Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2015

Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria: luns 30 de novembro

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA MILNENOS DÍA: Luns 30 de novembro de 2015 LUGAR: Salón de Usos Múltiples do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán HORA: 18:15 en primeira convocatoria 18:30 en segunda convocatoria ORDE DO DÍA: 1.- Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas e proxectos (campamento de verán - campamento de Nadal). 2.- Información sobre os recortes de persoal de AL e PT. 3.- Información sobre subvencións solicitadas e recibidas. 4.- Comedor, madrugadores e actividades extraescolares. 5.- Estado das contas da ANPA. 6.- Rolda de intervencións.

Fotos da actividade de cociña

25 novembro_día internacional contra a violencia de xénero

Manifesto CONFAPA:  https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0VzhHdVlZZTNiUVpjdUxLWnpOVnFnS2l5OWc0/view?usp=sharing

Resultados Clube Deportivo 22-23 de novembro

Baloncesto Categoría Encontro Día Hora Pavillón Resultados Benxamín EPBazán-Rosales – Culleredo Burgo 21 16:00 Agra II (pista 2) 7-57 Alvín Feminino Culleredo – EPBazán-Rosales 21 10:00 O Burgo 53-2 Alevín Masculino Sta Mª del Mar – EPBazán-Rosales 21 09:30 Agra II (pista 2) 53-43 Infantil Feminino CD Los Rosales – Basquet Coruña Leyma 02 22 10:00 Labañou 59-23 Infantil Masculino Sta Mª del Mar – CD Los Rosales 22 10:00 Colegio Sta Mª del Mar 41-69 Cadete Feminino CB Arteixo – CD Los Rosales 22 12:00 Arteixo Pazo dos Deportes 56-29 Cadete Masculino CD Los Rosales – Maristas Coruña 22 12:00 Los Rosales 40-81 Fútbol Sala Categoría Encontro Día Hora Pavillón Resultados Prebenxamín EPBazán-Rosales – Anpa Mencer 22 20:00 Labañou 4-3 Benxamín “A” EPBazán-Rosales “A” – Hérucles F.S. “A” 21 12:00 Calvo Sotelo 1-17 Benxamín “B” Ex-Alcohólicos Morás “B” - EPBazán-Rosales “B” 22 16:00 Los Rosales 4-5 Alevín “A” Club del Mar “A” - EPBazán-Rosales”A” 22 20:00 Club del Mar 5-2 Alevín

Aviso. Traslados entre actividades

Nos cambios de hora de actividades lémbrase aos pais e nais (ou acompañantes no seu caso dos nenos) que non está permitido permanecer no parque infantil do colexio azul , porque iso retrasa a apertura e peche de portas e non permite continuar co normal funcionamento da actividades extraescolares e do colexio.

Fotos Magosto 2015

Onte, venres día 6, celebrouse o Magosto do colexio coa colaboración do ANPA. Aproveitamos todos un bo día sen choiva que permitiu que todo saíse perfectamente. Temos que agradecer sobre todo a colaboración de 6 voluntarias (con "A" maiúscula porque non houbo ningún voluntariO...), a colaboración de directivos do Anpa e como sempre a implicación dos e das docentes e demais persoal do CEIP. Ademais, contamos tamén coa axuda desinteresada dun membro do Consello Escolar e do Club Deportivo (Angel) que cedeu as grellas para facer as castañas. Por último, a empresa Jardanay tamén nos axudou asando as castañas para os nenos e nenas de Educación Infantil. Deixámosvos dúas ligazóns con algunhas fotos do Magosto celebrado (do Anpa e da Dirección do Centro) : https://goo.gl/photos/AzMf37wX6fsrLNCX8 http://www.edu.xunta.es/centros/ceipemiliapardobazancoruna/galeria/displayimage.php?album=101&pid=3804&slideshow=5000 LOPD: Todas as persoas que aparecen nas fotos de

MAGOSTO 2015

O vindeiro venres celebrarase en Magosto no colexio. Aqueles que poidades colaborar como voluntarios no Magosto, en particular para colaborar na preparación de castañas e actividades a partires das 9:30 hs, solicitámosvos que o confirmedes por mail a milnenos@gmail.com Moitas grazas por adiantado,

AMPLIAMOS PRAZO!!! PT e AL: Recollida de sinaturas

PARA FACILITAR A ENTREGA DE SINATURAS LOGO DA PONTE, AMPLIAMOS O PRAZO ATA O XOVES 5 DE NOVEMBRO (INCLUIDO)   Estimad@s pais/nais, O NOSO CENTRO E OS NOSOS  NEN@S PRECISAN MÁIS MESTRES DE APOIO !!!!! Como moitos de vos xa sabedes, o noso colexio precisa máis persoal especializado para poder atender aos nen@s con necesidades educativas especiais. Nestes momentos temos 63 alumnos con necesidades importantes e 30 que necesitan máis apoio. Por todo isto, dende a ANPA solicitamos a vosa colaboración facendo un pequeno esforzo: ASINADE ESTA PETICIÓN e entregade as sinaturas que recollades no local do Anpa os próximos días: -          Xoves 22/10/2015 de 9 a 10 -          Luns 26/10/2015 de 4 a 5 -          Xoves 29/10/2015 de 9 a 10 Ademais, membros da directiva do Anpa e todos aqueles que queiran colaborar como voluntarios solicitarán a vosa sinatura a entrada e saída do centro. A nosa intención é entregar copia das sinaturas xunto co escrito coa reclamación