Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

Festa de entroido do ANPA Milnenos

Documento PDF coas normas  da festa RECORDAMOS QUE SO PODE VIR A FAMILIA (ALUMNOS SOCIOS E TUTORES) QUE FIXERA A INSCRICIÓN, POR MOTIVOS DE PLAZAS LIMITADAS E LISTAS DE ESPERA NON PODERÁN VIR AMIGOS/PRIMOS/ETC. Dentro do noso compromiso co consumo responsable e sobre todo a transmisión deste tipo de valores aos pequenos, este ano imos tentar minimizar o número de vasos de plástico consumidos durante a festa, que o ano pasado foi moi grande. Para iso pedímosvos o seguinte: - Que cada familia tráiase de casa os vasos de plástico que vai consumir e reutilíceos durante a festa - Que os vasos sexan de materiais non deshechables NORMAS DA FESTA Do cumprimento das normas dependerá que nos volvan a conceder o pavillón o ano que vén, así que vos agradecemos a todos a vosa colaboración coas mesmas. A entrada na festa supón a total aceptación das normas indicadas a continuación. 1.- Está PROHIBIDO ACCEDER Á PISTA CON CALZADO QUE NON SEXA DEPORTIVO E/Ou POIDA DANAR A PISTA, como

O Entroido presente no comedor

Como cada ano, esta semana Jardanay mandará orellas caseiras para celebrar o Entroido cos nenos e nenas do comedor. As orellas, preparadas con moito agarimo polo equipo de cociñeiros e cociñeiras da cociña central, mandaranse entre o xoves 20 e o venres 21 de febreiro e complementarán á sobremesa prevista no menú. Tamén prepararán un biscoito caseiro en diferentes versións para os nenos con alerxias e intolerancias alimentarias que non poidan tomar as orellas.

ENP: Xogos de mesa en familia o sábado 29 de febreiro

Datos das sesións 29/02/2020 11:00-13:00 na aula de cociña do CC Los Rosales Inscrición: só para socios/as. A través da  aplicación do ANPA .  Poñentes Ana Rodríguez Crecer Creando Contidos Xogos de mesa en familia para practicar retos de lóxica, pensamento abstracto, cálculo mental e xeometría, á vez que nos divertimos. As matemáticas non son unha materia, son a forma de comprender o mundo. Aprenderemos a ensinar Matemáticas da forma na que mellor se entende e aprende, xogando, coa marca coruñesa de xogos matemáticos Crecer Creando. O taller será impartido pola creadora dos xogos. Para que cada día aprender sexa o xogo máis divertido.

Cambio de menú venres 21 de febreiro

Ese venres, tal e como tedes indicado no menú, a comida consistía en lentellas con chourizo e guiso de  choupa con pataca cocida. Debido a que as lentellas se envían en bidóns e usaremos eses bidóns para o chocolate quente, imos cambiar o primeiro prato por arroz con  verduritas. O segundo prato mantense sen cambios. É dicir, o venres 21 de febreiro o menú será: 1º Prato: Arroz con  verduritas (en lugar de lentellas con chourizo) 2º Prato: Guiso de  choupa con pataca cocida  (sen cambios)

Gañadores do concurso de carteis Entroido 2020

¡Moitas gracias a todos/as os participantes! Os premios entregaranse o venres na festa. Constan de mochila, material escolar, libro ou contos por valor de 100 euros cada premio. Os traballos premiados son:

Xornada de portas abertas no CEIP Emilia Pardo Bazán o 2 de marzo

  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/1122

Invitación ás xornadas de portas abertas - IES Plurilingüe Rafael Dieste

O equipo directivo do IES Plurilingüe Rafael Dieste comprácese en convidar ás familias ás que represeentan, como nais, pais ou titores/as dun alumno/a de 6º de primaria dun centro próximo ao noso instituto, ás xor nadas de portas abertas que se celebrarán os días martes 4 e mércores 12 de febreiro, ás 19 horas no salón de actos, coa finalidade de informalo sobre as características do noso centro e todos aqueles servizos que podemos ofrecer para a educación dos seus fillos/llas durante a Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato. Cartel portas abiertas