Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

Portas abertas 2022

 ¡Coñécenos! Presentación PDF Presentación Powerpoint Más información AMPA Información do CEIP Emilia Pardo Bazán

Ampliación do prazo de presentación de candidaturas

Primeiro grazas a todos os que vos ofrecestes a axudar na nova directiva. Xa hai candidatos suficientes para garantir a continuidade do ANPA dous anos máis ! Por acordo da xunta directiva reunida o 23/02/2021, infórmase que o prazo de presentación de candidaturas amplíase ata o 5 de marzo. Aínda que non é un procedemento habitual, dadas as actuais circunstancias derivadas da alerta sanitaria, decídese por unanimidade ampliar o prazo se con iso conséguese evitar o trámite das votacións presenciais, dado que unha candidatura única permite a súa declaración directa a través dunha asemblea extraordinaria. O prazo ampliarase ata o 5 de marzo, quedando o resto de datas da seguinte forma: Do 8 de febreiro ao 5 de marzo : prazo de presentación de candidaturas. 6 de marzo: publicación da lista provisional 8 e 9 de marzo: prazo para presentar reclamacións. 10 de marzo: publicación da lista definitiva. Do 10 de marzo ao 2 de abril: campaña electoral (evítase se hai unha única candidatura integr

Eleccións á nova directiva

Socios/as!!! Acábase o prazo para a presentación de candidaturas. Toda a información tédela nos correos enviados estes últimos meses. Circular calendario electoral 2021 (en PDF)

Apertura de edicións do Curso Básico de Igualdade e Prevención das Violencias Machistas

Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña informámosche da apertura de novas edicións do curso básico “Igualdade e prevención das violencias machistas” do Pacto Social.   Este curso, dirixido ás persoas a título individual e ás empresas e entidades adheridas ao Pacto Social, procura sensibilizar sobre a importancia do papel activo que cada persoa pode desenvolver para a erradicación das violencias machistas na súa contorna. O curso básico ten unha duración de 4 horas, é gratuíto e de modalidade online. Ao finalizar o curso entregarase un diploma.   Na actualidade, as datas dispoñibles son as seguintes:   Curso básico en modalidade online 5º edición: do 8 ao 28 de febreiro 6º edición:  do 22 de febreiro ao 14 de marzo Para solicitar a túa inscrición debes cubrir o formulario que atoparás na seguinte ligazón: FORMULARIO DE PRE-INSCRICIÓN