Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2014

TALLERES DE ORIGAMI E CALIGRAFÍA XAPONESA - PALEXCO E QUIOSCO ALFONSO. MAIO 2014

Bolsas de pícnic para as excursións

Neste trimestre todas as clases farán as excursións de fin de curso. Cando hai excursións nas que @s nen@s teñen que levar a comida, para @s que acoden normalmente a comedor a empresa  Jardanay  prepara unhas bolsas de pícnic e lévaas ao colexio pola mañá. O pícnic consiste nun bocadillo, peza de froita, lácteo, auga e algo doce.

Contacontos solidario

Como sabedes, no cole recóllense tapóns para colaborar coa Fundación  Síndrome de West.  O  sábado 3 de maio ,  ás   17.30 , na cafetería  Ancar  en Emilio González 3, nos Rosales,  haberá un contacontos para dar a coñecer aos nen@s  a existencia das enfermidades raras e a importancia da investigación. Non hai que pagar entrada, ao finalizar quen queira pode comprar o conto, que custa 10 euros, sen ánimo de lucro.

XVII CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO 2014 "CANDILEJAS DON BOSCO"

Desde o 11  de  abril  ata  o  14  de  xuño.  ENTRADA   LIBRE  e  GRATUITA. Centro Calvo Sotelo. O día   27  de  maio ,  martes , ás  19:30 h., un grupo de 60 actores  e  actrices  de  diferentes  cursos  do colexio representarán a segunda  edición  da  obra  "O Crebanoces", que quedara pendente  do  curso  anterior. Máis información na revista dixital do colexio e na web  www.certamendeteatrocandilejasdonbosco.blogspot.com.es