Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2014

CONCURSOS MUNICIPAIS NADAL ESCOLAR

De cara ao Nadal o Concello organiza varias actividades para escolares: - Concurso de postais de Nadal - Concurso de árbores e belén "Un nadal ecolóxico" - Representación de alumnos do Conservatorio profesional de Danza da Deputación: "Un bosque encantado". INFORMACIÓN

MAGOSTO 2014

O día 19 de novembro  celebramos o  Magosto  no colexio. Queremos dar as grazas de parte da Anpa e do colexio pola vosa axuda para que todo saia ben: a froitaría El Huerto fíxonos un prezo especial para as castañas que comprou a A npa  (para os nenos de infantil) e  Jardanay  encargouse de asalas. Para as que levaron @s nen@s de Primaria, que se asaron no  cole ,  Ángel  prestounos as grellas e a Asociación de Empresarios dos Rosales encargouse do transporte das grellas e de comprar o carbón. E finalmente tamén houbo pais e nais que axudaron no asado e no reparto das castañas.  O equipo de Actividades extraescolares e complementarias organizou unha xornada lúdica. Moitas grazas a tod@s ! Se queredes ver unha pequena mostra da celebración podedes ver o seguinte  documento  e algunhas imaxes da celebración na  Galería de Imaxes  da web do cole.

RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Lembrámosvos que o prazo para presentar candidaturas para o SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS no Consello Escolar remata o día 14 de novembro ás 14.00 horas. Son elixibles os pais, nais ou titores legais que presenten a súa candidatura segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. Neste enlace tedes toda a información e os modelos de candidatura. Animádevos a participar! O Consello Escolar é o instrumento de participación na vida escolar de toda a comunidade educativa.