venres, 26 de setembro de 2014

Actividades extraescolares

Finalmente, para este curso 2014/2015 non se formaron grupos para as actividades de Hockey, Silencio se rueda, Xogos tradicionais e de taboleiroPrexadrez e Xadrez. A actividade de Zumba e Baile Moderno amplíase tamén para nenos/ás de Infantil.

Hai inscricións abondo para os grupos de POE e Xogos de educación infantil. Estamos pendentes de recibir máis información sobre estes programas. Aínda que xa rematou o prazo de inscrición, é posible que queden algunhas prazas libres e aínda se poidan inscribir máis nenos/as.

Aínda hai prazas en todas as actividades agás na de Cociña, que ten lista de espera. Nalgunhas actividades necesitamos máis inscricións: animámosvos a inscribirvos para poder ampliar os grupos e asegurar a súa continuidade:


MANEXANDO TICS: (3º-6 º): as novas tecnoloxías "diarias": como se descargan fotografías? como edito unha montaxe audiovisual? como e en que condicións podo baixar música?. Luns de 16 a 17h.

INFORMÁTICA PARA PEQUENOS (ED. INFANTIL, 1º e 2º PRIMARIA); Venres de 16 a 17h.

MAXIA (3º-6 º): Aprendizaxe de técnicas e manexo de cartas, cordas, moedas, aneis, etc. Xoves de 16 a 17h.

ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO DE COMPLEMENTOS (todas as idades): Debuxo e pintura, manualidades, cartelería, decorados, vestiario... Martes e xoves de 17 a 18h.

ZUMBA E BAILE MODERNO (todas as idades): Luns e mércores de 17 a 18h.


xoves, 25 de setembro de 2014

Balonmán

Necesítanse nenos/as de 5º e 6º de primaria para formar parte do equipo de balonmán que adestra no Pavillón dos Rosais os martes e xoves de 19 a 20 horas.
Se estades interesados contactade con Lucía no tlfno. 679850482.

Campaña de Saúde Visual Alain Afflelou

15ª Campaña de Saúde Visual Contra o Fracaso Escolar
Do 15 de setembro ata o 31 de outubro, todos os centros ALAIN AFFLELOU de España levarán a cabo revisións oculares gratuítas a nenos de entre cinco e sete anos no marco da súa Campaña de Saúde Visual contra o Fracaso Escolar, este ano facendo foco sobre a importancia da detección a tempo da ambliopía ou "ollo vago". Tras a revisión, a firma regalará un par de lentes a aqueles nenos que o necesiten. Igualmente, farase entrega aos pais dun carné de saúde visual para o seguimento e debido cumprimento das revisións marcadas.
Os únicos requisitos para poder participar nesta campaña son: acreditar a idade do neno e pedir cita dentro do marco desta Campaña.

sábado, 20 de setembro de 2014

Presentación West Galicia



AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE DE APOIO EDUCATIVO

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE DE APOIO EDUCATIVO DO MINISTERIO DE CULTURA E EDUCACIÓN,
O PRAZO REMATA O DÍA 30 DE SETEMBRO


venres, 19 de setembro de 2014

Balonmano


Non estades seguros de se vos gustan...? Durante a última semana de setembro podedes probar, só tedes que avisarnos para dicírllelo aos monitores:

 MANEXANDO TICS: (3º-6 º) As novas tecnoloxías "diarias": como se descargan fotografías? como edito unha montaxe audiovisual? como e en que condicións podo baixar música?. Luns de 16 a 17h.

 INFORMÁTICA PARA PEQUENOS (ED. INFANTIL, 1º E 2º PRIMARIA); Venres de 16 a 17h.





 MAXIA (3º-6 º): Aprendizaxe de técnicas e o manexo de cartas, cordas, moedas, aneis, etc. Xoves de 16 a 17h.





 ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO DE COMPLEMENTOS (todas as idades): Debuxo e pintura, manualidades, cartelería, decorados, vestiario... Martes e xoves de 17 a 18h.




 ZUMBA E BAILE MODERNO (todas as idades): Luns e mércores de 17 a 18h.



Ademais, se as clases de Zumba ou Artes plásticas vos coinciden en horario con otras actividades do cole (por exemplo Natación), podedes vir un só día por semana e teredes prezos especiais

domingo, 14 de setembro de 2014

Normas de entrada e saída nas actividades extraescolares

  • Actividades realizadas no edificio de Primaria (Teatro, Tics, Maxia, Informática, Cociña, Zumba, Deseño de Complementos): Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade. Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida e a entrega no patio cuberto.
  • Actividades realizadas no Pavillón (Judo, Fútbol sala, Ximnasia rítmica, Hockey, Baloncesto): Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade. Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida e a entrega no pavillón
  • Os pais non poden acceder ao polideportivo e ás aulas durante as actividades.

venres, 12 de setembro de 2014

CAMPAÑA MUNICIPAL DE NATACIÓN ESCOLAR 2014/2015 - 3º E 4º DE PRIMARIA



  • Dirixida a escolares de 2º ciclo de Educación Primaria de Centros Públicos.
  • Número de prazas: 30.
  • Horario previsto: Piscina de Riazor os luns de 17:00 a 17:45h. (o Servizo Municipal de Deportes comunica que cabe a posibilidade de modificacións).
  • Prezo por alumno: 53,47 €. A cota inclúe o traslado dende o centro, e unha cobertura sanitaria.
  • Prazo máximo de inscrición para os escolares: 19 de setembro.
  • Data de comezo prevista da Campaña de Natación Escolar: 6 de outubro.
  • Podedes facer a inscrición no local do Anpa o luns 15 de setembro de 16 a 17h. ou o xoves 18 de setembro de 9 a 10 h.

xoves, 11 de setembro de 2014

Volta ao cole

Comeza o cole... Lembrámosvos que a partir do 10 de setembro comezaron tanto as actividades extraescolares xestionadas pola Anpa como Comedor e Madrugadores. 


ACTIVIDADES
Todas as actividades extraescolares xestionadas pola Anpa (agás "Silencio, se rueda" e "Xogos tradicionais e de mesa") comezan a partir do primeiro día de cole, o 10 de setembro. Algunhas actividades non acadaron o número mínimo de inscricións para formar grupo, pero comezarán en setembro e quedan pendentes das novas inscricións para a súa continuidade en outubro.

As altas, baixas e modificacións hai que facelas antes do día 26 do mes anterior á actividade.

Polo momento hai prazas en todas as actividades agás na de cociña, onde hai lista de agarda.

Os días 11, 12, 18 e 19 de setembro as actividades que normalmente se realizan no pavillón terán lugar nas pistas exteriores, debido á utilización do pavillón para diferentes eventos deportivos.

As actividades municipais (POE e Xogos Ed. Inf.) comezarán no mes de outubro.

Estamos pendentes da oferta municipal de actividades para solicitar outra vez a actividade de natación; cando estea disponible avisarémosvos.

MADRUGADORES
O horario de atención a@s nen@s é de 7.30 a 9.00 da mañá. O horario de entrada no centro é de 7.30 a 8.30.

COMEDOR
Hai dúas quendas de saída: ás 15.25 ou de 15.45 a 16.00. Podedes indicarlle ao persoal en que horario preferides recoller @s nen@s.

Para calquera asunto relacionado con Comedor ou Madrugadores podedes poñervos en contacto coa Anpa, presencialmente ou por correo electrónico, ou coas oficinas de JardanayMenéndez Pelayo 12, 1ºIzda. A Coruña / Teléfono: 981 12 66 27 / fax: 981 120 805 (9:00 a 15:00 / 16:00 a 19:00). O teléfono da coordinadora (Carlota) é o 637 764 388. No apartado Comedor e madrugadores do blog tedes máis información. Lembrade que para calquera modificación, altas ou baixas hai que facelo antes do día 26 do mes anterior.

Para facer uso do servizo de forma esporádica, hai que avisar ao teléfono da coordinadora ou á oficina antes das 13:00 do día no que se vaia facer uso do comedor/madrugadores. Os pagamentos en principio son por domiciliación bancaria, a non ser que acordedes outro sistema coa empresa. 

O horario do local da Anpa é o mesmo do curso pasado: luns de 16 a 17 h., xoves de 9 a 10 h.

Feliz inicio de curso!

Seguir por correo electrónico