Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2022

BECAS COMEDOR JARDANAY/ANPA

Queremos informar que, coma en anos anteriores, convocamos 6 axudas de comedor ANPA Milnenos en colaboración con Jardanay para este curso escolar 2022-2023. Na seguinte ligazón podedes acceder á convocatoria: Bases convocatoria bolsa 2022/2023  

IX EDICIÓN CARREIRA ENKI

A Carreira máis divertida e solidaria de Galicia está de volta na que será a sua novena edición. Este ano regresa as ruas o noso circuito de obstáculos con máis ilusión que nunca e moitas gañas  de xogar e pasalo ben. Como anos  anteriores a Anpa propón un equipo para que participedes  connosco:  EMILIA  GALEGA A cita será o sábado 15 de outubro . A venda de dorsais salerá a venda o venres 16 de setembro. Toda a información en  la página de ENKI  Vos iremos informando. Animádevos a participar!

CAMPAÑA DE NATACIÓN ESCOLAR

  Dende a Concelleria de Deportes da Coruña comunican que o día 12 de setembro abrirá o prazo para as inscricións de natación escolar na piscina de Riazor para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Son 30 prazas e se asignan por orde de inscrición, polo que rogamos apuredes nas solicitudes.  Tedes que levar: -A folla de inscrición cuberta. Descarga aquí  Folla inscricion :  https://drive.google.com/file/d/13RfN4S40eCOkPuEEjNbFzTpI4PQ80toZ/view?usp=drivesdk   -Fotocopia do DNI da crianza ou no seu defecto, do libro de familia -Fotocopia dos DNI dos titores, nais ou pais.  A cota íntegra de 53,47€ pódese pagar alí mesmo tanto en efectivo coma con tarxeta, e para poder acudir ao palacio de deportes de Riazor hai que pedir cita previa solicitándoa a a través de internet ( Cita Previa (coruna.gal) . FOLLAS DE INSCRICIÓN   INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS  

CIRCULAR VOLTA AO COLE CURSO 2022/23

 Benvidas familias a un novo curso. Bos deixamos  a ligazón  con temas interesantes para o buen funcionamento do curso. Circular comenzo de curso

SOLICITUDE BANCO DE LIBROS DA ANPA

                                  Está aberto o prazo para solicitar libros ao BANCO DE LIBROS DA ANPA para o curso de 4º de primaria. Comeza o 1 de setembro e remata o 5 de setembro. Para o correcto rexistro das solicitudes precisamos que as solicitudes se envíen ao correo electrónico milnenos@gmail.com. 1-O asunto debe ser: SOLICITUDE DE BANCO DE LIBROS. 2-Hai que detallar os datos do alumno: Nome e apelidos e curso para o que se solicitan os libros (este curso só 4º de primaria) 3-Nome do titor responsable. No momento da entrega entregarase un documento onde figuran os libros que se prestan e o compromiso de devolvelos ao final do curso. 4-Listaxe de libros solicitados. As bases para establecer a distribución de libros serán: 1-Repartiranse entre o alumnado non beneficiario co fondo de libros solicitado á Xunta. 2-Terán prioridade as familias que donen. 3-O resto do reparto dependerá da orde de solicitude. 4-Se sobraran libros despois desta distribución inicial, poderán ser entrega