Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2017

Campamento de Nadal

Como xa sabedes comezou o prazo ordinario na aplicación para a inscrición en liña no campamento de Nadal de Fedapas co Anpa/CEIP Emilia Pardo Bazán. Os inscritos en liña deberedes pasar polo local do ANPA para formalizar a inscrición atendendo ao seguinte: Horario: 4 e 5 de decembro (9:00-9:30 e 16:00-17:00). 11,12,13 de decembro (9:00-9:30 y 16:00-16:30) Documentación a entregar: formulario dispoñible no local Facer o pagamento do servizo ou indicar que se pagará por transferencia Período de campamento: Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro Prezos para TODO o período (separamos en 2 semanas a inscrición en liña por se fose de interese para permitir máis participantes pero cobrarase o mesmo asistindo unha semana ou as dúas): 25 euros por actividades (10:00-14:00) 20 euros por madrugadores con almorzo (8:00-10:00) 10 euros por madrugadores sen almorzo (8:00-10:00) 40 euros por comedor (14:00-15:30) Formulario de FEDAPAS e información adicional

A educación a debate: deberes escolares

O vindeiro día 4 de decembro, de 19 a 21 horas, dará comezo unha actividade programada desde o CFR: “A educación a debate”. O lugar será o salón de Actos do Edificio da UNED ( Rúa Educación nº 3 A Coruña) A actividade consiste en 6 sesións ao longo do curso na que se tratarán diversos aspectos xerais e de actualidade sobre a educación e o mundo educativo. A primeira delas tratará sobre a cuestión dos deberes escolares. A asistencia, para este colectivo, é libre ata o límite do aforo (unhas 150 prazas).

27 de novembro: Asemblea Xeral Ordinaria

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ANPA MILNENOS DÍA: Luns 27 de novembro do 2017 LUGAR: Salón de Usos Múltiples do CEIP Emilia Pardo Bazán HORAS: 19:00 en Primeira convocatoria 19:15 en Segunda convocatoria ORDE DO DÍA: Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas e proxectos Comedor, madrugadores e actividades extraescolares. Información sobre subvencións solicitadas e recibidas. Estado das contas do ANPA. Reclamación contratista obras pista inferior de deportes Rogos e preguntas

Primeiro obradoiro da ENP

Este pasado venres e a mañá do sábado tivo lugar a primeira edición do taller de disciplina positiva con María Soto ( https://es-es.facebook.com/educabonito.dp/ ) e coa asistencia de 25 pais e nais do Anpa que tiveron 8 horas de formación en disciplina positiva nas instalacións do SUM do colexio e na aula de cociña que nos cedeu o Centro Comercial Os Rosales Foi unha experiencia estupenda que nos reafirma no proxecto de ENP, e que continuará cos talleres deste próximo xoves 16 e venres 17, e coa formación que seguirá ata mediados de xaneiro.  Para abril-maio quedarán as posibles novas edicións (condicionadas pola dispoñibilidade de María Soto)

Capoeira: III Taller Brasil en Cambre os días 17,18 e 19

O Grupo Iande Capoeira nos comunica que os vindeiros días 17, 18 e 19 de novembro terá lugar en Cambre o III Taller Brasil, coa formación como contramestre do profesor Tico e cambios de nivel dalgúns alumnos/as. Máis información no cartel e na folla informativa.

Cambio de menú no comedor para o xoves e venres

Para os días 2 de Novembro e 3 de Novembro, o menú viuse modificado. O cambio só afecta ao segundo prato intercambiándose entre si, polo que os nenos e nenas poderán gozar do seguinte menú: Xoves 2 de Novembro: 2º Prato: Pito asado (a guarnición non sofre cambios). Venres 3 de Novembro: 2º Prato: Hamburguesa de porco (a guarnición non sofre cambios).