Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

Sábado 4 maio 2019: XXIV Día da Ciencia na Rúa

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias convoca anualmente, no Parque de Santa Margarida, da man do estudantado e profesorado de centros educativos, esta mostra co obxectivo de xogar, aprender e participar nunha gran variedade de experiencias científicas, convidando así a espertar a curiosidade pola ciencia. Máis información

Boletines CC Rosales e CC Labañou e información de campamentos de verán

Achegamos o boletín dos actos previstos para este mes de maio nos centros cívicos do barrio. Tamén se achega información dos campamentos de verán da nosa concellería cuxo prazo de inscrición comeza eo 4 de maio. Boletín maio Labañou Boletín maio Rosales Tríptico campamentos municipais de día Tríptico campamentos urbáns Tríptico campamentos tradicionais

Cambio de Xunta Directiva

Onte, 24 de abril, celebrouse a Asemblea Extraordinaria para ratificar o nomeamento da nova directiva do ANPA. Os cargos quedan así: Eva González Souto - Presidenta Isaac Manuel González Gutiérrez - Vicepresidente Juan José Villar Freire - Secretario Montse López Lores - Tesoureira Catuxa Oviedo Pérez - Vogal Sara   Caínzos Conca - Vogal Sira Aurora González Rodríguez - Vogal Aos saíntes, grazas por todo. Sobran as palabras para agradecerlles as horas dedicadas sen máis beneficio que o traballo ben feito e o ben común.  Os membros novos recibimos o listón moi alto e tentaremos polo menos continuar o gran labor que realizaron durante 4 anos os nosos compañeiros. O nivel simplificación na xestión conseguido polas anteriores directivas permitiranos dedicarnos a continuar diversos proxectos que xa coñecedes. Esperamos ademais que algunha idea nova póidase materializar tamén. A modo de " spoiler", unha das metas novas que nos plantexaremos   o curso que vén se

Sesión ENP o 30 de abril: Trastorno do Espectro do Autismo (TEA)

Sesión : 30/04/2018, 16:00-18:00 Ubicación : SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio de primaria Inscrición : dispoñible a través da aplicación do ANPA Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA . Poñente Marina Pérez – Lafuente Moyá (profesora de CEE Bata – Os Mecos) Contidos Concienciar e formar ás familias socias coa mellora da Calidade de Vida das persoas con discapacidade intelectual.

Bolsas de comedor do Concello

Remitimos información que nos envía o Concello da Coruña para as bolsas de comedor do próximo curso. O prazo de solicitudes é do 22 de abril ao 6 de maio de 2019 . Programa becas de comedor Instruccións

Festas das ANPAS 25 de maio en Gandarío

Este ano toca a celebración da III FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA. Será no albergue de Gandarío o 25 de maio. Da información que remite Fedapas, mais ou menos a organización é como o ano pasado (non hai porque cambiar o que funcionou ben). O que sí queremos mellorar é a participación dos maiores, pretendemos facer unha xornada de convivencia entre os asociados das ANPAS, as xuntas directivas, AS FAMILIAS, unha xornada de participación que sirva para coñecernos, xogar, bailar, comer xuntos. Pedímosvos que interactuemos cos nosos fillos e fillas e cos monitores, que se encargarán de facer as actividades que vedes abaixo. Este ano mantemos o torneo de futbol 7 con equipos mixtos (cada ANPA pode inscribir os que consiga facer) formados por 4 pais/nais e 4 nenos/as cada un deles. Se participades no torneo de fútbol é preciso, por razóns de organización previa, enviade un correo a milnenos@gmail.com indicando o número de adultos e nenos participantes. Se non hai participantes, non

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria da ANPA Milnenos

DÍA:  MÉRCORES 24 de abril de 2019 LUGAR: Salón de Usos Múltiples do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán HORA: 19:00 en primeira convocatoria, 19:15 en segunda convocatoria ORDE DO DÍA : 1.- Nomeamento da nova directiva do Anpa Milnenos 2.- Rolda de intervencións. DESPEDIDA INFORMAL : Como a asistencia ás asembleas é case sempre reducida, queremos  aproveitar esta convocatoria para despedir de xeito informal os catro anos que levamos as catro persoas que agora abandonamos o Anpa, que non o colexio nin o barrio... Para ser breves quixemos deixar por escrito 10 conclusións escritas en primeira persoa pero que compartimos todas as persoas que formamos a directiva: 10 Conclusións de 4 anos