mércores, 28 de xaneiro de 2015

Festa de entroido 2015 - Venres, 13 de febreiro




Socios: 3 invitacións. Resto: 4€/entrada.


Reparto de invitacións e entradas no local da ANPA: do 2 ao 6 de febreiro, de luns a venres de 9 a 9:30; luns 2, tamén de 16 a 17 h. Traede o voso carné de socio.


O aforo é limitado, polo que vos pedimos que recollades só as entradas que ides utilizar, para que ningún nen@ quede sen festa!!

Lembrade que está PROHIBIDO o USO DE SPRAYS, PETARDOS E SIMILARES dentro de todo o recinto.


AXUDADE A MANTER LIMPO O PAVILLÓN DURANTE A FESTA. A directiva da anpa agradece a vosa colaboración para que o pavillón quede recollido e limpo ao rematar.


O día da festa non se poderá aparcar na explanada diante do pavillón, o espazo estará ocupado polos vehículos da organización da festa.

luns, 26 de xaneiro de 2015

Concurso de carteis do Entroido 2015

Xa temos gañadores do concurso de carteis do entroido 2015: 

 Primeiro premio: JOEL PRENAS RODRÍGUEZ, 1º A 




Segundo premio: SABELA COTROFE CRIADO, 5º C



Terceiro premio: MARCOS SUÁREZ BARREIRO, 6º A





Os premios entregaranse durante a festa do día 13 de febreiro.

Parabéns para @s premiad@s e moitísimas grazas a tod@s @s participantes!! O xurado tívoo moi difícil para decidir!!!

Queremos facer unha mención especial ás clases de 2º A (María Luisa) e 3º C (Estrella) pola cantidade e calidade dos traballos entregados.

A partir do 2 de febreiro poderedes ver no colexio todos os traballos d@s nos@s artistas. E no mes de marzo podedes pedir no local as obras de arte d@s vos@s fill@s.

Balonmán no colexio

Clases de balonmán 
Xoves de 17 a 18 horas no Pavillón. 13 € / mes.
A partir do mes de febreiro, poden inscribirse tamén nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria. 

Para inscribirvos podedes pasar polo local ou enviar un mail a milnenos@gmail.com.