Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

Comunicado de rexeitamento do adianto dos exames de setembro

CONFAPA-GALICIA mantivo este luns unha reunión con representantes da Consellería de Educación da que adxuntamos comunicado que recolle a nosa opinión , avalada por as familias que foron consultadas mediante enquisa cun resultado abraiante en contra do adianto dos exames de setembro ao mes de xuño para o alumnado da ESO e de 1º de bacharelato. Decisión que, a dicir da Consellería, ten a aprobación da xunta de directores e dunha parte dos sindicatos do ensino. Neste comunicado denunciamos unha medida que non ten a aprobación da maior parte da comunidade educativa, as familias, ás que nin siquiera se lles deu a oportunidade de manifestar o seu rexeitamento donde estamos representadas, no Consello Escolar de Galicia, por non ser convocado a tratar un tema de tal profundidade que afecta ao proceso formativo dos fillos e fillas de todos nos. Ligazón á descarga do comunicado

Convocatoria Asemblea Xeral: xoves 29 de abril de 2021

Remitimos a convocatoria de asemblea xeral extraordinaria e a orde do día, lembrando como sempre a relevancia de asistir para implicarse na ANPA. DÍA: Xoves 29 de abril do 2021 HORA: 19:00 en primeira convocatoria. 19:15 en segunda convocatoria A Asemblea será en formato telemático a través da ferramenta Google Meet. As admisións de solicitudes de conexión á videoconferencia serán entre as 18:50 e as 19:15. Ligazón á videoconferencia: https://meet.google.com/mek-knti-ano ORDE DO DÍA: 1.- Aprobación da nova directiva para o período 2021-2023

Vacinación de monitores dos Centros escolares

Despois das reclamacións de  FEDAPAS á Consellería de Educación e SERGAS sobre a vacinación dos nosos monitores de comedor  e actividades, a resposta é que non son esenciais nin están entre os colectivos de risco. Agradecemos difusión máxima deste agravio á escola pública e a esta nova irresponsabilidade das autoridades da Xunta de Galicia que, unha vez máis, ignoran ás Anpas da comunidade e os servizos ESENCIAIS que ofrecen a todas as familias. Máis información na páxina de  FEDAPAS. Grazas.

Convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022

O 30 de marzo de 2021 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as bases para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022. O prazo para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos. Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais e estarán tamén dispoñibles na sede electrónica municipal ( https://sede.coruna.gob.es ). A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal ( https://sede.coruna.gob.es ) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionai