓN Desde o 6 de outubro de 2014 ata o 27 de maio de 2015. CONDICIÓNS DO PROGRAMA As solicitudes se valorarán en función da adecuación do programa ás súas necesidades e as prazas dispoñibles, dando preferencia aos residentes n