venres, 27 de xaneiro de 2017

Sábado 28 12:00 horas no CC Os Rosales:"Dillo ti" (Concello Coruña)

Este Sábado ás 12:00 horas no Centro Cívico Os Rosales: programa "Dillo ti" (Concello Coruña)

Neste enlace atoparedes a información máis relevante:

https://www.coruna.es/participacion/gl/dillo-ti?argIdioma=gl

Animámosvos a participar no encontro:

xoves, 19 de xaneiro de 2017

12 meses, 12 causas: Búscanse valentes

"Búscanse valentes" contra o acoso escolar, a nova campaña de 12 Meses ten como obxectivo: concienciar, axudar a detectar e combater o acoso escolar onde sempre existe un acosador, unha vítima e unha testemuña. Esta campaña lanza unha mensaxe directa aos que conforman o circulo de testemuñas. Só eles os valentes, os que se atrevan a traspasar o silencio e situar xunto á vítima, conseguirán romper a dinámica do acoso.
O obxectivo é chegar aos mozos a través da música. Coa colaboración especial de Juan Manuel Montilla  "El Langui", creouse un rap cargado de mensaxes positivas, porque a forza do valente está no corazón!!!
Únete á campaña entrando en www.sebuscanvalientes.com e ármate de valor e ferramentas para loitar contra o acoso.

mércores, 18 de xaneiro de 2017

martes, 17 de xaneiro de 2017

Comedor. Cepillo de dentes

Dende febreiro, os venres os inscritos/as en comedor levarán cadanseu cepillo de dentes para casa

sábado, 14 de xaneiro de 2017

CONCURSO CARTEIS E DISFRACES 2017

CONVOCATORIA E BASES DO CONCURSO DE DISFRACES E DE CARTEIS PARA A FESTA DO ENTROIDO DO ANPA MILNEN@S DO 24 DE FEBREIRO DO 2017

1.- O OBXECTO desta comunicación é establecer as bases da convocatoria do Concurso de disfraces con material reciclado e de carteis para a festa do “Entroido do Anpa Milnen@s”, festa que o Anpa organizará o venres 24 de febreiro, no pavillón de Cocheras entre as 17:00 e as 20:00

AVISO IMPORTANTE: Debido a que este curso o noso número de nenos/as socios excede de 410 (e máis de 720 pais/nais) e o aforamento do pavillón é inferior a 500, non poderán participar familias non socias nin doutros centros educativos. Só participarán familias socios/as “de alta” antes de comezar o prazo para recoller as invitacións (16-23 de febreiro)

2.- PARTICIPANTES:
No concurso de carteis, poderán participar en cada categoría de premio todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria escolarizados no centro. Cada un deles poderá presentar un único traballo, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e inéditas, é dicir, que anteriormente non fosen presentadas noutros concursos, non sexan reproduccións totais ou parciais doutras obras nin utilicen plantillas preexistentes.

No concurso de disfraces poderán participar todos os nenos e nenas socios que participen na festa do día 24

3.- REQUISITOS DOS CARTEIS E DOS DISFRACES:
3.1. CARTEIS
Tema: O Entroido·        
Formato: Folio ou cartulina tamaño DIN-A4·        
Técnica: libre (pintura, cera, óleo, acuarela…)·  
Será requisito imprescindible para a admisión dos carteis que neles figure a lenda “ENTROIDO DO Anpa Milnenos do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN 2017”.·   

Cada participante poderá facer constar de forma diferente a dita lenda sen necesidade de reproducila textualmente ou na mesma orde.·
Nos traballos presentados aparecerá o nome do alumno/a, idade e clase á que pertence.

3.2. DISFRACES
Os disfraces de temática libre, deberán realizarse íntegramente con materiais reciclados

4. PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo de entrega dos traballos finalizará o venres día 10 de febreiro.

5. LUGAR DE PRESENTACIÓN: Os carteis deberán presentarse no local do ANPA, no horario de apertura deste, ou na caixa de correos do local.

6.- XURADO: O xurado estará composto por 3 persoas integrantes do equipo directivo do Anpa.

7. O Xurado valorará a orixinalidade dos traballos e a súa elaboración, sempre tendo en conta a idade dos autores.
A resolución do xurado darase a coñecer o luns 14 de febreiro  e exporase o resultado no taboleiro de anuncios da Anpa e no seu blog.

8. CATEGORÍAS E PREMIOS: serán premiados dous carteis, un por cada categoría e un disfraz, este último de entre os presentes o día de celebración da festa.
As categorías no concurso de carteis son:
Categoría A1.- Alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria
Categoría A2.- Alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

Os premios consistirán nun lote de material educativo e de artes plásticas para cada categoría do concurso de carteis e tamén para o concurso de disfraces.

Os carteis que obteñan o primeiro premio serán utilizados como póster promocional da festa do Entroido que organizará a ANPA Milnen@s.

A Coruña, 13 de xaneiro do 2017


xoves, 5 de xaneiro de 2017

mércores, 4 de xaneiro de 2017

HORARIO LOCAL ANPA. Xaneiro 2017

Por motivos laborais, durante o mes de xaneiro o local do Anpa terá os seguintes horarios:

- Os luns de 16:30 a 17:00 horas
- OS xoves de 9:00 a 10:00 horas

Seguir por correo electrónico