luns, 27 de abril de 2015

Convenio CEIP, ANPA e "Ayuda en Acción": Proxecto Teatral Interaulas

No seguinte enlace podedes consultar a información do convenio suscrito en datas recentes entre as tres entidades para a realización dun proxecto teatral no marco do programa de apoio á infancia "Ahora toca":
 
 
"O CEIP Emilia Pardo Bazán, a ANPA Milnen@s e a ONG "Ayuda en Acción" recentemente suscribiron un convenio de colaboración no marco do programa de apoio á infancia: AHORA TOCA. Ámbalas entidades están interesadas en colaborar e apoiar accións que se leven a cabo a favor dos Dereitos da Infancia e a Educación para o Desenvolvemento e por elo consideran convinte a cooperación destas Instituciones no ámbito educativo.

Baixo o título do "Proyecto Teatral Interaulas" a ONG "Ayuda en Acción" subvencionará económicamente o desenvolvemento do citado proxecto, para a adquisición de vestiario, atrezzo, decorados, recursos tecnolóxicos... que facilitarán a representación da obra elixida para o actual curso escolar: A frauta máxica.

Por outra parte grazas ao convenio asinado con "Ayuda en Acción" o alumnado de 5 a 8 anos de idade poderá beneficiarse, a través do voluntariado corporativo de empresas colaboradoras, da realización de revisións oftalmolóxicas gratuitas, proporcionando incluso lentes aos alumnos/as que o necesitan. Estas revisións se farán previa autorización por escrito dos pais e das nais do citado alumnado".

venres, 24 de abril de 2015

Agradecemento da ANPA saínte na prensa (El Ideal Gallego)

http://www.elidealgallego.com/opinion/ventureira/final-futuro-emilia-pardo-bazan/20150424011317238602.html

Un final con futuro en el Emilia Pardo Bazán
Llega la hora de decir adiós. O posiblemente, un hasta siempre. Han pasado dos años y en el colegio Emilia Pardo Bazán se refleja en la fusión y el trabajo “De mamas & de papas” donde todo es posible en un día con hijos y alumnos. En su habitual “despacho”, donde se cocinaban ideas y proyectos, han aparcado sus obligaciones y preocupaciones personales por una labor a “pachas”, a veces ingrata, y en otras, donde se premia y reconoce el esfuerzo y talento de quienes se implican en un ámbito social que tiene como finalidad una polivalencia eficaz con el único fin de afrontar distintos roles que hagan de este Centro de Estudios una referencia en la educación coruñesa.  
Les hablo del ANPA del colegio de infantil y primaria Emilia Pardo Bazán, donde allá por el 2013 una apasionada, solidaria e ilusionada Lucía Rodríguez y un grupo de padres se embarcaron en la siempre difícil tarea de luchar por una enseñanza más positiva, llena de posibilidades y realidades en un centro escaso de recursos, con grandes proyectos donde los niñ@s son siempre los indiscutibles protagonistas. En sus inicios, y pese a su inexperiencia lógica en este tipo de cometidos, Lucía y su equipo aprendieron rápido y su batalla no tardó en dar sus frutos. Ahí está la ampliación del centro, producto de siete años de lucha, prórrogas, burocracia, demoras y, cómo no, de anteriores compañeros que también hicieron posible esta realidad.
Lucía y sus chic@s entienden que llegó el momento de dejar sitio a otros protagonistas dispuestos a ocupar su tiempo en organizar fiestas, comedor, actividades, atender sugerencias y también, algún que otro berrinche en un ambiente donde abundan más las luces que las sombras.
Lucía y sus colaboradores no regatean elogios a papás y mamás que estaban ahí cuando tenían algo que decir o algo que pedir. Gratitud por la atención recibida desde el centro. Desde Secretaría con Manuel y Antonio. Desde Conserjería con Marina, Chus y Agustín. Desde el servicio de limpieza con Marisol, a Horacio, Conchi y a todos los profesores que en medio de los pasillos les preguntaban y ayudaban a compartir experiencias. Y en especial, a José Manuel, con el que siempre fue un lujo trabajar, sin omitir su célebre frase que cuando la recuerda, Lucía no puede evitar sonreír: “¿Tienes cinco minutos?”. Ambos sabían que la reunión tenía hora de inicio pero con un final incierto. “Gracias de todos para todos”. Es la despedida emocionada de Lucía. Toca volver a reinventarse.


martes, 21 de abril de 2015

Cambio da xunta directiva

Onte, 20 de abril, tivo lugar a asemblea extraordinaria para ratificar o nomeamento da nova directiva da Anpa. Os cargos quedan así:


Pablo Peteira Otero - Presidente
Marcelo Chouza Insúa - Vicepresidente
Jacinto Álvarez Somoza - Secretario
Isabel Andón Carneiro - Tesoureira
Ana Vázquez Fernández - Vogal responsable de actividades extraescolares
Sara Cainzos Cuenca - Vogal representante de comedor
Eva González Souto - Vogal representante no Consello Escolar

Os membros da directiva que deixamos os nosos cargos queremos despedirnos e agradecer o apoio e a colaboración das familias socias da Anpa, d@s que vos involucrastes asistindo ás asembleas, facendo comentarios e suxestións, e tamén de toda a comunidade educativa do centro (equipo directivo, profesorado, conserxes, persoal de limpeza...) e das empresas que colaboraron con nós. 

Foron dou anos  moi intensos pero moi gratificantes. Esperamos ter feito un bo traballo e animámosvos a participar activamente na vida do cole. 

Á nova xunta directiva, desexámosvos moita sorte na etapa que empezades e queremos lembrarvos que podedes contar coa nosa axuda cando a  necesitedes.

¡Grazas a tod@s!

martes, 14 de abril de 2015

Asemblea xeral extraordinaria - 20 de abril

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ANPA MILNENOS

DÍA: Luns 20 de abril de 2015
LUGAR: Salón de Usos Múltiples do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán
HORA: 18:15 en primeira convocatoria
18:30 en segunda convocatoria

ORDE DO DÍA:
1.- Nomeamento da nova xunta directiva.
2.- Rolda de intervencións.



xoves, 9 de abril de 2015

Mini Maratón Atlántica 2015


Cartel Mini maratón co lema
Co obxectivo de impulsar o deporte e os hábitos de vida saudables entre a mocidade coruñesa, o Concello da Coruña, a través da Concellería de Educación, Deportes e Xuventude que dirixe Francisco Mourelo, organiza o próximo 18 de abril o primeiro Mini Maratón Atlántica. As carreiras, cuxa inscrición é gratuíta, forman parte da programación de actividades do Maratón Atlántica Coruña42.
As probas disputaranse na mañá do sábado 18, entre as 11.00 e as 13.30 horas aproximadamente, no novo Paseo do Parrote. Estarán divididas en nove categorías segundo as idades das persoas participantes. Como vén sendo habitual nas carreiras organizadas polo Concello, poderán tomar a saída dende a mocidade menor de 18 anos ata pitufos. Mentres que o primeiro grupo correrá un total de 2.400 metros, os máis pequenos, nacidos dende o 2008 ata o 2015, percorrerán 125 metros e poderán estar acompañados por adultos en casos estritamente necesarios. Desta forma, e grazas a esta iniciativa, os menores tamén poderán participar no seu particular Coruña42.
CATEGORÍASANO DE NACEMENTO
XuvenilNados/as no ano 1998/1999
CadeteNados/as no ano 2000/2001
InfantilNados/as no ano 2002/2003
AlevínNados/as no ano 2004/2005
BenxamínNados/as no ano 2006/2007
PitufosNados/as no ano 2008 e posteriores
As inscricións do Mini Maratón Atlántica son gratuítas e efectuaranse, única e exclusivamente, a través da web www.championchipnorte.com. Cada categoría contará cun número de prazas determinado, 100, fóra dos pitufos, que verá ampliada a participación en función do ano de nacemento.
Continuando a liña establecida pola concellería en relación á carreira Coruña10 e que sitúa o deporte como unha ferramenta para a educación e creación de hábitos saudables, convocarase un premio entre os centros escolares para fomentar a participación. O colexio que máis alumnos inscriba no I Mini Maratón Atlánticarecibirá 500 euros en material deportivo.
HORARIO DE REALIZACIÓN E RECOLLIDA DE DORSAIS
O Mini Maratón Atlántica realizarase nun circuíto cerrado no Novo Parrote, e cada categoría tomará a saída noseguinte horario:
CATEGORÍAHORARIODISTANCIA
Xuvenil e cadete feminina11.00 h2.400 m aprox.
Xuvenil e cadete masculino11.20 h2.400 m aprox.
Infantil feminina11.40 h1.600 m aprox
Infantil masculina11.55 h1.600 m aprox.
Alevín feminina12.10 h800 m aprox.
Alevín masculina12.20 h800 m aprox
Benxamín feminina12.30 h800 m aprox
Benxamín masculina12.40 h800 m aprox.
Pitufos (quendas necesarias)12.50 h125 m aprox.
recollida de dorsais será obrigatoria e realizarase o venres, de 17 a 22 horas en Exporunning, evento que estará situado no Palacio de Exposicións e Congresos Palexco (Peirao de Transatlánticos, s/n, 15003 – A Coruña), e o sábado 18 no Paseo do Parrote ata unha antes do inicio de cada carreira.
Mini Atlántica premiará a todos e todas as súas participantes coa súa medalla de finisher, da mesma maneira que se fará ao día seguinte, 19 de abril, a todas as persoas participantes que logren finalizar os 42.195 metros, e cruzar a meta de Mª Pita.
Coruña42 é moito máis que un maratón, e a Mini Atlántica xa forma parte do seu programa de actividades.
Pode descargar o regulamento no pé de páxina.
OUTROS CONTIDOS RELACIONADOS

mércores, 1 de abril de 2015

CAMBIO DE EDIFICIO

Como sabedes, á volta das vacacións de Semana Santa entrará en funcionamiento o novo edificio no colexio, e polo tanto hai cambios na organización de entradas e saídas para @s alumn@s de comedor e madrugadores.

O colexio enviou unha circular e podedes ver os planos na web do colexio: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/438

Entrada en Madrugadores: entrar pola porta corredeira do novo edificio de infantil (situada ao carón do semáforo e do paso de cebra) e dirixirse directamente á porta principal de entrada do comedor.

Saída de comedor: os pais e nais entrarán pola porta corredeira do novo edificio e recollerán @s nen@s nas seguintes portas:
  • Infantil: porta que dá ás pistas deportivas inferiores
  • Primaria: porta principal do novo edificio de infantil (porta que dá ao edificio de primaria)

Actividades extraescolares: non hai cambios. Os monitores trasladarán @s nen@s de comedor ás actividades.

Lembrade que hai que avisar á coordinadora de comedor antes das 15:00 do mesmo día se varía o horario habitual de recollida ou @s nen@s non van a actividades. Tamén hai que avisar antes das 15:00 horas da previsión de recollida de alumnado na quenda das 15.25 horas.

Avisade tamén á coordinadora cando por motivos extraordinarios non vaiades chegar a tempo á recollida ou @s nen@s vaian facer uso da biblioteca ata que cheguen os pais e nais.

Hai que autorizar verbalmente ou por escrito para a recollida ás persoas que non sexan pais, nais ou titores.

Teléfono da coordinadora de madrugadores e comedor: : 637764388
Horario de atención a pais/nais da coordinadora:
09:00 horas - porta principal do comedor
13:30-14:00 horas - porta principal do comedor
14:25 e 15.45 horas - porta principal do comedor

Pedímosvos paciencia e comprensión nos primeiros días do novo sistema e a vosa colaboración para que todo funcione normalmente.