xoves, 15 de marzo de 2018

Bolsas de comedor 2018/2019

O Concello de Coruña convoca as bolsas de comedor para o curso  2018/2019

Ligazón: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/15/2018_0000002009.pdf

Prazo de presentación: 10 días hábiles dende a publicación no BOP

martes, 6 de marzo de 2018

Novo horario do local no ANPA (luns)

Dende marzo de 2018 ata fin de curso o luns o novo horario será de 16:30 a 17:00.

V Gala Internacional de Patinaxe Artistico

Desde a Federación Galega de Enfermidades Raras, despois de catro anos, volven organizar a V Gala Internacional de Patinaxe Artistico! Este ano celebrarase o domingo 18 de marzo no Palacio dos Deportes da Coruña ás 17:00 h.
Coa presenza de Campións do Mundo nas modalidades de individual masculino, feminino e parellas mixtas, Campións de Europa, Campións de España e grupos show, non vola podedes perder!

Podedes adquirir as vosas entradas na web de  Fegerec (10€) (www.fegerec.es) na sede ( C/ Solis s/n A Coruña,  Eiris de Arriba,  detras do  CHUAC), ou nos teléfonos: 981 234 651 | 691 011 855
Tamén poderedes adquirilas en Tenda Skate& Roller ( R/San Francisco, 21) e en Gravados  Fg ( R/Juan Montes, 28), ademais a semana do 12-17 de marzo estaremos no CC 4 Camiños!

A recadación  destinarase ao programa sociosanitario que a Federación ofrece a persoas  que padecen unha enfermidade rara.

venres, 2 de marzo de 2018

Recuncho do Xogo en Semana Santa nos centros cívicos municipais

Actividades lúdicas para nenos e nenas de 4 a 12 anos, que se realizarán nos centros cívicos municipais durante os días 26, 27 e 28 de marzo de 2018.

Horario xeral: de 10:00 a 13.30 h. Nos Centros Cívicos de Artesanos, Labañou e Novoboandanza, Palavea, Cidade Vella, Santa Margarita, Pescadores, San Diego, Eirís, Sagrada Familia, Elviña e A Silva
Horario ampliado: de 9.00 a 14.30 h. O horario ampliado so se realizará nos centros de Castrillón, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Mallos e Rosales.

Precio público da Actividade
Horario xeral: 7 €
Horario ampliado: 11 €
  
Preinscrición: 3, 5 e 6 de marzo (sábado, luns e martes)
Horario preinscrición: de 11:00 a 13:00 h e de 17:00 a 20:00 h

Sorteo: 6 de marzo  ás 20:15 h, en cada centro cívico.
Exposición pública de listados de admitidos/as e de reservas: o día 19 de marzo

Inscrición: 20, 21 e 22 de marzo  no mesmo horario que a preinscripción.

Para nenos e nenas con necesidades educativas especiais ou discapacidade, en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo, ofertaráse dez prazas nesta actividade.