Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

Primeira charla da ENP

Onte tivo lugar a primeira charla da ENP con éxito de participación e contido.  Máis de 80 nais e pais (o 100% dos inscritos/as) asistiron ao comezo da escola do Anpa Milnenos en colaboración co CEIP e a ONG Axuda en Acción. Durante hora e media María Soto expuxo de forma distendida ás familias presentes os principios da disciplina positiva e preparou o camiño para os obradoiros que terán lugar nas próximas semanas, como podedes comprobar no apartado do blogue dedicado á ENP Asímesmo máis de 30 nenos e nenas desfrutaron do servizos de "canguros" que o Anpa puxo a disposición das familias.

Volta ao Cole (CON GALERIA DE FOTOS PRENSA)

Hoxe venres os nosos nenos/as están de andaina solidaria. Ánimo a todos e grazas á Fundación Unaentrecienmil por organizalo. Información do CEIP Emilia Pardo Bazán sobre o evento na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/652 Conscientes da importancia da investigación, o Anpa Milnenos realizou unha contribución adicional á de cada participante, transferindo á entidade organizadora 1 euro por cada socio/a do Anpa NOTICIA LA VOZ DE GALICIA: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2017/10/20/vuelta-cole-dia/00031508519350552372206.htm# GALERIA DE FOTOS DE "OPINIÓN DE A CORUÑA": http://www.laopinioncoruna.es/multimedia/fotos/a-coruna-metro/2017-10-20-106119-tres-colegios-corua-corren-contra-leucemia.html

Cambio menú Jardanay venres 13 de outubro

Jardanay informa: Para o vindeiro venres 13 o menú viuse modificado afectando só á guarnición do segundo prato, polo que os nenos e nenas poderán gozar de: -          2º Prato: Bacallao á romana con ensalada de tomate

ACTUALIZADO LISTEN & SPEAK información CURSO 2017/2018

INFORMACIÓN LISTEN & SPEAK: LISTADO ADMITIDOS LISTEN & SPEAK: Na ligazón (pág 3 do pdf) podedes comprobar os admitidos do grupo de 3º e 4º de Primaria que COMEZA o xoves día 5 de outubro ás 16:00 horas (en principio na aula de xadrez do cole azul)   http://www.edu.coruna.es/es/portada/noticias_del_servicio_municipal_de_educacion/a_coruna_linguas_listen_and_speak_en_primaria Esta actividade coordínaa o concello (e hai que inscribirse na súa web) e o Anpa só reserva aulas para levala a cabo se alcanza o mínimo de alumnos/as: https://www.edu.coruna.es/coruna_educa_familias/listen_and_speak/ O vindeiro luns 11 empeza o curso e abriremos novamente o local. Nesta entrada publicaremos algunha información relevante: NORMAS DE ACCESO ÁS ACTIVIDADES: (PENDENTES DE ACTUALIZAR aínda que os espazos de realización das actividades e lugares de entrega e recollida de alumnos/as coincidirán case totalmente cos do ano pasado) ACTIVIDADE DE PISCINA (3º E 4º DE PRIMARIA) A inscri