martes, 26 de agosto de 2014

Listen & Speak


Está aberta a ficha de inscrición do Programa municipal Listen and Speak, no que poden inscribirse nenos/as de 3º a 6º de Primaria.


Volta ao cole - Horario de setembro

Durante o mes de setembro, o horario de atención no local da Anpa será o seguinte:

- Días 4, 5, 8 e 9 de setembro: de 10 a 12 h.
- Días 10 e 11 de setembro: de 9 a 11 h.

A partir do 11 de setembro, estaremos no horario habitual: luns de 16 a 17 h, xoves de 9 a 10 h.

mércores, 20 de agosto de 2014

Actividades socioculturais nos centros cívicos

Nova convocatoria de actividades socioculturais

Debuxo de follas caendo sobre a herba
Nova convocatoria de actividades socioculturais nos centros cívicos
Datas de preinscrición: 4, 5 e 6 de setembro
Horario de preinscrición: débese consultar con cada centro cívico
Sorteo público: 6 de setembro ás 20.15 h
Publicación das listas de persoas admitidas: 19 de setembro
Inscrición: días 22, 23 e 24 de setembro