Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

ESTUDO SOBRE POBREZA ENERXÉTICA - INFORMACIÓN DE INTERESE PARA ÁS FAMILIAS

Estase a realizar un Estudo a nivel estatal sobre Pobreza Enerxética dende unha UTE (Unión Tempral de Empresas) formada por a EAPN, ACA (Asociación de Ciencias Ambientales), a UC3M (Universidade Carlos III de Madrid) e o CSIC (Instituto Eduardo Torroja de la Agencia Estatal del Consejo Superior de Investigaciones Científicas), mediante o cal se pretende mellorar o coñecemento actual sobre a vulnerabilidade enerxética dos fogares. Para tal fin, trátase de recompilar información sobre o consumo e gasto enerxético dos fogares e as principais variables que afectan ao benestar enerxético dos mesmos durante un período de tres anos. Para isto, o estudo require, por unha banda, da medición dos consumos determinantes do confort térmico dunha mostra representativa de fogares, e, por outra, do desenvolvemento de enquisas aos fogares sobre as características das súas vivendas, os seus equipamentos e hábitos de uso enerxético.  Anexamos unha presentación onde se explica máis detalladamente esta in

RESERVA DE PRAZA AO CENTRO ADSCRITO IES SALVADOR DE MADARIAGA PARA O ALUMNADO DE SEXTO

Aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de sexto que desexe continuar os estudos no IES Salvador de Madariaga. O prazo remata o 6 de febreiro. Toda a información no seguinte documento:  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=system/files/SKM_454e23011711440.pdf

GRAZAS

GRAZAS!!! a todas vos, familias, GRAZAS!!!  Grazas por facer que o camiño que comezamos fai uns meses, que se nos facía case imposible de alcanzar, chegara por fin a facerse máis curto, máis doado e sobre todo, un propósito polo que pelexar. Grazas polos ánimos, grazas por non deixarnos caer, grazas por cada palabra de alento. Detrás de cada reunión no concello, detrás de cada reunión cós partidos políticos que tiveron a ben escoitarnos, de cada buzoneo, de cada mail...estabades vós apoiando. A loita continúa, pois non imos descansar ata ver cambiadas as xanelas do noso cole azul. Esta vez, o orgullo está en vós, as nosas mil familias.