Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Información da ANPA

Voluntariado para a confección de corazóns solidarios- AECC

Imaxe
  O cancro de mama é o tumor máis frecuente entre a poboación feminina . En España diagnostícanse cada ano 26000 novos casos, dos cales aproximadamente un 64% acaban sometidos a unha mastectomía.    O coxín de corazón é de suma importancia para aliviar o sufrimento de pacientes sometidas a cirurxía mamaria, especialmente naquelas pacientes que ademais se lles tivo que extirpar os ganglios linfáticos. O coxín ten forma de corazón, presenta unha fenda pronunciada para que se poida encaixar debaixo do brazo ao lado operado.     Beneficios do uso do coxín :   Impide que o brazo roce a ferida.   Sostén o brazo e os músculos do ombreiro .   Impide que o brazo se inflame por causa das glándulas linfáticas.   Permite durmir de noite , mesmo sobre o lado operado.   Diminúe a dor , en caso de tose e/ ou esbirro.   Por todos estes motivos desde a ANPA decidimos lanzar esta iniciativa solidaria.   O noso obxectivo ...

🪧 AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS 🪧

Imaxe
  Dende a ANPA informámosvos que nos próximos días recibiredes un correo coa información sobre a entrega dos chándales que tiñades reservados. Estade atentos ás vosas bandeixas de entrada para non perder ningún detalle! Moitas grazas pola vosa colaboración!

Comunicado de rexeitamento do adianto dos exames de setembro

CONFAPA-GALICIA mantivo este luns unha reunión con representantes da Consellería de Educación da que adxuntamos comunicado que recolle a nosa opinión , avalada por as familias que foron consultadas mediante enquisa cun resultado abraiante en contra do adianto dos exames de setembro ao mes de xuño para o alumnado da ESO e de 1º de bacharelato. Decisión que, a dicir da Consellería, ten a aprobación da xunta de directores e dunha parte dos sindicatos do ensino. Neste comunicado denunciamos unha medida que non ten a aprobación da maior parte da comunidade educativa, as familias, ás que nin siquiera se lles deu a oportunidade de manifestar o seu rexeitamento donde estamos representadas, no Consello Escolar de Galicia, por non ser convocado a tratar un tema de tal profundidade que afecta ao proceso formativo dos fillos e fillas de todos nos. Ligazón á descarga do comunicado

Convocatoria Asemblea Xeral: xoves 29 de abril de 2021

Remitimos a convocatoria de asemblea xeral extraordinaria e a orde do día, lembrando como sempre a relevancia de asistir para implicarse na ANPA. DÍA: Xoves 29 de abril do 2021 HORA: 19:00 en primeira convocatoria. 19:15 en segunda convocatoria A Asemblea será en formato telemático a través da ferramenta Google Meet. As admisións de solicitudes de conexión á videoconferencia serán entre as 18:50 e as 19:15. Ligazón á videoconferencia: https://meet.google.com/mek-knti-ano ORDE DO DÍA: 1.- Aprobación da nova directiva para o período 2021-2023

Vacinación de monitores dos Centros escolares

Despois das reclamacións de  FEDAPAS á Consellería de Educación e SERGAS sobre a vacinación dos nosos monitores de comedor  e actividades, a resposta é que non son esenciais nin están entre os colectivos de risco. Agradecemos difusión máxima deste agravio á escola pública e a esta nova irresponsabilidade das autoridades da Xunta de Galicia que, unha vez máis, ignoran ás Anpas da comunidade e os servizos ESENCIAIS que ofrecen a todas as familias. Máis información na páxina de  FEDAPAS. Grazas.

Convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022

O 30 de marzo de 2021 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as bases para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022. O prazo para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos. Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais e estarán tamén dispoñibles na sede electrónica municipal ( https://sede.coruna.gob.es ). A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal ( https://sede.coruna.gob.es ) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionai...

Eleccións 2021. Lista definitiva de candidatos

Informarvos que a lista definitiva confirmase sen cambios Ana M. Martínez Blanco Beatriz Taboada Pernas Bibiana Canosa Do Río Estefanía Fernández Piñeiro Eva Louzán Caamaño José Luis Rodríguez Iglesias Lida  Monroy Pérez María Brión García María Casas Mariña Melania  Gelato Fandiño Nuria García Tajes Pilar Pérez Sangiao Sonia  Seija Ramos

Día Internacional da Muller

Imaxe
Aproveitamos que hoxe é o Día Internacional da Muller para ensinarvos unha análise que fixemos do papel das mulleres na educación na contorna da ANPA. Esperamos que vos guste. Grazas a todas! O papel da muller na educación na ANPA Milnen@s (PDF)

Eleccións 2021. Lista provisional de candidatos

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a renovación da xunta directiva do ANPA, recibimos 13 solicitudes integradas todas na mesma candidatura. Por este motivo, garántese a continuidade do ANPA e non será necesario realizar votación. A lista provisional é a seguinte: Ana M. Martínez Blanco Beatriz Taboada Pernas Bibiana Canosa Do Río Estefanía Fernández Piñeiro Eva Louzán Caamaño José Luis Rodríguez Iglesias Lida  Monroy Pérez María Brión García María Casas Mariña Melania  Gelato Fandiño Nuria García Tajes Pilar Pérez Sangiao Sonia  Seija Ramos As datas para o cambio de directiva serán as seguintes: 8 e 9 de marzo: prazo para presentar reclamacións. 10  marzo: publicación da lista definitiva 29 de abril: Asemblea Xeral para a toma de posesión dos cargos a nova directiva En nome da actual directiva, grazas por darnos a substitución e permitirnos descansar. Grazas tamén a todos os que vos ofrecestes a axudar sen formar parte da directiva. Sen ...

Portas abertas 2022

Imaxe
 ¡Coñécenos! Presentación PDF Presentación Powerpoint Más información AMPA Información do CEIP Emilia Pardo Bazán

Ampliación do prazo de presentación de candidaturas

Primeiro grazas a todos os que vos ofrecestes a axudar na nova directiva. Xa hai candidatos suficientes para garantir a continuidade do ANPA dous anos máis ! Por acordo da xunta directiva reunida o 23/02/2021, infórmase que o prazo de presentación de candidaturas amplíase ata o 5 de marzo. Aínda que non é un procedemento habitual, dadas as actuais circunstancias derivadas da alerta sanitaria, decídese por unanimidade ampliar o prazo se con iso conséguese evitar o trámite das votacións presenciais, dado que unha candidatura única permite a súa declaración directa a través dunha asemblea extraordinaria. O prazo ampliarase ata o 5 de marzo, quedando o resto de datas da seguinte forma: Do 8 de febreiro ao 5 de marzo : prazo de presentación de candidaturas. 6 de marzo: publicación da lista provisional 8 e 9 de marzo: prazo para presentar reclamacións. 10 de marzo: publicación da lista definitiva. Do 10 de marzo ao 2 de abril: campaña electoral (evítase se hai unha única candidatura integr...

Eleccións á nova directiva

Socios/as!!! Acábase o prazo para a presentación de candidaturas. Toda a información tédela nos correos enviados estes últimos meses. Circular calendario electoral 2021 (en PDF)

Cambios na Asemblea do xoves

DÍA: Xoves 29 de outubro do 2020 HORA: 19:00 en primeira convocatoria. 19:15 en segunda convocatoria A Asemblea será en formato exclusivamente telemático . ASISTENCIA TELEMÁTICA: A través da ferramenta Google Meet. As admisións de solicitudes de conexión á videoconferencia serán entre as 18:50 e as 19:15. Ligazón á videoconferencia: https://meet.google.com/nsg-etsm-ard ORDE DO DÍA: 1.- Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas, proxectos e adaptación ao  COVID 2.- Comedor, madrugadores, campamentos e actividades extraescolares. 3.- Información sobre subvencións solicitadas e recibidas. 4.- Estado das contas do ANPA. 5.- Aprobación da convocatoria de eleccións para a renovación da directiva da ANPA Milnenos . 6.- Rogos e preguntas

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 29/10/2020

DÍA: Xoves 29 de outubro do 2020 HORA: 19:00 en primeira convocatoria. 19:15 en segunda convocatoria A Asemblea será en formato mixto presencial e telemático. ASISTENCIA PRESENCIAL: No Salón de Usos Múltiples do CEIP Emilia Pardo Bazán. Necesaria solicitude previa por correo a milnenos@gmail.com por motivo de aforos. ASISTENCIA TELEMÁTICA: A través da ferramenta Google Meet. As admisións de solicitudes de conexión á videoconferencia serán entre as 18:50 e as 19:15. Ligazón á videoconferencia: https://meet.google.com/nsg-etsm-ard ORDE DO DÍA: 1.- Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas, proxectos e adaptación ao  COVID 2.- Comedor, madrugadores, campamentos e actividades extraescolares. 3.- Información sobre subvencións solicitadas e recibidas. 4.- Estado das contas do ANPA. 5.- Aprobación da convocatoria de eleccións para a renovación da directiva da ANPA Milnenos . 6.- Rogos e preguntas

Accións e reclamacións á Consellería de Educación

Imaxe
Informamos que a folga prevista para o día 16 trasládase ao día 23 coincidindo co comenzo do curso na ESO. Para o mércores 16 de setembro ás 19 horas, hai convocadas mobilizacións en diferentes puntos de todas as provincias a prol dunha volta segura ás aulas. Sobra dicir que é moi importante ter en conta: Respectar ás medidas de seguridade: distancia social de seguridade, máscaras. As familias dos Concellos que teñen limitadas as reunións a 10 persoas, poden acudir ás mobilizacións; único requisito, concentracións en grupos de 10 persoas (pode haber 1000 persoas, agrupadas en 100 grupos de 10, por exemplo). Queremos facervos partícipes, ademais, da iniciativa promovida por distintas ANPA de Secundaria da Coruña e área metropolitana que teñen serios problemas de espazo nas aulas e están a verse abocadas a rateos esaxeradas, desdobres en quendas de mañá e tarde e mamparas para separar ao alumnado. Situación por suposto que tamén están a vivir moitas outras ANPA e familias da provincia. T...

Información sobre o acceso ao local do ANPA

Debido ás medidas levadas a cabo polo CEIP en canto á presenza de pais e nais no centro, vese afectado o funcionamento da atención presencial no local da ANPA. Atenderase no devandito local ás familias os mércores de 17 h a 18 h e os xoves de 9:30 h a 10:30 h CON CITA PREVIA e acceso a través do portalón do aulario de E. Infantil. Para pedir cita, basta con enviar un e-mail polo menos 24 horas antes a milnenos@gmail.com indicando o día de preferencia. O aforo dentro do local é de dúas persoas: un membro da directiva e un proxenitor.

Información actualizada sobre comedor e madrugadores

Actualizamos no apartado correspondente do blogue a información sobre madrugadores e comedor neste curso 2020/21. Lembrámosvos que as inscricións para setembro están pechadas. En breve poñeremos neste blogue a información sobre as ampliacións de prazas para outubro, en función dos cambios nos protocolos das consellerías e as imposicións derivadas destas.

Comunicado de atraso do inicio das actividades extraescolares

En reunión da directiva do día 29/08/2020, decidimos por unanimidade atrasar o inicio das actividades extraescolares a outubro . Os servizos de comedor e de madrugadores, se non hai novidades, comezarán o primeiro día de clase. Toda a información sobre esta complicada decisión tédela no informe adxunto. Comunicado de atraso do inicio das actividades extraescolares Dado que as inscricións non terán efectos económicos en setembro, agradeceriámosvos realizar as inscricións nas actividades extraescolares para outubro canto antes . Moitas actividades ofertadas aínda non conseguiron mínimos, polo que necesitamos pechar os grupos antes do 15 de setembro para formalizar cos provedores o seu inicio e poder confirmarvos as inscricións. Como sempre, iremos mantendo informados no blogue. Pedímosvos que leades o apartado COVID, onde atoparedes a información detallada de todo. Apertas e moito ánimo!

Recordatorio de inscrición na DECLARACIÓN RESPONSABLE

Tal e como vos indicamos en numerosos correos e no blogue, para poder participar nas actividades é obrigatorio inscribirse canto antes na actividade "DECLARACIÓN RESPONSABLE", despois de ler dita declaración e os protocolos publicados no blogue no apartado COVID ( https://milnenosgalego.blogspot.com/p/covid.html )  En caso de non dispoñer da inscrición antes do 1 de setembro , data na que empezaremos a confirmar as inscricións, verémonos obrigados a poñer en lista de espera aos que non a aceptaron (poderíase perder a praza en caso de haber lista de espera). Se o 5 de setembro non dispoñemos da aceptación procederemos a cancelar todas as actividades en curso da familia afectada , xa que entenderemos que non aceptan as normas e responsabilidades establecidas.

Primeira versión do protocolo COVID da ANPA Milnenos

Grazas á axuda das 26 familias voluntarias, ademais do traballo da directiva, hoxe publicamos a primeira versión do borrador do Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/2021 da ANPA  Milnenos . Este protocolo irase actualizando periodicamente con nova información ou cos cambios que sexan necesarios para adaptarse a calquera nova normativa autonómica que chegará (esperamos) en breve. Ademais está dispoñible a Declaración responsable , que todos os socios/as deben ler e coñecer, para tentar entre todos minimizar os riscos neste curso tan complicado. Lembrámosvos que é obrigatorio inscribirse á actividade "DECLARACIÓN RESPONSABLE" a través da aplicación da ANPA como requisito para participar en comedor e actividades extraescolares. Por favor, dedicádelle uns minutos para ler o plan, é imprescindible para o bo desenvolvemento das actividades. Toda a información no apartado do blogue adicado ao COVID https://milnenosgalego.blogspot.com/p/covid.html