Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2021

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS NOS CENTROS CÍVICOS

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS Os días 27, 28 e 29 de decembro abrirase o prazo para a preiscrición de Actividades socioculturais nos centros cívicos da Convocatoria de xaneiro-maio 2022. A preiscrición realizarase preferentemente en liña na siguente ligazón:  Formulario de preiscrición

RADIO BIBLIO

Xa podemos escoitar  o primeiro episodio do programa de radio do colexio Onda Ti  comezando xa a terceira temporada. Tedes toda a información no  blogue da biblioteca .

RECOMENDACIÓNS LECTURA DA BIBLIOTECA EPB

  A biblioteca do colexio déixanos  no seu blogue recomendacións de lectura. Os libros estarán  á nosa disposición en xaneiro á volta das vacacións, pero  podémolos atopar nas bibliotecas municipais, outras bibliotecas e librerías. FELIZ LECTURA!

CHOCOLATADA DO NADAL

 Hoxe a AMPA fixo que as as nenas e nenos do Emilia e os seus mestres gozasen dunha chocolatada con churros para rematar o trimestre e dar benvida ás vacacións de Nadal. Bo nadal familias!

V Festival Internacional de Cortometrajes de Animación de A Coruña.

O festival que levouse a cabo do 13 o 18 de decembro, e na sección infantil de "CONCURSO DE DISEÑO DE CARTEIS" , tivemos o inmenso orgullo de que dous deses premios de carteis foran para dous dos nosos compañeiros/as de 6º: -3º premio para David -1º premio para Carolina.       NORABOA ARTISTAS!!

PASEANDO CON EMILIA

O  Proxecto Documental Integrado "Paseando con Emilia"  que se desenvolveu durante o curso pasado no noso centro, no que o noso alumnado investigou e procuró información para coñecer á escritora que dá nome ao noso colexio, recibiu un dos  premios  do  VII Concurso de Traballo por Proxectos coordinados oco apoio da biblioteca escolar . Parabéns a toda a comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán!  

COMPETENCIAS DIXITAIS.

O noso alumnado de 5º de primaria participa este curso no programa DigiCraft da Fundación Vodafone no que participa a Xunta de Galicia que fomenta o traballo das competencias dixitais. Poderedes  ver a información sobre as actividades realizadas na web do colexio.