Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2020

O xoves 1 de outubro comezan as actividades extraescolares

O xoves 1 de outubro comezan as actividades extraescolares. Toda a información leva semanas publicada no blogue, pero a modo de resumo e para resaltar os puntos máis importantes. Información das actividades (materiais específicos, horarios de entrada e saída, zonas, etc.) https://drive.google.com/file/d/1PSMG6_jeuSIzE3JucT7_6o00qP-g7gHr/view?usp=sharing Resumen de zonas e horarios de cada actividade https://drive.google.com/file/d/1iMyY5K19f6364wFdVzlGDi9u0K3PIknZ/view?usp=sharing Protocolos e información COVID https://milnenosgalego.blogspot.com/p/covid.html Os adultos non poderán entrar nos patios nin as instalacións . Salvo as entradas de infantil do colexio azul, onde un único adulto poderá acompañar ao alumno ata a porta do patio cuberto. Este ano esíxese PUNTUALIDADE EXTREMA . A falta de puntualidade reiterada poderá ser motivo de expulsión das actividades. Obrigatorio o uso de máscara en todas as actividades . Ademais deberán levar unha segunda máscara de reposto. Prest

Carreira ENKI

Como sabedes o ano pasado participamos un grupo moi numeroso de nais e pais cos nosos fillos na cerrera ENKI, foi unha xornada única e irrepetible que nos axudou a entender un pouco máis a inclusión e a divertirnos cos nosos fillos. Este ano tamén queremos estar representados como colexio, aínda que nesta edición e como non podía ser doutro xeito adaptada á nova realidade, a través dun evento virtual. Aínda que non se poida participar dun modo presencial, gustaríanos animarvos a participar sendo parte do equipo virtual do colexio. É moi sinxelo, detallámosvos os pasos para seguir: Inscribe aos membros da túa familia en www.enkiproyecto.com No nome do equipo indica: OS PIRATAS DO EMILIA Lembrar o custo por participante son 3 euros e coa inscrición recibiredes un dorsal de participación e de agasallo unha bolsa de corredor con moitas sorpresas. Dispoñemos de vídeos titoriais para recrear os obstáculos en casa, pódense subir fotos á web de ENKI e gañar premios nunha festa en directo o

Cambios na actividade de fútbol

Debido ao baixo número de rexistrados en fútbol, e despois de máis dunha semana tentando unha solución por parte do Club Deportivo, informámosvos que finalmente a actividade sae adiante coas seguintes consideracións: Os tres grupos de fútbol (prebenxamín,  benxamín e alevín) unifícanse nun único con horario luns e xoves de 16:00 a 17:00. É o horario correspondente a  prebenxamín, dado que é o grupo que ten máis preinscricións. O prezo da actividade sobe a 20 euros ao mes As familias afectadas teñen correo informativo máis detallado.

Confirmacións das actividades inscritas

O día 16 de setembro xa foron confirmadas todas as actividades que arrincan, así como notificadas todas as familias das actividades canceladas. A única actividade pendente de confirmación de inscrición é fútbol. Estamos á espera de solución final por parte do  Club Deportivo Os Rosales (unificar, aumentar o prezo ou cancelar a actividade) debido ao baixo número de rexistrados. Esperamos ter confirmación canto antes. Toda a información no apartado de actividades.

Accións e reclamacións á Consellería de Educación

Informamos que a folga prevista para o día 16 trasládase ao día 23 coincidindo co comenzo do curso na ESO. Para o mércores 16 de setembro ás 19 horas, hai convocadas mobilizacións en diferentes puntos de todas as provincias a prol dunha volta segura ás aulas. Sobra dicir que é moi importante ter en conta: Respectar ás medidas de seguridade: distancia social de seguridade, máscaras. As familias dos Concellos que teñen limitadas as reunións a 10 persoas, poden acudir ás mobilizacións; único requisito, concentracións en grupos de 10 persoas (pode haber 1000 persoas, agrupadas en 100 grupos de 10, por exemplo). Queremos facervos partícipes, ademais, da iniciativa promovida por distintas ANPA de Secundaria da Coruña e área metropolitana que teñen serios problemas de espazo nas aulas e están a verse abocadas a rateos esaxeradas, desdobres en quendas de mañá e tarde e mamparas para separar ao alumnado. Situación por suposto que tamén están a vivir moitas outras ANPA e familias da provincia. T

Información sobre o acceso ao local do ANPA

Debido ás medidas levadas a cabo polo CEIP en canto á presenza de pais e nais no centro, vese afectado o funcionamento da atención presencial no local da ANPA. Atenderase no devandito local ás familias os mércores de 17 h a 18 h e os xoves de 9:30 h a 10:30 h CON CITA PREVIA e acceso a través do portalón do aulario de E. Infantil. Para pedir cita, basta con enviar un e-mail polo menos 24 horas antes a milnenos@gmail.com indicando o día de preferencia. O aforo dentro do local é de dúas persoas: un membro da directiva e un proxenitor.

Información actualizada sobre comedor e madrugadores

Actualizamos no apartado correspondente do blogue a información sobre madrugadores e comedor neste curso 2020/21. Lembrámosvos que as inscricións para setembro están pechadas. En breve poñeremos neste blogue a información sobre as ampliacións de prazas para outubro, en función dos cambios nos protocolos das consellerías e as imposicións derivadas destas.