O xoves 1 de outubro comezan as actividades extraescolares
O xoves 1 de outubro comezan as actividades extraescolares. Toda a información leva semanas publicada no blogue, pero a modo de resumo e para resaltar os puntos máis importantes.
Información das actividades (materiais específicos, horarios de entrada e saída, zonas, etc.)
https://drive.google.com/file/d/1PSMG6_jeuSIzE3JucT7_6o00qP-g7gHr/view?usp=sharing
Resumen de zonas e horarios de cada actividade
https://drive.google.com/file/d/1iMyY5K19f6364wFdVzlGDi9u0K3PIknZ/view?usp=sharing
Protocolos e información COVID
https://milnenosgalego.blogspot.com/p/covid.html
Os adultos non poderán entrar nos patios nin as instalacións. Salvo as entradas de infantil do colexio azul, onde un único adulto poderá acompañar ao alumno ata a porta do patio cuberto.
Este ano esíxese PUNTUALIDADE EXTREMA. A falta de puntualidade reiterada poderá ser motivo de expulsión das actividades.
Obrigatorio o uso de máscara en todas as actividades. Ademais deberán levar unha segunda máscara de reposto.
Prestade atención aos HORARIOS e ZONAS das actividades. Moitas veces os nenos non saben a que actividades van (algúns adultos que os acompañan tampouco). Unha boa medida é facerlle un cadro en papel con todos os días da semana e as actividades, para que o poida ensinar a calquera monitor e así axudalos de forma inmediata.
Estamos bastante saturados coa loxística este ano e as numerosas consultas recibidas. Agradecémosvos consultar o blogue antes de lanzar preguntas por correo, porque aí está toda a información publicada.
Por último pedímosvos que nos axudedes co traballo e responsabilidade compartida que implica ser dos poucos colexios que se animou este ano a arrincar todo. É unha enorme responsabilidade que nos implica a todos os participantes, non só á directiva: colaborar e non entorpecer, se vedes un problema axudade a solucionalo en lugar de provocar alarma social e coñecede e cumpride as normas establecidas.