mércores, 27 de xaneiro de 2016

Gañadores do concurso de carteis de Entroido

Primeiro premio: Raquel González Calvo 6º B


Segundo premio: Noa Fariña Figueroa 2º C


Terceiro premio: Álvaro Amico Otero 5º B



martes, 26 de xaneiro de 2016

Festa de Entroido. Venres 5 de febreiro


Venres 5 de febreiro de 17 a 20 horas no pavillón de Labañou/Cocheras


NORMAS: 4 invitacións por socio/a. Resto: 4€/entrada.

1.- Reparto de invitacións e entradas no local do ANPA: do xoves 28 ao xoves 4 de febreiro (todos os días), de 9 a 9:30 en horario de mañá e de 16:30 a 17:00 en horario de tarde. Tamén se entregarán no horario habitual do Anpa: luns de 4 a 5 e xoves de 9 a 10 


2.- Traede o voso carné de socio (teremos unha listaxe actualizada de socios pero por se houbese dúbidas ou erros).


3.- O aforo é limitado, polo que vos pedimos que recollades só as entradas que ides utilizar, para que ningún nen@ quede sen festa!!


4.- Lembrade que está PROHIBIDO o USO DE SPRAYS, PETARDOS E SIMILARES dentro de todo o recinto. O seu uso implicará a expulsión do pavillón.


5.- AXUDADE A MANTER LIMPO O PAVILLÓN DURANTE A FESTA. A directiva da anpa agradece a vosa colaboración para que o pavillón quede recollido e limpo ao rematar.

6.- O día da festa non se poderá aparcar na explanada diante do pavillón, o espazo estará ocupado polos vehículos da organización da festa.

Cartel gañador: Darase a coñecer nas vindeiras horas

Voluntarios. os que queiran colaborar como voluntarios antes e durante a festa poden remitir os seus datos a milnenos@gmail.com

domingo, 24 de xaneiro de 2016

Comunicado Federación: Actividades POE/DNC. Orzamento concello

A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña,

INFORMA:

As actividades de POE, Deporte no Centro e Luditarde, que xestiona esta 

Federación en colaboración coas ANPAs do municipio, dependen en gran 

medida da renovación anual dun convenio co Concello da Coruña.

Este ano, os orzamentos están pendientes de aprobación por mor da falta de 

acordo dos grupos municipais. Porén e, aínda que todas as forzas políticas 

coinciden en apoiar a continuidade deste convenio, incluso a súa mellora, a día 

de hoxe non temos asegurada a financiación nin a continuidade das 

actividades.

Xa mantivemos conversas con todas as formacións políticas, estudando 

diversas opcións, e temos pendente unha xuntanza co alcalde a vindeira 

semana, que esperamos remate cun compromiso que garanta a continuidade 

dos programas.

Tentaremos por todos os medios atopar unha solución o antes posible, para 

solventar a situación de todas as familias e traballadores afectados, sempre no 

ánimo de manter os programas. As Anpas, as familias e as nenas e nenos, 

precisamos dese Convenio co Concello tan importante para a Escola Pública 

da nosa cidade, o cal permite que as actividades extraescolares cheguen a 

todo o mundo independentemente dos seus recursos económicos e socias, e 

que cumplen en moitísimos casos cunha función importantísima como é a 

conciliación familiar e laboral.

Manterémosvos informados das novidades e acordos aos que cheguemos.

mércores, 20 de xaneiro de 2016

22 de xaneiro remata o prazo! Bases do III concurso de carteis de Entroido (2016)

1.- O OBXECTO desta convocatoria é seleccionar un cartel para promocionar a festa de Entroido que a ANPA Milnen@s organizará o venres 5 de febreiro.
2.- PARTICIPANTES: Poderán participar todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria escolarizados no centro. Cada un deles poderá presentar un único traballo, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e inéditas, é dicir, que anteriormente non fosen presentadas noutros concursos, non sexan reproduccións totais ou parciais doutras obras nin utilicen plantillas preexistentes.
3.- REQUISITOS DOS CARTEIS:·         
Tema: O Entroido·         
Formato: Folio ou cartulina tamaño DIN-A4·         
Técnica: libre (pintura, cera, óleo, acuarela…)·   
Será requisito imprescindible para a admisión dos carteis que neles figure a lenda “ENTROIDO DO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN 2016”.·    
Cada participante poderá facer constar de forma diferente a dita lenda sen necesidade de reproducila textualmente ou na mesma orde.·    
Nos traballos presentados aparecerá o nome do alumno/a, idade e clase á que pertence.
4. PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo de entrega dos traballos finalizará o venres día 22 de xaneiro.
5. LUGAR DE PRESENTACIÓN: Os carteis deberán presentarse no local do ANPA, no horario de apertura deste, ou na caixa de correos do local.
6.- XURADO: O xurado estará composto por 3 persoas integrantes do equipo docente do centro e do Anpa.
7. O Xurado valorará a orixinalidade dos traballos e a súa elaboración, sempre tendo en conta a idade dos autores.
A resolución do xurado darase a coñecer o día 26 de xaneiro e exporase o resultado no taboleiro de anuncios da Anpa e no seu blog.
8. PREMIOS: serán premiados tres carteis.
Os premios consistirán en:
·         3º premio: un lote de material educativo e de artes plásticas
·         2º premio: un lote de material educativo e de artes plásticas
·         1º premio: un lote de material educativo e de artes plásticas

O cartel que obteña o primeiro premio será utilizado como póster promocional da festa do Entroido que organizará a ANPA Milnen@s.
A Coruña, 8 de xaneiro do 2015

sábado, 16 de xaneiro de 2016

Fotos festa de Nadal (18 de decembro)

Deixámosvos a ligazón as fotos da fiesta de Nadal coa actuación de teatro, baile e os productos elaborados na actividade de cociña. Tamén se inclúen fotos da entrega da cesta de Nadal

https://goo.gl/photos/sjDGCi9XNLt1dRtT6

LOPD: Todas as persoas que aparecen nas fotos deron a súa autorización para o uso da súa imaxe ou a dos seus fillos/as ao centro e ao Anpa. En caso de erro nalgunha das fotos mostradas, enviade un email a milnenos@gmail.com e eliminaremos inmediatamente dita foto do album.

Patinaxe. Prazas vacantes nos dous grupos

Nos grupos de patinaxe temos prazas vacantes. Dado que a listaxe de agarda de setembro podería estar xa desfasada 4 meses despois, aqueles que estean interesados poderán pasarse polo local do Anpa no seu horario habitual ou enviar unha mensaxe a milnenos@gmail.com

- 5 prazas no grupo de martes
- 2 prazas no grupo de xoves

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Remesa decembro + POE/DNC

Este venres cargarase a remesa do mes de decembro. A dita remesa levará acumulada as contías correspondentes as actividades do Concello/Fedapas para aqueles pais/nais que non fixeron o pagamento nas datas fixadas.

A priori o cobro formalizarase nos primeiros días da vindeira semana

Para aqueles socios/non socios dos que non dispoñamos dos datos precisos, remitirase unha nota informativa para que realicen de xeito inmediato o pagamento por transferencia ou nas oficinas do ANPA.

luns, 11 de xaneiro de 2016

Cambio menú día 12

Para o Martes 12 de xaneiro do 2016 o menú modifícase, polo que os nenos e nenas desfrutaran do seguinte menú:

-          2º Plato: substitúese o “Filete de Atún con arroz e salsa de tomate” por “Guiso de Bacallao”

mércores, 6 de xaneiro de 2016

Seguir por correo electrónico