Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

Robótica educativa para todas as idades

Sesión en streaming sobre robótica aducativa, principalmente para pais e familiares de rapazada inqueda que non teñan forma de canalizar esas ganas de aprender. Tamén vale para aquelas persoas que lles chame a atención ou precisen de coñecementos de base tecnolóxica. O programa e as inscricións na seguinte ligazón: https://cdtic.xunta.gal/arkitasrobotica

Reanúdanse as actividades supendidas

Informámosvos de que, despois de moito traballo loxístico, e falando con todos os implicados, renóvanse a semana que vén as actividades suspendidas, con algúns cambios. Aínda recibimos hoxe venres confirmación do Concello das restricións adicionais que nos impoñen polo uso do pavillón, de aí a demora en avisarvos. É moi importante que teñades en conta os cambios nas zonas de entrega e recollida que vos indicamos a continuación e que así o comuniquedes aos autorizados e a peques para que non se despisten. Con respecto ás cotas, descontarásevos a parte proporcional polo día perdido nas actividades afectadas o xoves e venres. Baloncesto Seguirase facendo no pavillón, en grupos illados estables de 4 alumnos e con máis monitores para poder cumprir os requisitos de deportes. O único horario afectado será o do venres, no que, debido a que hai 30 alumnos simultáneos, hai que reducir as prazas dispoñibles a 24. Recibiredes comunicación específica os afectados destes grupos. Fútbol Seguirase rea

Suspensión temporal de actividades no pavillón (fútbol, baloncesto e ximnasia rítmica) polas novas restricións

Sentimos comunicarvos que debido ás novas restricións non podemos celebrar as actividades desenvolvidas no pavillón, dado que o Concello non nolo permite.  As actividades afectadas son fútbol, baloncesto e ximnasia rítmica.   Esgrima desenvolverase ao aire libre no cuberto, polo que non se suspende.  Por iso, mañá xoves día 21 esas tres actividades xa non se desenvolverán ata novo aviso. Iremos informando aquí de todas as novidades.  O resto de actividades non se verán afectadas.