Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

CHARLAS DE IGUALDADE

 Os días 22, 22 e 23 de novembro en horario escolar, Terán lugar charlas de igualdade para nenas e nenos do CEIP Emilia Pardo Bazán, ao aveiro da subvención de Igualdade da Xunta de Galicia.  Trataranse temas como a igualdade de xénero, a prevención da violencia de xénero, a educación en igualdade e ciberseguridade. Formemos personas responsables e informadas.

REACONDICIONAMENTO DO COLE AZUL

Agora ou nunca!! Precisamos o teu voto para que nos arranxen o cole azul na seguínte ligazón. https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/4253 Está abierta dende o 6 de outubro ata o 18 de outubro a solicitude de reacondicionamento do cole azul, espazo adicado ao desenvolvemento das actividades extraescolares do CEIP Emilia Pardo Bazán, que consiste no cambio de xanelas e arranxo das persianas, velando pola seguridade de todo o alumnado que alí acude cada tarde e pola cativada que fai uso das instalacións nos campamentos de verán.

CARREIRA ENKI

EMILIA GALEGA,    é o noso nome de grupo para a Enki. E como non, a temática vai ser... Galicia!!!  Así que, saca toda a retranca no teu disfrace e fai voar a túa imaxinación: patacas de Coristanco, pementos de Padrón, polbo con cachelos... Encaixe  de Camariñas, traxes rexionais, gaitas e pandeieretas...Torre de Hércules, castro de Elviña, hórreo de Carnota ... Percebeiras, mariscadores... Castelao, Emilia Pardo Bazán😉 Todo da nosa terriña ten cabida!!!