Achegamos unha circular da empresa de actividades de lecer SerOcio, coa que colabora a empresa de comedor Jardanay, na que convida a asistir de forma gratuíta ao partido de baloncesto do equipo Basquet Coruña do próximo venres 1 de febreiro no Palacio dos Deportes.
Descargar circular explicativa
mércores, 30 de xaneiro de 2019
ANCAS, Camiño Escolar Seguro
As ANCAS poñen en marcha unha nova campaña de denuncia social, o #PeatonVigilante.
Animámosvos a sacar fotografías onde vehículos estean a ocupar espazos peonís e/ou presenten unha rega importante para os peóns co fin de concienciar a toda a cidadanía da importancia da mobilidade segura e sustentable. Para participar na campaña poderedes:
Entre todos/ as faremos que as contornas escolares sexan lugares de encontro e convivencia para o alumnado e as súas familias!

- Compartir fotos en Facebook, engadindo o Hashtag #PeatonVigilante
- Enviala a ancasgalicia@stopaccidentes.org subirase de forma anónima.
Entre todos/ as faremos que as contornas escolares sexan lugares de encontro e convivencia para o alumnado e as súas familias!
martes, 22 de xaneiro de 2019
Convocatoria e bases do concurso de disfraces e carteis para a festa do Entroido do ANPA Milnen@s
1.- O OBXECTO desta comunicación é establecer as bases da convocatoria do Concurso de disfraces con material reciclado e de carteis para a festa do “Entroido do Anpa Milnen@s”, festa que o Anpa organizará o venres 1 de MARZO, NO PAVILLÓN DE LABAÑOU-COCHERAS entre as 17:00 e as 20:00
AVISO IMPORTANTE:Debido a que este curso o noso número de nenos/as socios excede de 480 (e os aprox. 800 pais/nais) e o aforamento non chegará a tanto, non poderán participar familias non socias nin doutros centros educativos. Só participarán familias socios/as “de alta” antes de pechar o prazo para solicitar invitacións
2.- PARTICIPANTES:
No concurso de carteis, poderán participar en cada categoría de premio todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria escolarizados no centro. Cada un deles poderá presentar un único traballo, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e inéditas, é dicir, que anteriormente non fosen presentadas noutros concursos, non sexan reproduccións totais ou parciais doutras obras nin utilicen plantillas preexistentes.
No concurso de disfraces poderán participar todos os nenos e nenas socios que participen na festa do día 1
3.- REQUISITOS DOS CARTEIS E DOS DISFRACES:
3.1. CARTEIS
Tema: O Entroido
Formato: Folio ou cartulina tamaño DIN-A4
Técnica: libre (pintura, cera, óleo, acuarela…)
Será requisito imprescindible para a admisión dos carteis que neles figure a lenda “ENTROIDO DO Anpa Milnenos do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN 2019”.
Cada participante poderá facer constar de forma diferente a dita lenda sen necesidade de reproducila textualmente ou na mesma orde.
Nos traballos presentados aparecerá o nome do alumno/a, idade e clase á que pertence
3.2. DISFRACES
Os disfraces de temática libre, deberán realizarse íntegramente con materiais reciclados
4. PRAZO DE PRESENTACIÓN:
O prazo de entrega dos traballos finalizará o xoves 14 de febreiro.
5. LUGAR DE PRESENTACIÓN:
Os carteis deberán presentarse no local do ANPA, no horario de apertura deste, ou na caixa de correos do local.
6.- XURADO:
O xurado estará composto por 3 persoas integrantes do equipo directivo do Anpa.
O Xurado valorará a orixinalidade dos traballos e a súa elaboración, sempre tendo en conta a idade dos autores.
A resolución do xurado darase a coñecer o venres 15 de febreiro e exporase o resultado no taboleiro de anuncios da Anpa e no seu blog.
8. CATEGORÍAS E PREMIOS:
Serán premiados dous carteis, un por cada categoría e un disfraz, este último de entre os presentes o día de celebración da festa.
As categorías no concurso de carteis son:
Categoría A1.- Alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria
Categoría A2.- Alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria
Os premios consistirán nun lote de material educativo e de artes plásticas para cada categoría do concurso de carteis e tamén para o concurso de disfraces.
Os carteis que obteñan o primeiro premio serán utilizados como póster promocional da festa do Entroido que organizará a ANPA Milnen@s.

venres, 18 de xaneiro de 2019
Obradoiro de etiquetado nutricional o mércores 30 de xaneiro
OBRADOIRO DE ETIQUETADO NUTRICIONAL
- 30/01/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio
- Inscrición: só para socios/as. A través da aplicación do ANPA.
- Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA.
Poñentes
Emma Enríquez
Susana Rodríguez
Nutriciona
Contidos
¿Sabes intepretar etiquetas? Aprende a ler o etiquetado nutricional sen que te enganen.
martes, 8 de xaneiro de 2019
Menú de comedor do segundo trimestre
Menú de comedor do segundo trimestre (xaneiro-febreiro e marzo de 2019)
sábado, 5 de xaneiro de 2019
Anulación da charla do día 9 sobre acoso escolar
Lamentamos comunicarvos que, por problemas médicos da relatora da charla do día 9 sobre acoso escolar posponse a unha nova data por determinar en febreiro. Aos xa inscritos, gárdaselles a inscrición e xa vos avisaremos oportunamente a todos das novas datas.
Aproveitamos tamén para avisarvos que a finais de xaneiro teremos unha charla sobre nutrición, cuxos detalles de datas e contidos teredes dispoñibles en breve.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)